O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, inaugurou este sábado na Xornada de control da vespa velutina: prevención, trampeo, medidas protectoras e retirada, que tivo lugar no Edificio de Servizos Múltiples de Cervantes. Unha cita que serviu para abrir a nova programa de actividades gratuítas de formación e lecer que pon en marcha a Deputación de Lugo na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá para o primeiro trimestre do ano.
“O incremento da vespa velutina provoca unha gran inquedanza entre a poboación. Representa un risco para a saúde polo impacto dunha picadura, que pode ocasionar vítimas mortais, como xa ocorreu”, explicou o Deputado, quen sinalou ademais que a praga “dana o noso ecosistema e tamén o noso tecido produtivo, sobre todo ao sector primario, que é absolutamente fundamental para a provincia de Lugo”.
Lembrou que a Deputación de Lugo reclamou en varias ocasións á Xunta, a Administración que ten as competencias, “a necesidade de poñer en marcha un plan integral de loita contra a velutina” e a convocatoria dunha liña de axudas para compensar aos apicultores e a outros produtores do sector primario prexudicados.
Con respecto ao resto de programa de actividades na Reserva dos Ancares, as persoas interesadas poderán acceder á información, horarios e reserva de prazas gratuítas a través do espazo habilitado na páxina web: http://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/actividades-medioambientais.