{"id":14239,"date":"2024-04-22T11:41:28","date_gmt":"2024-04-22T11:41:28","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/a-deputacion-de-lugo-recibe-en-navia-de-suarna-a-certificacion-de-destino-turistico-starlight-para-os-ancares-lucenses\/"},"modified":"2024-10-09T12:18:09","modified_gmt":"2024-10-09T12:18:09","slug":"a-deputacion-de-lugo-recibe-en-navia-de-suarna-a-certificacion-de-destino-turistico-starlight-para-os-ancares-lucenses","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/a-deputacion-de-lugo-recibe-en-navia-de-suarna-a-certificacion-de-destino-turistico-starlight-para-os-ancares-lucenses\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n de Lugo recibe en Navia de Suarna a certificaci\u00f3n de Destino Tur\u00edstico Starlight para Os Ancares Lucenses"},"content":{"rendered":"<p>O Deputado de Medio Ambiente recolleu da man da directora xerente da Fundaci\u00f3n Starlight, pertencente ao Instituto Astrof\u00edsico de Canarias, o distintivo para protexer o ceo nocturno e desenvolver as potencialidades do turismo de estrelas, que tam\u00e9n se entregou aos tres concellos que conforman a Reserva da Biosfera<\/p>\n<p>Carlos L\u00f3pez subli\u00f1ou que o reco\u00f1ecemento \u00e9 froito dun proxecto financiado con fondos europeos que conseguiu a instituci\u00f3n provincial para preservar e po\u00f1er en valor as d\u00faas reservas que xestiona: Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerre\u00e1<\/p>\n<p>\u201cDamos un novo paso de cara a consolidar o modelo de turismo polo que apostamos para xerar riqueza. Un turismo de calidade, sostible, de experiencias, que coida o patrimonio e que deixa valor no territorio, algo fundamental para apoiar e para fixar poboaci\u00f3n no rural\u201d<\/p>\n<p>A xornada inclu\u00edu a celebraci\u00f3n da primeira mesa de traballo co fin de definir as actuaci\u00f3ns necesarias, como adecuar as fontes de luz ou impulsar servizos e recursos especializados, para comezar a desenvolver o destino tur\u00edstico.<br \/>\nO Deputado de Medio Ambiente, Carlos L\u00f3pez, recibiu este luns na Casa do Concello de Navia de Suarna da man da directora xerente da Fundaci\u00f3n Starlight, Antonia Varela P\u00e9rez, -unha entidade pertencente ao Instituto Astrof\u00edsico de Canarias- a certificaci\u00f3n de Destino Tur\u00edstico Starlight para a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerre\u00e1. Un distintivo que servir\u00e1 para protexer mediante diferentes actuaci\u00f3ns o ceo nocturno e desenvolver as potencialidades do turismo das estrelas, e que tam\u00e9n recolleron no acto celebrado hoxe os tres concellos que integran este territorio protexido pola UNESCO e xestionado pola instituci\u00f3n provincial.<\/p>\n<p>A xornada inclu\u00edu as\u00ed mesmo a celebraci\u00f3n da primeira mesa de traballo en relaci\u00f3n con esta certificaci\u00f3n, na que participaron representantes dos concellos, pero tam\u00e9n colectivos sociais e entidades que forman parte do \u00f3rgano participativo da Reserva, co fin de abordar as actuaci\u00f3ns necesarias, como adecuar as fontes de luz ou impulsar servizos e recursos especializados, para comezar a desenvolver o destino tur\u00edstico.<\/p>\n<p>O Deputado de Medio Ambiente subli\u00f1ou que o reco\u00f1ecemento \u00e9 froito dun proxecto financiado con fondos europeos que conseguiu a instituci\u00f3n provincial para preservar e po\u00f1er en valor as d\u00faas reservas que xestiona: Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses. A Deputaci\u00f3n logrou un mill\u00f3n de euros que, explicou Carlos L\u00f3pez, destinou \u201ca moi diversas actuaci\u00f3ns, faladas e acordadas cos \u00f3rganos de participaci\u00f3n e de xesti\u00f3n das reservas, para po\u00f1er en valor estes territorios e para impulsar o seu desenvolvemento social e econ\u00f3mico dun xeito sostible, entre elas, o proxecto para conseguir a certificaci\u00f3n Starlight\u201d.<\/p>\n<p>\u201cEstamos convencidos de que este distintivo nos axudar\u00e1 a consolidar o modelo de turismo polo que apostamos nas Reservas da Biosfera e en toda a provincia para xerar riqueza. Un turismo de calidade, sostible, de experiencias, que coida o patrimonio e que deixa valor no territorio, algo fundamental para apoiar e para fixar poboaci\u00f3n no rural, que \u00e9 un obxectivo co que estamos plenamente comprometidos na Deputaci\u00f3n\u201d, asegurou o Deputado.<\/p>\n<p>A Fundaci\u00f3n Starlight, que pertence ao Instituto Astrof\u00edsico de Canarias, acons\u00e9llalle aos Ancares Lucenses despregar todo o seu potencial astrotur\u00edstico como a captaci\u00f3n de novas empresas no territorio que ofrezan servizos de restauraci\u00f3n; o desenvolvemento de produtos tur\u00edsticos como observaci\u00f3ns astron\u00f3micas ou novas propostas desde e para a zona; e tam\u00e9n, ser quen de ampliar a oferta de aloxamentos singulares establecendo un v\u00ednculo co territorio, deixando claro no seu informe que os xa existentes te\u00f1en \u00e9xito.<\/p>\n<p>Tramitar este distintivo foi unha das acci\u00f3ns impulsadas pola Deputaci\u00f3n grazas ao investimento de 1M\u20ac de fondos europeos que conseguiu para as reservas da biosfera que xestiona. En concreto, este espazo protexido da Monta\u00f1a percibiu preto de 430.000\u20ac para desenvolver diferentes actuaci\u00f3ns. Entre elas, conseguir a certificaci\u00f3n Starlight supuxo un investimento que superou os 15.000\u20ac.<\/p>\n<p>Espa\u00f1a conta na actualidade con m\u00e1is de 60 Destinos Tur\u00edsticos Starlight deste tipo, 8 deles situados en Galicia. O dos Ancares \u00e9 o segundo da provincia de Lugo, dado que o concello de Muras \u00e9 destino Starlight desde finais do 2020. Outros dos lugares certificados para o turismo de estrelas en Galicia son Trevinca, o Parque Nacional Illas Atl\u00e1nticas, a Costa da Morte, Lal\u00edn e as Mari\u00f1as Coru\u00f1esas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Deputado de Medio Ambiente recolleu da man da directora xerente da Fundaci\u00f3n Starlight, pertencente ao Instituto Astrof\u00edsico de Canarias, o distintivo para protexer o ceo nocturno e desenvolver as potencialidades do turismo de estrelas, que tam\u00e9n se entregou aos tres concellos que conforman a Reserva da Biosfera Carlos L\u00f3pez subli\u00f1ou que o reco\u00f1ecemento \u00e9 &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":14236,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[79],"tags":[],"class_list":["post-14239","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14239","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14239"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14239\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14241,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14239\/revisions\/14241"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14236"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14239"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14239"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14239"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}