La Diputación celebra en el 2016 el 10º aniversario de la Reserva de la Biosfera dos Ancares Lucenses



Fuente: Diputación provincial de Lugo

– Para el 2016 están previstas una serie de actividades de conmemoración. Con el ánimo de implicar a toda la ciudadanía en el aniversario, se abrirá un concurso de ideas para desarrollar a lo largo del año
– Os Ancares Lucenses e montes de Becerreá, Navia e Cerventes consiguieron una nota global de 72,71 (2,9 puntos por encima de la media nacional) ante el Consejo Gestor que evalúa todas las Reservas de la Biosfera de España

O titular provincial, Darío Campos, presidiu este mércores a reunión do Órgano Reitor  da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. No encontro deuse conta de que no 2016 cumpriranse 10 anos do recoñecemento deste espazo natural pola UNESCO, o 27 de outubro de 2006. Por este motivo, a Deputación de Lugo está a preparar unha serie de actividades que se desenvolverán ao longo do ano vindeiro nos concellos que forman parte da reserva. Co  ánimo de facer partícipe á cidadanía nesta celebración, o ente provincial abrirá os próximos días unha convocatoria para que a xente que así o desexe propoña ideas para a realización de actividades. As ideas poderán ser comunicadas chamando á Deputación de Lugo ou no e-mail ancareslucenses@deputacionlugo.org.

Na reunión deuse conta doutras actividades que se levarán a cabo proximamente na reserva, como a elaboración dun Catálogo Aberto do Patrimonio Inmaterial das Reservas da Biosfera españolas, a participación no proxecto “Recetas da Biosfera” -co que se pretende poñer en valor a gastronomía da rexión dos Ancares- ou a posibilidade de participar nun proxecto ITERREG para a promoción do cultivo ecolóxico de especies vexetais autóctonas de Galicia e do Norte de Portugal que poidan servir para empregar en gastronomía e balneoterapia.

Segundo explicou a Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, o proxecto, nomeado “Emprendemento verde baseado no cultivo ecolóxico de especies susceptibles para usos cosméticos e/ou alimentarios” será unha nova oportunidade para o desenvolvemento rural da área. Por elo, durante a reunión do Órgano de Participación, á que asistiron Alcaldes e asociacións da zona, pediu colaboración “na busca de pequenas PEMES que xa estean a traballar neste eido, aínda que non sexa en ecolóxico. Por exemplo, empresas dedicadas á produción de destilados (aceites esenciais, etc..), infusións, plantas desecadas, vinagres, xabóns, etc., así como establecementos que poidan utilizar ou vender estes produtos de cosmética natural”.

Na reunión deuse conta tamén da nota acadada no Sistema de Indicadores da Rede Española de Reservas da Biosfera (no que se acadou un global dun 72,71 sobre 100, por enriba da media nacional que foi de 69,74 puntos), así como da memoria anual e do sistema de sinalización nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

Balance 2015
Os alcaldes asistentes á reunión do Órgano de Participación valoraron positivamente a memoria anual de 2015, que foi aprobada máis tarde polo Órgano Reitor. Entre as actividades realizadas atópanse a participación en máis de seis seminarios, conferencias ou talleres, como o Ciclo de Conferencias Luis Asorey realizado en colaboración coa Real Academia de Ciencias e USC sobre “Biomasa Forestal e Bioenerxía en Galicia”.  Tamén se valorou a participación no estudo de Reservas da Biosfera europeas de en colaboración co Comité MaB do Reino Unido ou a participación nos Cursos de verán “As plantas medicinais no desenvolvemento sostible das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá” e “Conservación e xestión da biodiversidade en espazos naturais de montaña”, entre outros.

Tamén se presentaron os resultados do III Campus de Emprendemento Sostible, que deu lugar á creación de varias empresas. A Deputada Delegada da Área de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, convidou aos alcaldes da zona a participar nunha xornada de visita ás empresas, para que coñezan e aproveiten os recursos da zona.


This site is registered on wpml.org as a development site.