Fuente: Deputación de Lugo
Trátase dun curso que se celebrará en tres xornadas os días 16, 23 e 30 de marzo, no Edificio de Servizos Multiusos de Cervantes. Ofértanse un total de 24 prazas
Estas actividades gratuítas celébranse ao longo de todo o ano, co fin de fomentar o uso e consumo dos produtos autóctonos da provincia, e de impulsar as prácticas sostibles e responsables co medio ambiente
As sesións terán unha parte práctica na que os participantes terán a oportunidade de elaborar tres tipos de cervexa: a Doble Belgium, Witbier e Stout
Os interesados poden apuntarse cubrindo o formulario de solicitude en http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/ ou no teléfono 982 22 78 13
O Goberno da Deputación organiza o obradoiro Elaboración de cervexa artesá, que se impartirá no Edificio de Servizos Múltiples de Cervantes os días 16, 23 e 30 de marzo. O curso está enmarcado dentro da programación de actividades medioambientais do organismo provincial para o primeiro trimestre do ano. Ao longo das tres sesións, os participantes recibirán nocións teóricas básicas sobre o proceso de elaboración da cervexa artesá e terán a oportunidade de elaborar tres estilos distintos de cervexa: Doble Belgium, Witbier e Stout.
Ata finais de marzo de 2019, celebraranse 6 obradoiros que contan con 260 prazas ofertadas. Son totalmente de balde e impártense nos Concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna. Estas actividades gratuítas celébranse ao longo de todo o ano, co fin de fomentar o uso e consumo dos produtos autóctonos da provincia, e de impulsar as prácticas sostibles e responsables co medio ambiente.
As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades programadas deberán reservar a súa praza na web www.deputacionlugo.gal ou http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/; a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org e poden tamén chamar ao teléfono 982 227 813 para obter máis información.