O Goberno da Deputación organiza 6 novas actividades gratuítas na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses



Fuente: Deputación de Lugo

– Máis de 120 persoas de todas as idades poderán participar en Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna en conferencias sobre fauna e flora, obradoiros sobre agricultura e actividades infantís
– As actividades forman parte da programación  do segundo trimestre da Biosfera dos Ancares Lucenses. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo a través do teléfono 982-227-812 ou do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org

O Goberno da Deputación puxo en marcha a nova programación de actos da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, correspondente ao segundo trimestre do 2017. Trátase de 6 novas actividades gratuítas, nas que poderán participar 120 persoas dos Concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna. As persoas interesadas en inscribirse nalgún dos cursos poden facelo a través do teléfono 982-227-812 ou do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org.

Neste trimestre a oferta inclúe obradoiros de elaboración de cosméticos, a influencia da lúa nos cultivos e a preparación do solo para horto, ademais de conferencias para nenos e maiores sobre a fauna e flora da Reserva da Biosfera. Todas as actividades teñen carácter gratuíto e están pensadas para participantes de diversas idades.

Programación
Becerreá
O Centro de Servizos Sociais do Concello de Becerreá acollerá as seguintes actividades:
– Obradoiro de elaboración de cosméticos con ceras. Mércores 26 de abril de 17:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos. 
– Obradoiro “A lúa e a súa influencia nos cultivos”. Mércores, 31 de maio, de 17:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.

Cervantes
– Conferencia sobre a fauna e a flora da Reserva da Biosfera para nenos. Venres 28 de abril, de 10:00 a 14:00 horas, no CPI de Cervantes. Actividade infantil con 20 prazas.
– Obradoiro de preparación do solo para horto. Mércores 3 de maio, de 16:00 a 18:00 horas, no Edificio de Servizos Múltiples de San Román de Cervantes. Actividade con 20 prazas para adultos.

Navia de Suarna
A Escola de Barcia acollerá as seguintes actividades:
– Xogos para descubrir a natureza. Sábado, 15 de abril, de 10:00 a 14:00 horas. Actividade con 20 prazas para nenos de 5 a 12 anos.
-Conferencia “Os castiñeiros e os soutos”. Mércores  3 de maio de 16:00 a 18:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.


This site is registered on wpml.org as a development site.