A Deputación impulsa a creación de 10 empresas co Campus de Emprendemento Sostible
- 50 persoas recibiron o diploma que avala a participación neste programa dirixido a crear ou remodelar empresas no rural da provincia, fomentando así a creación de postos de traballo.
- Sonsoles López destacou que “a provincia de Lugo ten unha potencialidade a nivel medioambiental e de recursos humanos que non debemos desaproveitar”.
-A través do Campus de Emprendemento, que serviu de centro de reunión de emprendedores lucenses, ofreceuse formación a máis de 120 veciñas e veciños.
O Showcooking Cociña Autóctona da Deputación amosará en Cervantes a arte e os segredos da panadería
- A Panadería Ancares acollerá este venres unha xornada, á que asistirá o Deputado de Xestión Territorial e o Alcalde de Cervantes, e na que os participantes aprenderán a elaborar empanada de liscos, de mazá e rosca de Pascua.
- A iniciativa, financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02, pretende mostralles aos asistentes o potencial turístico da “cociña de proximidade” a través de xornadas de cociña gratuítas, que se alongarán durante os meses de xaneiro e febreiro.
Fallados os premios do concurso fotográfico de Bosques das Reservas
- A fotografía gañadora, que recibirá un premio de 800 euros, leva o nome de Entreaugas, e é a do lucense Óscar Abelleira Ferreirós.
- O segundo e terceiro premio son para Julia García Vizcaíno, coa obra Manto de Outono, e Luís Miguel López Ferreiro, con Mirando dende a ponte
A Deputación de Lugo lanza os 17 primeiros proxectos grazas aos Orzamentos Participativos
- Gómez Besteiro, acompañado do presidente, o vicepresidente e o voceiro da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, e de medio cento de cidadáns, anunciou que o organismo provincial cumprirá co 90% das máis de 150 peticións concretas que fixeron os lucenses.
- Dedica 6 millóns para unha segunda edición do plan BEN EMPREGADO!, fará estudos das alternativas a SOGAMA e das vantaxes da biomasa forestal, un plan de repoboación con especies autóctonas e reforzará a promoción dos produtos da provincia.
- Convocará en xaneiro axudas para a pesca de baixura, horticultura e sector vinícola e poñerá en marcha un banco de casas rurais deshabitadas, ademais de ofrecer becas aos alumnos do Campus cos mellores expedientes.
- “Hoxe é un gran día porque cristaliza unha vella aspiración pola que os veciños levabamos esperando 30 anos. Aqueles que dixeron que isto era fume e propaganda deben rectificar”, subliñou Jesús Vázquez.
A Deputación impulsa o estudo da natureza da provincia colaborando coa Estación Científica do Courel
- O organismo provincial fai unha achega de 34.000 euros para financiar parte das actividades formativas e de investigación que a Universidade leva a cabo na Comarca lucense.
- Lara Méndez destacou que “a través desta achega pomos en valor a riqueza natural da provincia, concienciando aos lucenses da importancia de preservar e manter o medio".
-Esta colaboración inclúese dentro da aposta da Deputación de establecer ao medio ambiente como o factor clave para xerar riqueza e fixar poboación en toda a provincia.
Gómez Besteiro avoga polo municipalismo e agroecoloxía como “un dos camiños de futuro da provincia”
- Así o afirmou o Presidente na sesión inaugural do I Simposio Ibérico de Agroecoloxía e Municipalismo e Desenvolvemento Rural que se está a celebrar na cidade de Lugo.
- O simposio pretende servir como escenario para promocionar as diferentes iniciativas e proxectos municipais agroecolóxicos en diferentes rexións de España e Portugal.
A Deputación impulsa o I Simposio Ibérico de Agroecoloxía, Municipalismo e Desenvolvemento Rural
- O simposio pretende servir como escenario para promocionar as diferentes iniciativas e proxectos municipais agroecolóxicos en diferentes rexións de España e Portugal
- Sonsoles López Izquierdo salientou que “a agroecoloxía é clave para o desenvolvemento e a diversificación económica do rural, pois aposta pola xestión responsable en materia medioambiental e fomenta o autoemprego"
- A iniciativa, que terá lugar os días 12 e 13 de decembro no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo, ofrece 3 mesas de traballo e 5 obradoiros e para participar é preciso cubrir o formulario da páxina www.agroecología.net
Últimos días para presentar os proxectos do II Concurso de fotografía das Reservas
- As fotografías, que deberán se presentadas no Rexistro da Deputación antes do 30 de novembro, tratarán o tema dos Bosques das Reservas Da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, Montes de Navia, Cervantes e Becerreá.
- Os participantes, que deberán ser maiores de idade e non premiados con anterioridade neste certame, poderán optar a 3 premios; o primeiro, de 800 euros, un segundo premio, de 500 euros e finalmente un terceiro, por valor de 300 euros.
A Deputación iniciou a contratación das obras nas pallozas do Piornedo á espera dos permisos da Xunta para poder inicialas
- A institución rematou todos os trámites que son da súa responsabilidade para acometer as actuacións, que financia nun 65,5% con 160.000 euros, mentres a Xunta achega o 34,5% con 100.000 euros a través de fondos europeos.
- O organismo financia con 510.700 euros a mellora da estrada provincial LU-P-0707, de Armesto por Torés ás Nogais, que fai de acceso dende Becerreá e As Nogais á A-6 e a Sarria e rexistra un gran volume de usuarios.
Deputación e Xunta avaliaron hoxe os avances no desenvolvemento do convenio para a rehabilitación e posta en valor das Pallozas do Piornedo
- A Deputación enviará mañá os proxectos ao Concello de Cervantes para que o municipio solicite á Xunta os permisos necesarios para poder iniciar as obras.
- O Pazo de San Marcos acolleu este martes a reunión da Comisión de Seguimento do convenio entre a institución provincial e a autonómica.
- O convenio está dotado de 260.000 euros, financiados nun 65,5% pola Deputación de Lugo e nun 34,5% pola Xunta de Galicia.