Noticias

103 acivros para conmemorar os Días da Árbore e da Auga

- Máis de 10.000 nenas e nenos de centros educativos de toda a provincia celebraron a xornada para reivindicar a importancia de coidar a auga e os bosques.

- Sonsoles López Izquierdo salientou que “con xornadas como a de hoxe fomentamos o coidado e respecto polo medio ambiente entre os máis pequenos”.

- A árbore escollida nesta ocasión foi o acivro, catalogada como especie protexida.

Leer más

Máis de 10.000 nenas e nenos participarán na celebración dos Días Mundiais dos Bosques e da Auga

- Esta iniciativa inclúese nesta ocasión na programación do Festival da Biosfera, co que a Deputación ofrece ducias de actividades gratuítas para poñer en valor a importancia do medio natural.

- Un total de 103 colexios de toda a provincia plantarán un acivro de xeito simultáneo nas contornas dos centros. Destes, máis de 50 colexios participan por 4 ano consecutivo.

- A árbore escollida é o acivro, propia de zonas montañosas do centro e interior de Galicia e catalogada como especie protexida.

Leer más

O Mazo de Santa Comba reabre as súas portas

- O conxunto etnográfico dedicado á auga conta con diversos paneis informativos con explicacións detalladas sobre o funcionamento dos enxeños que alberga.

- A Deputada salientou que “con estas últimas actuacións, reforzamos o papel do Mazo de como espazo lúdico-didáctico no que descubrir o papel fundamental do ciclo da auga no desenvolvemento do rural”.

- O organismo provincial converteu ao centro etnográfico nun espazo autosuficiente instalando unha turbina que xera electricidade completamente “verde” coa forza da auga.

Leer más

Unhas mil persoas interesáronse na mostra da Capela de Santa María polo traballo dos ferreiros da provincia

Coa exposición Mans de Ferro, que reuniu unhas 150 pezas de 31 ferreiros lucenses, a Deputación rendeulle homenaxe a un oficio “que pode ofrecer moitas alternativas de futuro”.

Leer más

A Deputación apoia a Festa da Androlla de Navia como escaparate da calidade dos produtos autóctonos

O Presidente e a Vicepresidenta Segunda participan na 25ª edición do certame gastronómico, que conta cunha achega de 1.500 euros do organismo provincial.

Leer más

A Deputación apadriña ao Urogallo de AVIFAUNA

- O organismo provincial fai unha achega de 2.000 euros para financiar a alimentación e o coidado desta especie protexida, que leva máis de unha década en perigo de extinción.
-  Sonsoles Izquierdo destacou que “colaborar con AVIFAUNA permítenos dar a coñecer entre os máis pequenos a importancia do medio ambiente, impulsando o estudo da flora e da fauna”.
- AVIFAUNA e Deputación teñen asinado un convenio por valor de 20.000 euros que permite que  miles nenas e nenos da provincia se acheguen ás súas instalacións de balde.

Leer más

A Deputación impulsa os produtos autóctonos colaborando coa XXV edición da Festa da Androlla de Navia de Suarna

- Esta data gastronómica, que conta cunha achega provincial de 1.500 euros, enmárcase dentro da liña de promoción do sector gastronómico da provincia de Lugo.
-  Álvaro Santos destacou que “este tipo de iniciativas dinamizan a económica da zona durante a xornada e axudan a desestacionalizar o turismo no rural impulsando o consumo local”.
- Na festa, que terá lugar o vindeiro 15 de febreiro, haberá degustación de Androlla así como diferentes grupos musicais que amenizarán a data.

Leer más

Maiores de Becerreá e Ribeira de Piquín participan hoxe nos programas Memoria Dixital Tic-Tac e Engurras

- Manuel Martínez manterá un encontro na Residencia Cereixal cos participantes en Memoria Dixital Tic-Tac. Serán entrevistadores ou cámaras e farán un banco de recordos audiovisual.
- Santos Ramos visitará na Ribeira de Piquín aos alumnos de Engurras. Farán fotografías, que editarán e compartirán en redes sociais como Instagram.

Leer más

A Deputación acondiciona o acceso ao albergue dos Ancares con xeo e neve ata os 3 metros

- A Deputación acondiciona o acceso ao albergue dos Ancares, que acumula xeo e neve ata os 3 metros, coa previsión de acadar a normalidade nas próximas horas.

Leer más

A Deputación impulsa a creación de 10 empresas co Campus de Emprendemento Sostible

- 50 persoas recibiron o diploma que avala a participación neste programa dirixido a crear ou remodelar empresas no rural da provincia, fomentando así a creación de postos de traballo.
- Sonsoles López destacou que “a provincia de Lugo ten unha potencialidade a nivel medioambiental e de recursos humanos que non debemos desaproveitar”.
-A través do Campus de Emprendemento, que serviu de centro de reunión de emprendedores lucenses, ofreceuse formación a máis de 120 veciñas e veciños.

Leer más
This site is registered on wpml.org as a development site.