A Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses amósase en Expovacaciones, o encontro internacional coa maior oferta turística do norte do Estado



Fuente: Deputación de Lugo

A Deputación conta cun stand propio en Expovacaciones que se celebra en Bilbao do 10 ao 12 de maio. Os visitantes desta importante feira coñecerán propostas turísticas, gastronómicas e aventureiras que ofrece a provincia de Lugo

Vidal Baaomonde subliñou que “queremos potenciar a provincia de Lugo como destino de excelencia gastronómica e de natureza onde se poden vivir experiencias únicas e inéditas”

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, asistiu á 40ª Feria Internacional de Turismo e Tiempo Libre Expovacaciones que, do 10 ao 12 de maio, terá lugar no  Bilbao Exhibition Centre de Barakaldo e no que a Deputación ten presenza cun stand propio para a promoción turística da provincia.

Vidal Baamonde subliñou que “Expovacaciones é o escaparate turístico máis importante do norte peninsular, idóneo para captar visitantes para a provincia de Lugo. Desde o stand propio da Deputación, promovemos a imaxe da provincia de Lugo como destino de excelencia gastronómica e de natureza onde se poden vivir experiencias únicas e inéditas”.

A Feira Expovacaciones amosa alternativas innovadoras e as tendencias máis interesantes en rutas e destinos turísticos nacionais e internacionais, así como innovadoras alternativas de ocio e tempo libre. Este ano, como novidade a feira incorpora un novo concepto baseado no deporte, a gastronomía e a aventura para que os viaxeiros poidan elixir destinos segundo as actividades, excelencias gastronómicas do territorio ou nas vivencias descoñecidas.

Durante os tres días que dura o evento, no stand propio da Deputación proxectarase o novo spot promocional Lugo Inédito da campaña turística da provincia Lugo Cambia. Este vídeo, editado en 7 idiomas, amosa unha selección de lugares de interese turístico que teñen o privilexio de poder etiquetarse como únicos no mundo.

A Deputación tamén porá a disposición dos visitantes os cinco novos folletos promocionais dos 4 xeodestinos da provincia de Lugo (A Mariña Lucense, Ribeira Sacra, Ancares Courel e Terra Chá), outro especial dedicado á gastronomía lucense, así como das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses.

No marco deste encontro, as comunidades do País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia conmemoran o 30 aniversario de Green Spain, a súa unión para promover os seus destinos no eido turístico, cultural e de espazos naturais. Esta alianza conta este ano cun novo recurso turístico natural na provincia de Lugo, as montañas do Courel e Ancares, primeiro Xeoparque Mundial do Noroeste Peninsular.


This site is registered on wpml.org as a development site.