Encontro anual do Consello de Xestores das Reservas da Biosfera españolas
Durante os días 7, 8 e 9 de setembro tivo lugar nas instalacións do Centro Nacional de Educación Ambiental de Valsaín a reunión anual do Consello de Xestores das Reservas da Biosfera españolas. O Consello constitúese como un órgano técnico de asesoramiento ao Comité Español do MaB e está composto por un representante técnico de cada Reserva da Biosfera española.
O Alcalde do Real Sitio de San Ildefonso clausurou a Reunión do Consello indicando na súa intervención que é un honor para a Reserva de Biosfera do Real Sitio de San Ildefonso-O Espinar acoller unha reunión na que se dan cita os xestores dos 48 espazos que en España teñen este importante recoñecemento como Reservas da Biosfera.
A Reserva da Biosfera impulsa os produtos típicos colaborando co V Encontro de Artesanía de San Román de Cervantes
A Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses impulsa os produtos típicos e artes tradicionais da provincia, colaborando co V Encontro de Artesanía de San Román de Cervantes, que ten lugar o 9 de agosto neste concello da montaña luguesa, co gallo da celebración do 10 Aniversario da Reserva.
A Deputación organiza a feira agroecolóxica NaturaLugo, coincidindo co congreso internacional de SEAE
- Aberto o prazo para solicitar un dos 60 stands, que se situarán na planta baixa do Pazo de Feiras e Congresos, no correo electrónico info@naturalugo.com
- Concello de Lugo e Asociación Provincial de Hostaleiros farán coincidir nas mesmas datas o concurso de tapas, no que haberá unha categoría especial: a ecotapa ecolóxica
- O municipio habilitará ademais unha liña especial de autobuses para trasladar aos participantes dende o Pazo ao centro da cidade luguesa co obxectivo de dar a coñecer toda a riqueza da capital
Máis dun milleiro de persoas participaron nas actividades medioambientais da Deputación
O prazo de inscrición atópase aberto a través da páxina web www.deputacionlugo.gal, no correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org ou no teléfono 982 227 812
Celebración do Obradoiro de elaboración de bebidas vexetais en Barcia (Navia de Suarna)
A Deputación de Lugo celebra este ano o 10º aniversario da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses con actividades nos 3 Concellos que integran este espazo natural recoñecido pola UNESCO: Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá. A programación arranca este mes de maio con obradoiros e xornadas formativas para persoas de todas as idades.
O prazo de inscrición xa esta aberto no correo ancareslucenses@deputacionlugo.org ou no teléfono, 982 227 812.
A Deputación organiza o sábado un roteiro polo Concello de Cervantes
- Os participantes poderán ver o Castro de Santa María, o Castelo de Doiras ou a construción do Conde de Grajal de Campos do s.XV
- Os interesados en participar nesta actividade gratuíta poderán inscribirse en www.deputacionlugo.gal e no 982227812
A Deputación organiza o vindeiro martes un obradoiro de cervexa artesá dentro da programación do 10º aniversario da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses
Os interesados en participar poderán inscribirse xa en www.deputacionlugo.gal, ancareslucenses@deputacionlugo.org e no 982 227 812
Deputación, Concello e CRAEGA celebran en Lugo esta fin de semana a feira ecolóxica “Ágora Verde”
- A Praza Maior da capital luguesa acollerá os produtos de 27 profesionais dende este venres e ata o domingo - Monforte de Lemos os días 19, 20 e 21 de agosto; e Lourenzá o 30 de setembro, 1 e 2 de outubro, serán os seguintes destinos da feira ecolóxica
A Deputación entrega os premios da III edición do Concurso Fotográfico da Reserva da Biosfera
-As gañadoras desta edición son María Josefa Otero Vidal que acadou o 1º premio, a segunda premiada foi Patricia Yañez Modia e a teceira Vanessa Vilanova
- Nesta nova convocatoria presentáronse 58 obras e repartíronse un total de 1.600 euros en premios, e tivo como lema principal a auga nas reservas
- A Deputada Sonsoles López remarcou que este concurso serve para promocionar e poñer en valor a riqueza medioambiental e paisaxística da provincia
A Deputación arranca a programación para conmemorar o 10º aniversario da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses
- Obradoiros de elaboración de cervexa artesá, de elaboración de produtos cosméticos, de bebidas vexetais ou xornadas informativas sobre enxerto e enfermidades de árbores froiteiras, son algunhas das actividades para Navia de Suarna, Cervantes e Becerreá
-Os interesados en participar poderán inscribirse xa en www.deputacionlugo.gal, ancareslucenses@deputacionlugo.org e no 982 227 812