As Montañas do Courel convértense no primeiro Xeoparque Mundial do Noroeste de España
Este territorio da provincia de Lugo, que abrangue os concellos de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga, queda así integrado nunha rede mundial de parques xeolóxicos e áreas naturais protexidas formada por un total de 141 territorios de todo o mundo
O Presidente destacou que “é unha decisión histórica para a nosa provincia e unha enorme satisfacción xa que supón un magnífico impulso ao turismo abrindo novas oportunidades económicas para a poboación residente neste territorio da provincia”
Campos Conde tamén subliñou que “as Montañas de O Courel contan agora con 2 novos distintivos que potencian extraordinariamente o turismo e o desenvolvemento económico da zona: o Xeoparque Mundial, xunto á acreditación de Espazo Observer de Turismo Científico aportan unha identidade propia e diferenciación para este territorio”
A Deputación ofrece formación gratuíta para certificarse como guía de Turismo Científico OBSERVER dos Ancares e O Courel
Os Guías Observer das Montañas de Ancares e O Courel son profesionais capacitados para desenvolver accións de Turismo Científico nestes espazos naturais recentemente acreditados por OBSERVER, grazas a un proxecto impulsado pola Deputación
A formación é gratuíta e será os días 29 e 30 de abril en Lugo e os días 6 e 7 de maio no Concello de Quiroga. Para a obtención do certificado será obrigatorio asistir a un mínimo de 25 horas formativas e superar unha proba final
O curso diríxese a persoas que desexen especializarse en Turismo Científico para guiar grupos e divulgar os recursos naturais de calquera disciplina científica: botánica, xeoloxía, zooloxía...nestes dous espazos naturais da provincia
Os interesados poden inscribirse no email guias@observersciencetourism.com indicando: nome e apelidos, DNI, e motivo polo que está interesado neste curso