Cruzul pide a gritos ser protegido
Construido en el siglo XVIII, el puente de Becerreá es el único que se conserva del periodo neoclásico en Lugo. Reconocido como una de las infraestructuras más valiosas del Camino Real, aguarda desde hace una década ser declarado BIC. El Concello y el vecino se afanan por cuidarlo y preservar sus leyendas
Deputación, Principado de Asturias e 16 Concellos únense para xerar a Gran Senda do Navia
- O Deputado de Medio Ambiente informou sobre a presentación do anteproxecto que Deputación, Principado de Asturias e 16 Concellos elaboraron e xa presentaron en Madrid a representantes do Ministerio de Medio Ambiente
- Implica unha ruta peonil e cicloturista en 428 Km, seguindo o curso do Río Navia por 7 Concellos de Lugo e 9 de Asturias, e conectando cos Camiños Francés, Primitivo, Norte, co Camiño Natural da Cordillera Cantábrica ou co Sendeiro da Cornisa Atlántica
- “É unha iniciativa que busca xerar riqueza a través do medio ambiente e do turismo, poñendo en valor o sen fin de cursos naturais, patrimoniais, culturais ou etnográficos cos que contamos nestes 16 Concellos, gravemente afectados polo despoboamento”
- Búscase a colaboración do Goberno Central a través do Ministerio de Medio Ambiente, como administración coas competencias plenas na materia, cun financiamento de 4,2 millóns a través do programa estatal Camiños Naturais
3 lucenses premiados no IV Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera que organiza o Goberno da Deputación
- Trátase da cuarta edición do certame fotográfico que impulsa o Executivo Provincial para dar a coñecer e poñer en valor a riqueza paisaxística e ambiental, así como os recursos naturais das Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses
- O 1º premio foi para Oscar Doral García por “Ocaso castrexo”, o 2º para Daniel Sánchez Enjuto por “El instante”, e o 3º para Antonio José Fernández Hevia por “A espera”
- Foron 21 persoas as que participaron este ano coas súas obras. Os 3 mellores traballos presentados recibiron premios en metálico de 800, 500 e 300 euros, respectivamente. Valorouse a composición, orixinalidade e calidade estética da imaxe
Os Bolechas protagonistas do libro sobre a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses que editou o Goberno da Deputación
- Fernández Queipo presentou este sábado a guía no CEIP de Cervantes, aos centros da Reserva dos Ancares (Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá) e o centro das Nogais
- O Deputado de Medio Ambiente subliñou que “escollemos aos Bolechas para que amosen a riqueza cultural e patrimonial deste territorio e para facer conscientes aos máis cativos do privilexio e o orgullo que supón vivir nun lugar coma este”
- O Goberno da Deputación editou 8.200 exemplares que se repartirán por todos os centros da provincia para que os alumnos traballen e se familiaricen co entorno
Proxectos de posta en valor de soutos e de sinalización patrimonial, entre as actuacións este ano na Reserva dos Ancares Lucenses
- Son algunhas das iniciativas realizadas este ano na Reserva da Biosfera dos Ancares. O Deputado de Medio Ambiente fixo balance este mércores do conxunto de actuacións desenvoltas na reunión dos órganos de participación deste recoñecido espazo
- O proxecto de posta en valor da castaña implica o estudo e análise das propiedades de soutos nos 3 Concellos da Reserva, detallando a súa variedade, tipoloxía, potencial produtivo e método de tratamento para acadar un maior rendemento económico
- Realizouse un proxecto de sinalización do patrimonio histórico-cultural da Reserva, que inclúe traballos de desbroce e recuperación de novas rutas de sendeirismo. Porase en marcha no 2018 unha vez concedidos os permisos de Xunta e Goberno Central
- Pechouse un vídeo promocional do director Oliver Laxe e ofreceuse unha variada programación gratuíta de actividades (obradoiros, roteiros, xornadas sobre apicultura ou micoloxía, formación para emprendedores...) que chegou a máis de 300 persoas
Oliver Laxe falará sobre cine de autor este martes na Deputación nunha charla da TIC aberta ao público
-A conferencia do director, que vén de recibir o premio da Cultura Galega, forma parte dun convenio da TIC coa produtora da súa película “Aquilo que Arde” que se asinará este luns
-Os alumnos da EIS asistirán ao encontro co cineasta galego, que será ás 12.00 horas no Salón de Actos do Pazo de San Marcos
O Goberno da Deputación colabora coa Revista Micolucus, que inclúe 17 traballos de expertos micolóxicos
- Trátase da IV edición da publicación que realiza a Sociedade Micolóxica Lucus, que conta cunha achega económica de 3.000 euros do Executivo Provincial, na que se afonda en especialidades como a micoloxía, botánica ou zooloxía, entre outras
- López Izquierdo puxo en valor o traballo realizado por parte da Sociedade e subliñou que “nos últimos anos ten aumentado notablemente o interese polo aproveitamento micolóxico, debido á súa importancia ecolóxica, nutricional, gastronómica e lúdico turista”
- Esta revista anual, caracterizada polo amplo rigor científico, está composta por 17 artigos dunha altísima calidade informativa elaborada por profesionais recoñecidos
- Os obxectivos deste colectivo son fomentar os valores naturais lucenses e achegar esta ciencia á cidadanía coa posta en marcha de cursos, xornadas e diferentes actividades
O Goberno da Deputación ofrece obradoiros para a hostalería da provincia, co fin de potenciar os recursos micolóxicos
- O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde avanzou que dende o Executivo Provincial continuamos impulsando a Comarca dos Ancares con actividades que contribúen a dinamizar a e potenciar os recursos micolóxicos da provincia
- Esta actividade está dirixida aos profesionais da restauración que queren incorporar na cociña preparacións con cogomelos, e ao mesmo tempo para os que teñen interese en adquirir coñecementos básicos sobre a cociña con estes produtos naturais
- Os obradoiros consistiron en sesións prácticas impartidos polo cociñeiro Héctor López, con ampla experiencia na cociña dos cogomelos e a súa divulgación, e coa colaboración de Julian Alonso, técnico da USC e experto en micoloxía
O Goberno da Deputación pon en marcha o IV Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera dotado de 1.600 euros
- Os interesados en participar deberán presentar os seus traballos no Rexistro Provincial do Pazo de San Marcos ata o próximo 30 de novembro. As tres mellores fotografías recibirán premios en metálico de 800, 500 e 300 euros, respectivamente
- López Izquierdo subliñou que “nesta ocasión, o concurso ten como tema central a harmonía entre persoas e natureza. Preténdese, polo tanto, que nas instantáneas se amosen oficios tradicionais que se atopan integrados na natureza, infraestruturas ou patrimonio material, inmaterial e etnográfico que están en harmonía coa natureza”
- O Goberno da Deputación promove este concurso de fotografía para dar a coñecer e poñer en valor a riqueza paisaxística e ambiental, así como os recursos naturais dos que dispón a provincia de Lugo a través destes espazos distinguidos pola UNESCO