{"id":14459,"date":"2025-02-20T13:14:50","date_gmt":"2025-02-20T13:14:50","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/a-deputacion-reforzara-o-tecido-asociativo-da-reserva-da-biosfera-dos-ancares-con-120-000e\/"},"modified":"2025-03-10T13:16:14","modified_gmt":"2025-03-10T13:16:14","slug":"a-deputacion-reforzara-o-tecido-asociativo-da-reserva-da-biosfera-dos-ancares-con-120-000e","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/a-deputacion-reforzara-o-tecido-asociativo-da-reserva-da-biosfera-dos-ancares-con-120-000e\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n reforzar\u00e1 o tecido asociativo da Reserva da Biosfera dos Ancares con 120.000\u20ac"},"content":{"rendered":"<div class=\"field field--name-field-mg-summary field--type-string-long field--label-hidden field__item\">\n<p>A Deputada de R\u00e9xime Interior, Promoci\u00f3n do Territorio e Turismo presidiu este xoves os \u00f3rganos reitor e participativo e sinalou que este incremento, dun 140%, \u201cresponde ao compromiso da instituci\u00f3n con estes territorios, co rural e co medio ambiente\u201d<\/p>\n<p>Nas sesi\u00f3ns celebradas en San Rom\u00e1n de Cervantes aprobouse a proposta das actuaci\u00f3ns estrat\u00e9xicas para o 2025, que se enmarcan no Plan de Xesti\u00f3n 2024-2034 centrado na conservaci\u00f3n, o desenvolvemento sostible e o apoio lox\u00edstico<\/p>\n<p>Luz verde tam\u00e9n\u00e1 inclusi\u00f3n da Asociaci\u00f3n Territorio Verde, ACuDeDumia Cervantes, a Agrupaci\u00f3n de Voluntarios de Protecci\u00f3n Civil de Cervantes e a Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os de O Fabal no \u00d3rgano de Participaci\u00f3n, que medra ata os 30 colectivos<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"field field--name-field-mg-paragraph field--type-entity-reference-revisions field--label-hidden field__items\">\n<div class=\"field__item\">\n<div class=\"paragraph paragraph--type--mg-parag-text-html paragraph--view-mode--default\">\n<div class=\"clearfix text-formatted field field--name-field-mg-body field--type-text-long field--label-hidden field__item\">\n<p class=\"text-align-justify\">A Deputada de R\u00e9xime Interior, Promoci\u00f3n do Territorio e Turismo, Pilar Garc\u00eda Porto, presidiu este m\u00e9rcores no Edificio de Usos M\u00faltiples de San Rom\u00e1n de Cervantes os \u00f3rganos reitor e participativo da Reserva da Biosfera Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerre\u00e1, no que tam\u00e9n participaron o Deputado de Medio Ambiente, Carlos L\u00f3pez, e o Deputado de Promoci\u00f3n Econ\u00f3mica e Social, PabloRivera Cap\u00f3n. Un encontro no que Garc\u00eda Porto anunciou que a Deputaci\u00f3n reforzar\u00e1 este 2025 o tecido asociativo que traballa no territorio con 120.000\u20ac.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Sinalou que se trata dun incremento do 140% respecto do ano anterior e que, tal e como anunciara o Presidente en Cervantes hai apenas un par de meses, \u201cresponde ao compromiso da instituci\u00f3n con estes territorios, co rural e co medio ambiente\u201d. Nese sentido, destacou que \u201cgrazas ao seu esforzo, estes colectivos contrib\u00faen a que a Reserva da Biosfera dos Ancares se consoliden como un espazo de referencia en termos de protecci\u00f3n ambiental e como modelo de desenvolvemento equilibrado e inclusivo\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Especificou que este ano haber\u00e1 d\u00faas li\u00f1as de axuda: unha destinada ao financiamento de actividades, que se incrementar\u00e1 dos 50.000\u20ac aos 70.000\u20ac; e outra nova para financiar investimentos, que estar\u00e1 dotada con outros 50.000\u20ac.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Os \u00f3rganos reitor e participativos aprobaron ademais a proposta das actuaci\u00f3ns estrat\u00e9xicas para este ano, que se enmarcan no Plan de Xesti\u00f3n aprobado o ano pasado para o per\u00edodo 2024-2034 e que est\u00e1 centrado na conservaci\u00f3n, o desenvolvemento sostible e o apoio lox\u00edstico da Reserva. Tam\u00e9n sa\u00edu adiante a programaci\u00f3n de actividades para esta anualidade, que incl\u00faen un total de 60 acci\u00f3ns entre as que se incl\u00faen asde educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n ambiental, programas de reforestaci\u00f3n, actuaci\u00f3ns de posta en marcha do destino Stalight, a colaboraci\u00f3n co proxecto do Corredor de Ecoturismo da Espa\u00f1a Verde, ou actividades medioambientais na rede de Centros de Atenci\u00f3n a Maiores da Deputaci\u00f3n de Lugo.<\/p>\n<p class=\"text-align-center i4t-title-institucion\"><strong>Corredor de Ecoturismo da Espa\u00f1a Verde<\/strong><\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Garc\u00eda Porto avanzou que no que ten que ver co proxecto do Corredor de Ecoturismo da Espa\u00f1a Verde, \u201co obxectivo \u00e9 a creaci\u00f3n e promoci\u00f3n tur\u00edstica de experiencias que te\u00f1en que ver co medio ambiente e a natureza organizadas por unha rede de pequenas empresas tur\u00edsticas locais\u201d. E nese sentido, a Deputada sinalou que para esta iniciativa se seleccionaron d\u00faas experiencias: A ruta do Castrexo e A fauna de Ancares, un taller cultural e unha ruta guiada.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Este proxecto, impulsado polos territorios de Asturias, Cantabria, Euskadi e Galicia que o integran, conta cunha financiaci\u00f3n de case 1M\u20ac do programa Experiencias Turismo Espa\u00f1a, do Ministerio, inclu\u00eddo nos Fondos NextGeneration da Uni\u00f3n Europea.<\/p>\n<p class=\"text-align-center i4t-title-institucion\"><strong>Catro novas asociaci\u00f3ns<\/strong><\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">Durante a reuni\u00f3n a Deputada anunciou a incorporaci\u00f3n de catro novos membros no \u00f3rgano participativo da Reserva logo de que as solicitudes de ingreso foran aprobadas polo \u00f3rgano reitor. Desta maneira, incorp\u00f3ranse a Asociaci\u00f3n Territorio Verde, ACuDeDumia Cervantes, a Agrupaci\u00f3n de Voluntarios de Protecci\u00f3n Civil de Cervantes e a Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os de O Fabal. No caso da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia e Becerre\u00e1, o \u00f3rgano participativo conta xa con 33 entidades entre as que se incl\u00faen estas novas incorporaci\u00f3ns que se fixeron efectivas este m\u00e9rcores.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Deputada de R\u00e9xime Interior, Promoci\u00f3n do Territorio e Turismo presidiu este xoves os \u00f3rganos reitor e participativo e sinalou que este incremento, dun 140%, \u201cresponde ao compromiso da instituci\u00f3n con estes territorios, co rural e co medio ambiente\u201d Nas sesi\u00f3ns celebradas en San Rom\u00e1n de Cervantes aprobouse a proposta das actuaci\u00f3ns estrat\u00e9xicas para o &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":14456,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[79],"tags":[],"class_list":["post-14459","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14459","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14459"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14459\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14461,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14459\/revisions\/14461"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14456"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14459"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14459"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14459"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}