Fuente: Diputación Provincial de Lugo
– Esta iniciativa inclúese nesta ocasión na programación do Festival da Biosfera, co que a Deputación ofrece ducias de actividades gratuítas para poñer en valor a importancia do medio natural.
– Un total de 103 colexios de toda a provincia plantarán un acivro de xeito simultáneo nas contornas dos centros. Destes, máis de 50 colexios participan por 4 ano consecutivo.
– A árbore escollida é o acivro, propia de zonas montañosas do centro e interior de Galicia e catalogada como especie protexida.
A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, participará este xoves nos actos organizados pola Deputación para conmemorar os Días Mundiais dos Bosques e da Auga, e nos que participarán máis de 103 centros educativos de toda a provincia plantando árbores. Esta actividade, que se celebra por cuarto ano consecutivo con enorme éxito, englóbanse nesta ocasión dentro da programación de actividades do Festival da Biosfera da Deputación.
Así, este xoves a partires ás 12:00 horas, máis de 10.000 nenos e nenas de práctica totalidade dos centros escolares da provincia plantarán, de xeito simultáneo, un acivro, que posteriormente regarán todos xuntos. Como complemento a esta actividade, tamén elaborarán contos sobre o ciclo da auga, os bosques, e a súa importancia para a riqueza medioambiental da provincia.
Nesta ocasión, a árbore escollida foi o acivro. Unha especie típica das zonas montañosas do centro e interior de Galicia que forma parte da listaxe de especies protexidas.
A través deste tipo de iniciativas, a Deputación fomenta a concienciación medioambiental en todas as idades, ensinando valores encamiñados a manter e preservar os recursos naturais e aprender a súa importancia para a riqueza da provincia.
Outras actividades do Festival da Biosfera:
Xoves, 19 de marzo:
– Presentación do libro A aventura de vivir. O carballo de Carlos Silvar, ás 19:30 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño.
– Actividade infantil A barca dos contos, na Praza de Augas Férreas ás 12:00 horas.
Sábado, 21 de marzo:
– As mulleres, os bosques e o desenvolvemento sostible, ás 12:00 horas no Mercado Municipal de Lugo.
– Obradoiro de poesía ambiental, ás 12:00 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño.
– Presentación do libro a Guía das libélulas de Galicia, de Miguel A. Fernández Martínez, ás 19:00 horas no Centro de Interpretación Terras do Miño.
– Recital poético Cearte Lugo, ás 21:00 horas, no Restaurante La Oca.
Domingo, 22 de marzo:
– Visita guiada O ciclo da auga na cidade, con saída ás 11:30 horas desde a Praza de Ferrol.
Luns, 23 de marzo:
– Os mares doces de Galicia, no Salón de Actos da Deputación de Lugo, ás 19:30 horas.
Martes, 24 de marzo:
– Tipos de bosques na Reserva da Biosfera Terras do Miño, o no Centro de Interpretación Terras do Miño, ás 19:30 horas.
Mércores, 25 de marzo:
– Proxecto Ríos, no Centro de Interpretación Terras do Miño, ás 19:00 horas.
– Asolagados, ás 20:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
Xoves, 26 de marzo:
– Fundador de bosques, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
Venres, 27 de marzo:
– Presentación de libro O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira, ás 19:30 horas no Salón de Actos da Deputación.
Sábado, 28 de marzo:
– Conversa Auga e desenvolvemento sostible, ás 12:00 horas no Mercado Municipal de Lugo.
– A barca dos contos, na Praza Maior de Lugo; na Praza das Augas Férreas e na Praza da Milagrosa, respectivamente, todas elas ás 12:00 horas.
Domingo, 29 de marzo:
– Os bosques de ribeira. O río Mera, ás 10:00 horas, con saída nun punto das ribeiras de dito río que se confirmará en datas vindeiras na web www.deputacionlugo.gal.
Exposicións: do 14 ao 29 de marzo
– Peixes, pescadores e pesqueiras, de 07:00 a 20.00 horas, no Mercado Municipal de Lugo.
– O Miño, río e xentes 1900-1930, de 09:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas no escaparate da Farmacia da Cruz.
Máis información en www.deputacionlugo.gal ou www.festivaldabiosfera.org