Seis expertos analizan as posibilidades de aproveitamento da resina nunha xornada de balde
O Executivo Provincial xunto coas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, organizou unha xornada sobre a extracción de resina para dar a coñecer, a través da experiencia de expertos na materia, as posibilidades desta actividade económica no rural lugués
O Vicepresidente destacou que a produción de resina ten un grande potencial na provincia de Lugo e que supón unha posta en valor dos recursos da natureza
A Deputación pon en valor a Vía Romana XIX colaborando cunha ruta BTT que terá lugar o sábado
O Executivo Provincial colabora coa Asociación Bike Stop Lugo na organización desta cita, para o que levou a cabo traballos de desbroce en Lugo, O Corgo e Becerreá, nas Reservas da Biosfera de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses
Rivera Capón subliñou que “esta iniciativa serve para dar a coñecer e poñer en valor o noso patrimonio histórico e natural. Trátase dun itinerario bimilenario que durante a época romana comunicaba as cidades fundadas polo Emperador Augusto en Gallaecia”
A cita dará comezo o sábado, con saída ás 9:00 horas dende O Comeal, en Cervantes, e finalizará en torno ás 19:00 horas coa chegada á capital luguesa. En total participarán 30 persoas, que percorrerán os 99 quilómetros deste itinerario romano que conecta a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses coa de Terras do Miño
A Deputación promove o patrimonio natural e histórico da provincia de Lugo con 5 roteiros
Trátase da iniciativa Rutas de Historia, posta en marcha polo portal Historia de Galicia, co patrocinio do Executivo e Abanca, e o apoio de entidades de defensa do patrimonio. As rutas serán por Xove, Sober, Monforte, A Pobra, A Fonsagrada e Becerreá, na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses
Fernández Queipo subliñou que “estas rutas de sendeirismo son un bo reclamo para atraer turistas e dinamizar a economía do rural lugués. Non en vano, na primeira edición dos roteiros que tivo lugar o ano pasado participaron preto de 500 persoas de toda Galicia, que comeron e pernoitaron nos establecementos lucenses”
As andainas comezarán o 15 de setembro e rematarán o 20 de outubro. Teñen unha duración de entre catro e cinco horas e realizaranse durante as mañás do sábado ou domingo. Inscricións en www.rutasdehistoria.com ou www.rutasdehistoria.gal
Últimas 5 prazas para participar de balde no campamento de verán de Navia de Suarna organizado pola Deputación
- Esta iniciativa, destinada a rapazas e rapaces de entre 5 e 12 anos, enmárcase nas actividades medio ambientais e gratuítas que o Executivo organiza na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, correspondentes ao terceiro trimestre do ano
- O campamento celebrarase dende o luns 20 ao venres 24 de agosto de 10:00 a 14:00 horas na Escola de Barcia
- Os interesados poden apuntarse a través da páxina web www.deputacionlugo.gal, cubrindo o pertinente formulario habilitado; a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org; ou ben no teléfono 982 227 813
O Goberno da Deputación promove o VII Encontro de Artesanía de San Román de Cervantes
- García Porto , Gómez Tadín e Calvete Carrera inauguraron a sétima edición deste evento cultural que se celebra no Polideportivo Municipal da localidade
- A Deputada sinalou que “o Executivo colabora con este evento, e faino, para contribuír a dinamizar a economía local e a produción artesanal, así como para contribuír á promoción turística deste Concello da Montaña Lucense”
- A programación inclúe demostracións de oficios tradicionais, como a forxa ou a malla, concursos de pintura e fotografía, billarda e taller musical. Os visitantes poderán degustar produtos típicos da Montaña como mel, embutidos, ou pan
A Deputación destina preto de 70.000 euros para impulsar o turismo científico no territorio Ancares-Courel
- O Goberno da Deputación aprobou este venres a adxudicación deste proxecto para a creación dun ecosistema integrado no territorio Ancares-Courel, dotado dunha inversión de preto de 70.000 euros e que prevé que se leven a cabo 10 accións
- Trátase dun proxecto novidoso que pretende aproveitar o grande potencial da montaña lucense a través dun turismo que vincula esta actividade coa conservación do medio natural e a ciencia
-A iniciativa pretende que se desenvolva neste territorio un turismo de calidade, avalado polo selo Observer Turismo científico, sostible e durante todo o ano
Tras los incendios de Os Ancares llegó la ceniza asesina
A pesar de todas las medidas de la Xunta para evitar arrastres, una parte de las cenizas van a los ríos y mueren las truchas
Expertos ven en el ecoturismo una oportunidad laboral en Os Ancares
Abogan por promocionar recursos como su flora y fauna, la artesanía y las tradiciones
200 persoas poderán participar de balde nas novas actividades medioambientais da Deputación
- Fernández Queipo destacou que “as actividades deste terceiro trimestre están pensadas para o público infantil, por estar en período de vacacións, as actividades de xullo e agosto será para os máis cativos, en setembro retomaranse as actividades para todos os usuarios”
- Identificación de cogomelos, Cultivando plantas en testos e aprendendo a regar ou Apicultura en xeral, son só algunhas das actividades que se impartirán neste trimestre
- As persoas interesadas en participar deberán reservar praza nos correos electrónicos und.medioambiente@deputación.org e ancareslucenses@deputacionlugo.org. Máis información en 982 227 812 e 982 305 930, para Lugo ou 982 227 813, para Ancares Lucenses
Deputación e USC impulsan o aproveitamento sustentable e a valorización da Árnica Montana nas Reservas da Biosfera de Lugo
- O proxecto, financiado con 22.700 euros, permitirá a investigadores do Campus Terra analizar a diversidade xenética desta planta medicinal e establecer parcelas de cultivo