Fuente: Deputación de Lugo
– A Praza Maior da capital luguesa acollerá os produtos de 27 profesionais dende este venres e ata o domingo – Monforte de Lemos os días 19, 20 e 21 de agosto; e Lourenzá o 30 de setembro, 1 e 2 de outubro, serán os seguintes destinos da feira ecolóxica
A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Presidente de CRAEGA(Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia), José Antonio Fernández Álvarez, presentaron este mércores a feira ecolóxica “Ágora Verde”, que acollerá a Praza Maior da capital lucense dende este venres e ata o domingo.
A Deputación colabora co CRAEGA na celebración destas iniciativas na provincia, pois, ademais da desta fin de semana en Lugo, tamén as levarán a Monforte de Lemos o 19, 20 e 21 de agosto; e a Lourenzá o 30 de setembro, 1 e 2 de outubro.
López Izquierdo destacou a aposta da Deputación pola agricultura ecolóxica como unha oportunidade económica para a provincia, pois en Lugo concéntranse máis da metade das 20.000 hectáreas que hai en produción en toda Galicia. Segundo datos oficiais sobre este sector na Comunidade e no último ano, o volume de ventas de produtos aumentou en preto dun 7%, xerando un volume de negocio de 33,3 millóns de euros; e o número de operados incrementouse nun 13%, acadando os 721.
Nas feiras ecolóxicas a Deputación divulgará información sobre as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, nas que nos seus planes de acción se promove a agricultura ecolóxica na estratexia de desenvolvemento sostible do territorio.
Neste senso tamén incidiu a Alcaldesa, quen valorou a evolución tan positiva da produción ecolóxica en Galicia, que lle atribuíu ao “gran traballo” que desenvolve CRAEGA. Lara Méndez tamén se mostrou satisfeita porque Lugo acolla a posta de largo do proxecto Ágora Verde, pois para o Concello esta feira supón un elemento dinamizador máis da cidade, cun importante retorno económico e social para a cidade. Ademais, a rexedora avogou polo sector da agricultura ecolóxica como unha oportunidade económica e de emprego
Feiras en Lugo, Monforte e Lourenzá
“Ágora Verde” terá lugar en Lugo os vindeiros días 27, 28 e 29 de maio. O horario será de 17:30 horas ás 21:00 horas o venres; 10:30-14:00/17:30-21:00 horas o sábado; e de 10:30 a 14:00 horas o domingo.
Participarán 27 profesionais: Adega, Teixeiro Lemos, Alicornio, Organic, Lucuors, Amorodo, Apega, Avega, Bubela, Cafés Candelas, Landea en Miño, Casa Anxel, Casa de Villarullo, Caurelor, Celtaverde, Cerveixas Pardao, Condado Padaranta, Daiki, Daveiga, Despensa do avó Francisco, Ingapan, Pecado de outono, Ribela, Souto da Trabe, Sovoral, Terra de Baronceli e Vegalsa.
En Monforte de Lemos, a cita será dende 19, 20 e 21 de agosto. En Lourenzá será o 30 de setembro, 1 e 2 de outubro.Promoción, talleres, encontros, degustacións Nas tres feiras, haberá actos de promoción dos produtos, talleres, presentacións, debates, encontros en torno a agricultura ecolóxica e o seu futuro en Galicia; showcooking, degustacións ou demostracións.