{"id":14557,"date":"2025-03-30T07:24:46","date_gmt":"2025-03-30T07:24:46","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/o-presidente-e-o-alcalde-de-cervantes-abren-ao-publico-o-castelo-de-doiras-embaixador-da-inmensa-riqueza-dos-ancares\/"},"modified":"2025-03-30T07:24:46","modified_gmt":"2025-03-30T07:24:46","slug":"o-presidente-e-o-alcalde-de-cervantes-abren-ao-publico-o-castelo-de-doiras-embaixador-da-inmensa-riqueza-dos-ancares","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/o-presidente-e-o-alcalde-de-cervantes-abren-ao-publico-o-castelo-de-doiras-embaixador-da-inmensa-riqueza-dos-ancares\/","title":{"rendered":"O Presidente e o Alcalde de Cervantes abren ao p\u00fablico o Castelo de Doiras, \u201cembaixador da inmensa riqueza dos Ancares\u201d"},"content":{"rendered":"<div class=\"field field--name-field-mg-summary field--type-string-long field--label-hidden field__item\">Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca e Benigno G\u00f3mez Tad\u00edn inauguraron este domingo a fortaleza situada na parroquia cervantega de Vilarello, declarada Ben de Interese Cultural, e que a Deputaci\u00f3n axudou a adquirir cunha achega de 900.000\u20ac ao Concello da Monta\u00f1a<\/p>\n<p>\u201cCon esta aposta non s\u00f3 rescatamos unha xoia arquitect\u00f3nica do s\u00e9culo XV, sen\u00f3n que reforzamos a identidade cultural da comarca e xeramos novas oportunidades para o desenvolvemento sostible da zona\u201d, destacou o mandatario provincial<\/p>\n<p>Ao acto, que tivo lugar no patio interior da construci\u00f3n defensiva e contou coas actuaci\u00f3ns do m\u00fasico Abraham Cupeiro e o monologuista Oswaldo Dig\u00f3n, asistiu unha gran representaci\u00f3n de autoridades locais da comarca e de toda a provincia<\/p><\/div>\n<div class=\"field field--name-field-mg-paragraph field--type-entity-reference-revisions field--label-hidden field__items\">\n<div class=\"field__item\">\n<div class=\"paragraph paragraph--type--mg-parag-text-html paragraph--view-mode--default\">\n<div class=\"clearfix text-formatted field field--name-field-mg-body field--type-text-long field--label-hidden field__item\">\n<p class=\"text-align-justify\">O Presidente da Deputaci\u00f3n de Lugo, Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca, e o Alcalde de Cervantes, Benigno G\u00f3mez Tad\u00edn, abriron este domingo ao p\u00fablico o Castelo de Doiras nun acto moi concorrido que tivo lugar no patio interior da construci\u00f3n defensiva. A fortaleza, que est\u00e1 situada na parroquia cervantega de Vilarello e foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1994, foi adquirida recentemente polo Concello grazas a unha achega de 900.000\u20ac da instituci\u00f3n provincial.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\n\u201cA apertura ao p\u00fablico do Castelo de Doiras non \u00e9 s\u00f3 a posta en valor dun monumento senlleiro, \u00e9 un acto de xustiza coa nosa historia, coa nosa identidade e co noso futuro\u201d, apuntou o mandatario provincial, para quen o patrimonio \u201cnon pode ser visto como unha lembranza est\u00e1tica do pasado, sen\u00f3n como un recurso vivo, capaz de xerar oportunidade e de fortalecer o arraigo\u201d. Engadiu ademais que este castelo, co\u00f1ecido tam\u00e9n como de Ferreir\u00eda, ten a misi\u00f3n de ser \u201cembaixador da inmensa riqueza cultural e paisax\u00edstica dos Ancares\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\nTom\u00e9 Roca sinalou que \u201cdesde a Deputaci\u00f3n de Lugo temos claro que a protecci\u00f3n e dinamizaci\u00f3n do noso legado hist\u00f3rico \u00e9 unha responsabilidade colectiva. Por iso apostamos firmemente por colaborar cos concellos\u201d. Nese sentido destacou que o castelo \u201crenace\u201d grazas ao compromiso do Concello e ao esforzo conxunto de diferentes administraci\u00f3ns. Felicitou ao Alcalde e ao seu equipo por impulsar un proxecto \u201ccon determinaci\u00f3n e visi\u00f3n de futuro\u201d, porque \u201ccon esta aposta non s\u00f3 rescatamos unha xoia arquitect\u00f3nica do s\u00e9culo XV, sen\u00f3n que reforzamos a identidade cultural da comarca e xeramos novas oportunidades para o desenvolvemento sostible da zona\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\nLembrou que con esta incorporaci\u00f3n, Lugo suma xa oito castelos e fortalezas visitables: \u201cdesde Pambre ata Alfoz, desde San Dami\u00e1n de Ribadeo ata San Paio de Narla, pasando polo Pazo de Tovar en Lourenz\u00e1 ou a Torre dos Andrade en Vilalba e a Torre da Homenaxe en Monforte\u201d. \u201cA nosa provincia \u00e9 un inmenso museo ao aire libre\u201d, sentenciou.<\/p>\n<p class=\"text-align-center i4t-title-institucion\">\n<strong>Un investimento na memoria colectiva<\/strong><\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\nEnmarcou a colaboraci\u00f3n con Cervantes na aposta da Deputaci\u00f3n co turismo de experiencias e subli\u00f1ou que \u201cdesde a Deputaci\u00f3n cremos firmemente que a recuperaci\u00f3n do noso patrimonio non \u00e9 un gasto, sen\u00f3n un investimento. Un investimento na nosa memoria colectiva, no noso atractivo tur\u00edstico e no futuro da nosa provincia\u201d. Nese sentido asegurou que \u201cprotexer o noso patrimonio non \u00e9 unha cuesti\u00f3n de nostalxia, sen\u00f3n de intelixencia\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\nPola s\u00faa banda, Benigno G\u00f3mez dixo sentirse orgulloso de poder ser o Alcalde que puxera a disposici\u00f3n dos veci\u00f1os e veci\u00f1as de Cervantes un monumento tan representativo e do que estiveron privados durante anos. Agradeceu aos presentes a s\u00faa presencia nun acto que cualificou de \u201chist\u00f3rico\u201d non s\u00f3 para este concello da Monta\u00f1a, sen\u00f3n para toda a comarca e convidou \u00e1 veci\u00f1anza a visitar e desfrutar deste Castelo \u201cque xa \u00e9 de todos\u201d.<\/p>\n<p class=\"text-align-justify\">\nXunto ao Presidente e ao Alcalde, asistiron a este acto o Deputado de Medio Ambiente e Alcalde da Fonsagrada, Carlos L\u00f3pez; a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodr\u00edguez; a Deputada no Congreso, Patricia Otero; o Senador pola provincia, C\u00e9sar Mogo; un nutrido grupo de alcaldes da comarca dos Ancares lucenses e leoneses; membros da corporaci\u00f3n municipal; persoal do Concello e veci\u00f1os e veci\u00f1as da provincia. Ademais, no acto participaron e actuaron tam\u00e9n o monologuista cervantego Oswaldo Dig\u00f3n e o m\u00fasico sarriao Abraham Cupeiro.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Jos\u00e9 Tom\u00e9 Roca e Benigno G\u00f3mez Tad\u00edn inauguraron este domingo a fortaleza situada na parroquia cervantega de Vilarello, declarada Ben de Interese Cultural, e que a Deputaci\u00f3n axudou a adquirir cunha achega de 900.000\u20ac ao Concello da Monta\u00f1a \u201cCon esta aposta non s\u00f3 rescatamos unha xoia arquitect\u00f3nica do s\u00e9culo XV, sen\u00f3n que reforzamos a identidade &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":14554,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[79],"tags":[],"class_list":["post-14557","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14557","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=14557"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/14557\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14554"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=14557"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=14557"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=14557"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}