Noticias

A Deputación ofrece a 80 emprendedores asesoramento gratuíto para xerar ou reconverter empresas

-  O Presidente e a Deputada de Medio Ambiente presentaron o IV Campus de Emprendemento Sostible xunto a participantes de anteriores convocatorias das que resultaron ou melloraron 13 establecementos na provincia
- Por 1ª vez, o Campus chega aos centros con ensinanzas superiores sobre produción agropecuaria, xestión forestal e do medio natural para fomentar o emprendemento como saída laboral. A través de 3 cursos, 60 alumnos coñecerán os elementos para xerar unha empresa e visitarán negocios xa consolidados de emprendedores lucenses
-  O 4º curso do Campus é aberto ao público en xeral e está dirixido a persoas que xa teñen máis avanzada a súa idea de negocio. Inclúe formación especializada, visitas a empresas consolidadas e titorías individuais co obxectivo de consolidar os proxectos

Leer más

A Deputación celebra o 10º aniversario da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses con novas actividades gratuítas

- A Deputada de Medio Ambiente presentou a nova programación que inclúe actividades para unhas 100 persoas en Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna 
- Hai cursos de iniciación á micoloxía e á poda en árbores froiteiras, xornadas agroecolóxicas, conferencias científicas e roteiros polos Concellos
- O prazo está aberto en ancareslucenses@deputacionlugo.org. Máis información no 982227812

Leer más

Encontro anual do Consello de Xestores das Reservas da Biosfera españolas

Durante os días 7, 8 e 9 de setembro tivo lugar nas instalacións do Centro Nacional de Educación Ambiental de Valsaín a reunión anual do Consello de Xestores das Reservas da Biosfera españolas. O Consello constitúese como un órgano técnico de asesoramiento ao Comité Español do MaB e está composto por un representante técnico de cada Reserva da Biosfera española.

O Alcalde do Real Sitio de San Ildefonso clausurou a Reunión do Consello indicando na súa intervención que é un honor para a Reserva de Biosfera do Real Sitio de San Ildefonso-O Espinar acoller unha reunión na que se dan cita os xestores dos 48 espazos que en España teñen este importante recoñecemento como Reservas da Biosfera.

Leer más

A Reserva da Biosfera impulsa os produtos típicos colaborando co V Encontro de Artesanía de San Román de Cervantes

A Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses impulsa os produtos típicos e artes tradicionais da provincia, colaborando co V Encontro de Artesanía de San Román de Cervantes, que ten lugar o 9 de agosto neste concello da montaña luguesa, co gallo da celebración do 10 Aniversario da Reserva.

Enlace ao vídeo da noticia

Leer más

A Deputación organiza a feira agroecolóxica NaturaLugo, coincidindo co congreso internacional de SEAE

- Aberto o prazo para solicitar un dos 60 stands, que se situarán na planta baixa do Pazo de Feiras e Congresos, no correo electrónico info@naturalugo.com
- Concello de Lugo e Asociación Provincial de Hostaleiros farán coincidir nas mesmas datas o concurso de tapas, no que haberá unha categoría especial: a ecotapa ecolóxica
- O municipio habilitará ademais unha liña especial de autobuses para trasladar aos participantes dende o Pazo ao centro da cidade luguesa co obxectivo de dar a coñecer toda a riqueza da capital

Leer más

Máis dun milleiro de persoas participaron nas actividades medioambientais da Deputación

O prazo de inscrición atópase aberto a través da páxina web www.deputacionlugo.gal, no correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org ou no teléfono 982 227 812

Leer más

Celebración do Obradoiro de elaboración de bebidas vexetais en Barcia (Navia de Suarna)

A Deputación de Lugo celebra este ano o 10º aniversario da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses con actividades nos 3 Concellos que integran este espazo natural recoñecido pola UNESCO: Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá. A programación arranca este mes de maio con obradoiros e xornadas formativas para persoas de todas as idades.

O prazo de inscrición xa esta aberto no correo ancareslucenses@deputacionlugo.org ou no teléfono, 982 227 812.

Enlace ao vídeo

Leer más

A Deputación organiza o sábado un roteiro polo Concello de Cervantes

- Os participantes poderán ver o Castro de Santa María, o Castelo de Doiras ou a construción do Conde de Grajal de Campos do s.XV
- Os interesados en participar nesta actividade gratuíta poderán inscribirse en  www.deputacionlugo.gal e no 982227812 

Leer más

Deputación, Concello e CRAEGA celebran en Lugo esta fin de semana a feira ecolóxica “Ágora Verde”

- A Praza Maior da capital luguesa acollerá os produtos de 27 profesionais dende este venres e ata o domingo - Monforte de Lemos os días 19, 20 e 21 de agosto; e Lourenzá o 30 de setembro, 1 e 2 de outubro, serán os seguintes destinos da feira ecolóxica

Leer más
This site is registered on wpml.org as a development site.