CURSO DE VERÁN “AS PLANTAS MEDICINAIS NO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES E MONTES DE CERVANTES, NAVIA E BECERREÁ”

Fuente: Diputación Provincial de Lugo

– Obxectivo: poñer de relevo a importancia das plantas e fungos medicinais, especialmente daquelas especies que podemos atopar en Galicia, incidindo nos aspectos que posibilitan que poidan ser contempladas como un recurso no medio rural galego, e especialmente nos espazos protexidos, como as Reservas da Biosfera, contribuíndo así ao desenvolvemento rural sostible nestas zonas, sempre respectando a conservación da biodiversidade.

Directores: Antonio Rigueiro Rodríguez e Rosa Romero Franco

Secretaria: Ruth Mª Barros Camba

Direccións de contacto: ruth.barros@usc.es ou antonio.rigueiro@usc.es

Lugar de celebración: Escola Politécnica Superior (EPS) e Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER), Campus de Lugo e Estación Científica do Courel*, Seoane do Courel.

* (O desprazamento á Estación Científica do Courel realizarase en autobús que disporá a organización do curso)

Información xeral: www.ibader.org ou www.usc.es/cultura/veran

Datas de celebración: Semana do 20 ao 23 de xullo

Formalización da matrícula: Directamente por internet (www.usc.es/cultura/veran) ou de forma presencial a partires do 11 de maio. O prazo remata o 10 de xullo

Taxa xeral: 120 €*

Taxa reducida: 70 €* (estudantes de calquera universidade, ciclos formativos ou de secundaria, pensionistas, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC)

* (+ 15 € para todas aquelas persoas que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS)

Solicitada homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación permanente do profesorado (2 Créditos ECTS/LC).


This site is registered on wpml.org as a development site.