Comezan mañá as actividades gratuítas do Goberno da Deputación na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses



Fuente: Deputación de Lugo

– A Escola de Barcia, en Navia de Suarna, acollerá este mércores a primeira actividade enmarcada na programación do Executivo. Trátase dun obradoiro sobre a preparación de ungüentos con herbas máxicas para o que xa hai inscritos 17 participantes

– Fernández Queipo destacou a “positiva acollida coa que contan as actividades na Reserva da Biosfera dos Ancares. Para a primeira actividade, que terá lugar mañá en Navia, practicamente se completou o aforo; mentres que o obradoiro de conservas de e o de licores artesanais no Concello de Becerreá xa completaron as prazas”

– Este é o primeiro dos 6 obradoiros que organiza o Goberno da Deputación nos Concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna. Os interesados en inscribirse nalgún dos cursos poden facelo en www.deputacionlugo.gal ou no 982 227 812

A Escola de Barcia, no Concello de Navia de Suarna, acollerá este mércores o primeiro obradoiro gratuíto do Goberno da Deputación na Reserva da Biosfera dos Ancares. Esta actividade, que conta xa con 17 participantes, consistirá na elaboración de ungüentos con herbas máxicas. Trátase da primeira das 6 actividades que organiza o Goberno da Deputación no primeiro trimestre do 2018, totalmente de balde, nos Concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna e nas que poderán participar ata 115 persoas.

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, destacou a “positiva acollida coa que contan as actividades na Reserva da Biosfera dos Ancares”. Neste senso Queipo apuntou que “para a primeira actividade, que terá lugar mañá na Escola de Barcia, en Navia, practicamente se completou o aforo; mentres que o obradoiro de conservas e o de licores artesanais do Concello de Becerreá xa completaron as prazas ofertadas. En Cervantes, quedan 20 prazas para as actividades de elaboración de queixos frescos e deshidratación de froitas e hortalizas, e tamén en Navia, 13 para o obradoiro infantil de arxila”.

Programación e prazas restantes

Becerreá

O Centro de Servizos Sociais do Concello de Becerreá acollerá as seguintes actividades: – Obradoiro de elaboración de conservas artesanais. Mércores, 7 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas. Prazas cubertas.

– Obradoiro de elaboración de licores artesanais. Mércores, 21 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas. Prazas cubertas.

Cervantes

O CPI de Cervantes acollerá as seguintes actividades:

-Obradoiro de elaboración de queixos frescos. Mércores, 28 de febreiro, de 16:00 a 19:00 horas, e mércores 7 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas. Últimas 14 prazas.

-Obradoiro de deshidratación de froitas e hortalizas. Mércores, 14 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas. Últimas 6 prazas.

Navia de Suarna

A Escola de Barcia acollerá as seguintes actividades:

-Obradoiro de arxila para nenos. Venres, 30 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas. Últimas 13 prazas.


This site is registered on wpml.org as a development site.