275 persoas participarán gratis nas Actividades de Verán das Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses



Fuente: Deputación de Lugo

Aberto o prazo para 14 actividades diferentes, que se distribuirán entre o Centro de Interpretación Terras do Miño e os concellos de Cervantes, Becerreá e Navia de Suarna

Os obradoiros, gratuítos e de carácter lúdico, están deseñados en función das idades dos participantes, habendo propostas para nenos, adultos e familias

Os interesados poden apuntarse cubrindo o formulario de solicitude en http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/ ou no teléfono 982 22 78 13. As inscricións faranse por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir as prazas ofertadas

O Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente en funcións, Argelio Fernández Queipo, presentou este martes a nova programación das Actividades de Verán da Reserva da Biosfera Terras do Miño, que se celebrarán durante os próximos meses na Reserva da Biosfera Ancares Lucenses e no Centro de Interpretación Terras do Miño. A programación inclúe cursos de fotografía, micoloxía, coidado de plantas ou campamentos infantís, entre outros.

Fernández Queipo sinalou que “o prazo para inscribirse as actividades ofertadas estará aberto a partir de hoxe. En total hai 275 prazas para 14 actividades diferentes, que se distribuirán entre o Centro de Interpretación Terras do Miño e os concellos de Cervantes, Becerreá e Navia de Suarna. A programación está dividida en varios grupos segundo as distintas idades dos participantes: actividades para familias, para o público infantil e para adultos”.

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades programadas deberán reservar a súa praza na páxina web www.deputacionlugo.gal ou en http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/; a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org e poden tamén chamar ao teléfono 982 227 813 para obter máis información. As inscricións faranse por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir as prazas ofertadas.

Programación Actividades Terras do Miño


O calendario das actividades ambientais programadas para os vindeiros meses é o seguinte. Todas as sesións celebraranse no Centro de Interpretación Terras do Miño, agás indicación contraria.

Actividades para adultos
Setembro
21 de setembro.- A Anguía no Rio Miño, Etnografía e Gastronomía. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

26 de setembro.- Obradoiro de identificación de cogomelos. De 19:30 a 21:30 horas. 20 prazas.

28 e 29 de setembro.- Curso de iniciación a fotografía Cores da natureza do outono. Sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. Domingo de 11:30 a 14:30 horas. 15 prazas.

Actividades para familias
Setembro

14 de setembro.- Demostración do proceso do liño. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

Actividades infantís
Xullo

1,2,3,4 e 5 de xullo.- Campamento de verán: fauna e flora da reserva da biosfera Terras do Miño. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas.

8,9,10,11 e 12 de xullo.- Curso de fotografía para nenos Paisaxe e natureza, instantáneas do verán. De 10:00 a 14:00 horas. 15 prazas (8 a 12 anos).

2,3,4,5 e 6 de setembro.- Curso de aprendizaxe sobre reciclaxe e residuos. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas (7 a 12 anos).  
7 de setembro.- Unha viaxe pola historia dos muíños. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas (7 a 12 anos). Celebrarase no Mazo de Santa Comba.
Programación de actividades nos Ancares Lucenses
O calendario para os vindeiros meses na Reserva da Biosfera Ancares Lucenses é o seguinte.

BECERREA:
Actividades para adultos
30 de setembro,- Plantas Medicinais. De 16:00 a 20:00 horas. 20 prazas. Celebrarase no Centro Social de Becerreá.

Actividades infantís
21 de setembro.- Os secretos das estrelas. De 22:00 a 10:00 horas. 20 prazas (7 a 12 anos). Celebrarse no Centro Social de Becerreá.

CERVANTES:
Actividades para adultos
28 de setembro.- Cursos sobre compostaxe. De 16:00 a 20:00 horas. 20 prazas. Celebrarase no Local de Asociación Cultural O Teixeiro.

Actividades infantís
26 de setembro.- Astronomía e iniciación á fotografía nocturna. De 19:00 a 00:30 horas. 25 prazas(5 a 15 anos). Celebrarase no CPI de Cervantes.

NAVIA DE SUARNA:
Actividades para adultos
19 de setembro.- Obradoiro de pasta. De 16:00 a 20:00 horas. 20 prazas. Celebrarase na Escola de Barcia.

5,6,7,8 e 9 de agosto.- Campamento para nenos. De 10:00 a 14:00 horas. 20 prazas (4 a 12 anos). Celebrarase na Escola de Barcia.


This site is registered on wpml.org as a development site.