Fuente: Diputación Provincial de Lugo
– Máis de 10.000 nenas e nenos de centros educativos de toda a provincia celebraron a xornada para reivindicar a importancia de coidar a auga e os bosques.
– Sonsoles López Izquierdo salientou que “con xornadas como a de hoxe fomentamos o coidado e respecto polo medio ambiente entre os máis pequenos”.
– A árbore escollida nesta ocasión foi o acivro, catalogada como especie protexida.
A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, estivo hoxe no CEIP de Meira para acompañar aos escolares do centro que hoxe participaron nos actos organizados pola Deputación para conmemorar os Días Mundiais dos Bosques e da Auga. Para iso, os rapaces meirenses plantaron, ao mesmo tempo que os doutros 102 centros educativos da provincia, o mesmo número de acivros, dos que a partires de agora se encargarán de coidar os máis de 10.000 nenas e nenos lucenses que hoxe os plantaron.
López Izquierdo salientou que “con xornadas como a de hoxe fomentamos o coidado e respecto polo medio ambiente entre os máis pequenos e impulsamos que se establezan este tipo de iniciativas nas primeiras etapas escolares”. A Deputada puxo en valos a aposta de Deputación por organizar programas e proxectos que poñan en valor a riqueza natural e patrimonial da provincia, afondando no coidado e respecto ao medio”.
Deste xeito, ás 12:00 horas, máis de 10.000 nenos e nenas de práctica totalidade dos centros escolares da provincia plantaron, de xeito simultáneo, un acivro que posteriormente regaron todos xuntos por vez primeira.
Con esta programación, incluída dentro dos actos do Festival da Biosfera, o organismo provincial aposta pola concienciación medioambiental, baseada en valores de coidado e respecto ao medio natural, como unha das liñas de traballo do ente provincial.