A Deputación convoca concursos de receitas con produtos de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses
- López Izquierdo presentou o proxecto Receitas da Biosfera, unhapioneira iniciativa da Deputación para promocionar e difundir o consumo dos produtos autóctonos
- Inclúe dous concursos de receitas de tapas e menús con produtos de Terras do Miño ou dos Ancares Lucenses. Están dirixidos a non profesionais, residentes dun dos 29 Concellos que integran ditos espazos naturais
- Hai premios de entre 50 e ata 500 euros. Os dous mellores pratos formarán parte dunha publicación nacional, que recolle pratos con produtos de Reservas de España
- Poden presentarse as receitas dende hoxe e ata o 18 de novembro no Rexistro da Deputación ou nas oficinas que fixa a lei. Máis información en www.deputacionlugo.gal
O pasamento alén dos Ancares
Por que non se varre de noite? Que ocultan os cruces de camiños? Por que se lles fala aos defuntos? Existen os aparecidos, as ánimas, as visións? A cultura da morte condiciona inconscientemente os hábitos de vida e as montañas de Lugo atesouran ritos e crenzas que axudan a manter unha boa relación co alén
A Deputación celebra o 10º aniversario dos Ancares Lucenses como Reserva da Biosfera
- Fíxoo con incorporacións ao Órgano Participativo, que acordou novas programacións a desenvolver: sinalización do patrimonio cultural e da Vía Romana XIX, recuperación de rutas de sendeirismo, desbroces ou asesoramento para emprendedores, entre outras
- O aniversario celebrouse en Cervantes coa participación do Presidente, o Secretario do MaB, a Deputada de Medio Rural, Alcaldes e membros de 11 colectivos
- Os alumnos do CPI de Cervantes expuxeron o seu proxecto de seguimento fenolóxico de especies vexetais. A xornada tivo lugar no Centro de Interpretación que se habilitou nas Pallozas, onde sopraron as velas da torta conmemorativa do 10º aniversario
A Deputación ofrece a 80 emprendedores asesoramento gratuíto para xerar ou reconverter empresas
- O Presidente e a Deputada de Medio Ambiente presentaron o IV Campus de Emprendemento Sostible xunto a participantes de anteriores convocatorias das que resultaron ou melloraron 13 establecementos na provincia
- Por 1ª vez, o Campus chega aos centros con ensinanzas superiores sobre produción agropecuaria, xestión forestal e do medio natural para fomentar o emprendemento como saída laboral. A través de 3 cursos, 60 alumnos coñecerán os elementos para xerar unha empresa e visitarán negocios xa consolidados de emprendedores lucenses
- O 4º curso do Campus é aberto ao público en xeral e está dirixido a persoas que xa teñen máis avanzada a súa idea de negocio. Inclúe formación especializada, visitas a empresas consolidadas e titorías individuais co obxectivo de consolidar os proxectos
A Deputación celebra o 10º aniversario da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses con novas actividades gratuítas
- A Deputada de Medio Ambiente presentou a nova programación que inclúe actividades para unhas 100 persoas en Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna
- Hai cursos de iniciación á micoloxía e á poda en árbores froiteiras, xornadas agroecolóxicas, conferencias científicas e roteiros polos Concellos
- O prazo está aberto en ancareslucenses@deputacionlugo.org. Máis información no 982227812