Noticias

Aberto o prazo de inscrición para a programación de actividades de turismo científico do Courel e dos Ancares

Son 6 actividades gratuítas organizadas polo Goberno da Deputación, e dirixidas a todos os públicos, sobre xeoloxía, botánica, fauna, astronomía e a paleontoloxía

A través desta iniciativa, o Goberno Provincial, contribúe a dar a coñecer a riqueza e os valores destes espazos naturais impulsando, á vez, o turismo nestes concellos da provincia 

A inscrición nestas actividades, que terán lugar entre maio e agosto, pódese realizar desde hoxe ata que se esgoten as prazas a través da web de http://cursos.deputacionlugo.org/turismo

Leer más

As Montañas do Courel convértense no primeiro Xeoparque Mundial do Noroeste de España

Este territorio da provincia de Lugo, que abrangue os concellos de Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga, queda así integrado nunha rede mundial de parques xeolóxicos e áreas naturais protexidas formada por un total de 141 territorios de todo o mundo

O Presidente destacou que “é unha decisión histórica para a nosa provincia e unha enorme satisfacción xa que supón un magnífico impulso ao turismo abrindo novas oportunidades económicas para a poboación residente neste territorio da provincia”

Campos Conde tamén subliñou que “as Montañas de O Courel contan agora con 2 novos distintivos que potencian extraordinariamente o turismo e o desenvolvemento económico da zona: o Xeoparque Mundial, xunto á acreditación de Espazo Observer de Turismo Científico aportan unha identidade propia e diferenciación para este territorio”

Leer más

A Deputación ofrece formación gratuíta para certificarse como guía de Turismo Científico OBSERVER dos Ancares e O Courel

Os Guías Observer das Montañas de Ancares e O Courel son profesionais capacitados para desenvolver accións de Turismo Científico nestes espazos naturais recentemente acreditados por OBSERVER, grazas a un proxecto impulsado pola Deputación

A formación é gratuíta e será os días 29 e 30 de abril en Lugo e os días 6 e 7 de maio no Concello de Quiroga. Para a obtención do certificado será obrigatorio asistir a un mínimo de 25 horas formativas e superar unha proba final

O curso diríxese a persoas que desexen especializarse en Turismo Científico para guiar grupos e divulgar os recursos naturais de calquera disciplina científica: botánica, xeoloxía, zooloxía...nestes dous espazos naturais da provincia

Os interesados poden inscribirse no email guias@observersciencetourism.com indicando: nome e apelidos, DNI, e motivo polo que está interesado neste curso

Leer más

140 escolares de Becerreá achéganse á práctica da apicultura, nun obradoiro gratuíto da Deputación

A actividade, que tivo lugar este martes no centro educativo de Becerreá, ofreceu aos participantes técnicas básicas para iniciarse no mundo das abellas

O curso, que se celebrou no centro educativo, realizouse en tres quendas distintas na que tamén participou un monitor da Asociación Casa do Mel

Todos os participantes aprenderon nocións básicas sobre a vida das abellas, tipos e funcións de cada un dos insectos

Con este tipo de obradoiros, os escolares descobren en primeira persoa como se elaboran os produtos de referencia na provincia de Lugo

Leer más

Comeza na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses o VI Campus de Emprendemento Sostible da Deputación

Os participantes recibirán formación especializada sobre viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental e económico-financeira das súas ideas empresariais

O obxectivo desta acción formativa é ofrecer asesoramento sobre a posta en marcha de negocios que manteñan prácticas respectuosas co medio ambiente nos Concellos integrados dentro da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses

As persoas interesadas en participar poden apuntarse no espazo que se atopa habilitado en www.deputacionlugo.gal ou chamando ao 982 227 813

Leer más

Aberto o prazo para participar nas actividades ambientais do 2º trimestre da Deputación, nas dúas Reservas da Biosfera

Ofértanse en total 565 prazas para 18 cursos, dos que 12 terán lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño, e 6 nos distintos Concellos dos Ancares Lucenses

Os obradoiros, gratuítos e de carácter lúdico, están deseñados en función das idades dos participantes, habendo propostas para nenos, adultos e familias. Cursos de enxerto, de coidado das plantas, ou de micoloxía son algunhas das propostas

Os interesados poden apuntarse cubrindo o formulario de solicitude en http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/ ou no teléfono 982 22 78 13. As inscricións faranse por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir as prazas ofertadas

Leer más

Preto de 13.000 escolares plantan bidueiros nos colexios de Lugo, na 8ª Semana da Árbore e da Auga da Deputación

12.848 alumnos de 103 centros educativos de toda a provincia, realizaron actividades dentro desta programación posta en marcha polo Executivo Provincial para conmemorar os días mundiais da árbore e da auga, o 21 e 22 de marzo

Fernández Queipo sumouse á plantación do bidueiro no EEI Fingoi, na capital luguesa. Simultaneamente, alumnos doutros centros escolares levaron a cabo este acto simbólico

O organismo provincial editou os libros titulados A camiñada de Pin e O poder da auga, con historias de ficción axeitadas aos cursos de Educación Infantil e Primaria respectivamente, para achegar ás aulas a importancia da auga

Leer más

Últimas prazas para participar no obradoiro de elaboración de cervexa artesá da Reserva da Biosfera en Cervantes

Trátase dun curso que se celebrará en tres xornadas os días 16, 23 e 30 de marzo, no Edificio de Servizos Multiusos de Cervantes. Ofértanse un total de 24 prazas

Estas actividades gratuítas celébranse ao longo de todo o ano, co fin de fomentar o uso e consumo dos produtos autóctonos da provincia, e de impulsar as prácticas sostibles e responsables co medio ambiente

As sesións terán unha parte práctica na que os participantes terán a oportunidade de elaborar tres tipos de cervexa: a Doble Belgium, Witbier e Stout

Os interesados poden apuntarse cubrindo o formulario de solicitude en http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/ ou no teléfono 982 22 78 13

Leer más

Un libro de investigación recolle “a mirada comprometida e valente dos veciños no rural da Serra dos Ancares”

- O texto é unha síntese da tese doutoral de Vanessa Fernández, e convertese nunha defensa da vida e das persoas dos territorios rurais e de montaña, especialmente daqueles máis afastados
-O Presidente, o Alcalde de Navia e a autora, presentaron esta nova publicación na Casa do Concello de Navia de Suarna, acompañados de veciños e escolares da vila
- Vanessa Fernández Fernández (1984, Murias de Rao-Navia de Suarna), é doutora en Xeografía pola Universidade de Salamanca, tamén é licenciada en Xornalismo e Humanidades, con dous másters. Sempre amosou unha mirada comprometida coa defensa e visibilización destes espazos e dos seus habitantes

Leer más

Cervantes acolle a estrea da curta Quijano, o burro da Escola rodada por alumnos do CEIP ás ordes de Oliver Laxe

Hoxe presentouse o audiovisual sobre a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses rodado “coa mirada, chea de sensibilidade e creatividade” do multipremiado Laxe

Coa estrea, culmina un proxecto dos alumnos do CEIP de Cervantes promovido pola AMPA do colexio e no que participaron alumnos do Centro de Formación Audiovisual

A presentación do filme, de algo máis de 7 minutos de duración, estivo aberta ao público e incluíu unha festa con photocall

Leer más
This site is registered on wpml.org as a development site.