A Deputación de Lugo impulsa nos 67 concellos da provincia a dixitalización da información turística
Dende a área de Promoción do Territorio e Turismo púxose a disposición dos municipios a base de datos da aplicación Inventrip con contidos sobre os principais puntos de interese, establecementos de aloxamento e restaurantes
A institución provincial fíxolles chegar carteis personalizados de cada localidade onde aparece o código QR que conecta coa información en galego e castelán para que coloquen en lugares transitados por visitantes que chegan á provincia
Esta iniciativa forma parte do compromiso da institución por colaborar e cooperar cos concellos para mellorar a satisfacción do visitante, ser un destino sostible e mellorar a xestión dos recursos e a oferta do conxunto do territorio na actual crise sanitaria