Fuente: Diputación Provincial de Lugo
– A fotografía gañadora, que recibirá un premio de 800 euros, leva o nome de Entreaugas, e é a do lucense Óscar Abelleira Ferreirós.
– O segundo e terceiro premio son para Julia García Vizcaíno, coa obra Manto de Outono, e Luís Miguel López Ferreiro, con Mirando dende a ponte
Fallados os premios do concurso fotográfico de medio ambiente Os Bosques nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, iniciativa organizada pola Deputación de Lugo dentro da súa liña de promoción e fomento da riqueza natural da provincia. O xurado reunido o pasado día 19 de decembro, decidiu que as fotografías premiadas son:
PRIMEIRO PREMIO, dotado con 800 euros: Entreaugas, de Óscar Abelleira Ferreirós.
SEGUNDO PREMIO, dotado con 500 euros: Manto de Outono, de Julia García Vizcaíno.
TERCEIRO PREMIO, dotado con 300 euros: Mirando dende a ponte, de Luís Miguel López Ferreiro.
Na paxina web www.deputacionlugo.gal atópase o banner do concurso no que xa aparecen reflexados os gañadores. Durante as vindeiras semanas comunicaráselle aos tres premiados do concurso o día para a entrega oficial dos premios, que será a cargo da Deputada de Medio Ambiente e Enexías Renovables, Sonsoles López Izquierdo.