Noticias

A Deputación reforza a sinalización dos Ancares Lucenses e Terras do Miño con 60.000 euros

- A Xunta de Goberno aprobará mañá un novo plan de sinalización nas Reservas da Biosfera logo de que a Deputación de Lugo se convertese en 1 das 4 administracións de España que acada fondos do Organismo Autónomo Parques Nacionais.

- O Goberno Central, que xestiona este organismo, recortou nun 95% a súa achega, pois só concedeu 50.000 euros cando o anterior Executivo outorgou máis de 1 millón de euros.

- Presidencia da Deputación xa situou máis de 80 sinais en puntos de accesos e zonas naturais dos Ancares Lucenses e Terras do Miño, cumprindo cos requisitos do MaB.

Leer más

10 emprendedores lucenses ultiman a súa formación no II Campus de Emprendemento Sostible para poñer en marcha novos negocios

- Será no Campus de maduración da idea empresarial de Ancares, no que recibirán formación técnica, legal, medioambiental e económico-financeira sobre as súas ideas empresariais.

- O seminario rematará o vindeiro xoves coas visitas que realizarán a empresas sostibles ubicadas nas Reservas da Biosfera nas que compartirán experiencias e analizarán a viabilidade dos seus proxectos.

- A Deputación aposta pola cultura emprendedora no rural, que permite fixar poboación a través da xeración de novos postos de traballo. De feito, o I Campus de Emprendemento Sostible permitiu a creación de 7 novas empresas.

Leer más
This site is registered on wpml.org as a development site.