Fuente: Deputación de Lugo
– Obradoiros de elaboración de cervexa artesá, de elaboración de produtos cosméticos, de bebidas vexetais ou xornadas informativas sobre enxerto e enfermidades de árbores froiteiras, son algunhas das actividades para Navia de Suarna, Cervantes e Becerreá
-Os interesados en participar poderán inscribirse xa en www.deputacionlugo.gal, ancareslucenses@deputacionlugo.org e no 982 227 812
A Deputación de Lugo celebra este ano o 10º aniversario da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses con actividades nos 3 Concellos que integran este espazo natural recoñecido pola UNESCO: Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá. A programación arranca este mes de maio ata setembro con obradoiro e xornadas formativas para persoas de todas as idades. O prazo de inscrición xa esta aberto en www.deputacionlugo.gal, no correo ancareslucenses@deputacionlugo.org ou no teléfono, 982 227 812.
O calendario das actividades programadas nos Concellos é a seguinte:
Concello de Becerreá
Actividades para adultos que se celebrarán no Centro de Servicios Sociais, e que contan cun máximo de 20 prazas:
-Obradoiro de elaboración de cervexa artesá; o día 31 de maio terá lugar de 16:00 a 22:00 horas. O día 7 de xuño de 18:00 a 20:00 horas.
Actividades para os máis pequenos (6-12 anos) que se celebrarán no Centro de Servicios Sociais, e que contan cun máximo de 20 prazas
-Clube dos nenos coidadores do Planeta que terá lugar o martes 6 de setembro de 10:00 a 14:00 horas.
Concello de Cervantes
Actividade para adultos que se celebrará na Palloza do Conxunto Etnográfico San Roman de Cervantes, e que conta cun máximo de 20 prazas
– Xornada sobre enfermidades en árbores froiteiras (maceiras e castaños) que terá lugar o día 18 de maio de 18:00 a 20:00 horas.
Concello de Navia de Suarna
Actividades para adultos que se celebrarán na Escola da Barcia, e que contan cun máximo de 20 prazas
– Obradoiro de elaboración de produtos cosméticos con ceras que terá lugar o día 26 de maio de 16:00 a 20:00 horas.
– Obradoiro de elaboración de bebidas vexetais que terá lugar o dia 28 de xuño de 17:00 a 21:00 horas.
– Obradoiro de iniciación ao enxerto en árbores froiteiras que terá lugar o día 8 de setembro de 16:00 a 20:00 horas.