Noticias

Palloza para difundir la Reserva da Biosfera

Fuente: La Voz de Galicia La junta de gobierno provincial aprobó un convenio de colaboración con el Concello de Cervantes para abrir el primer centro de interpretación de la Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, para difundir el patrimonio de la montaña lucense. Lo harán en una palloza ...
Leer más

A Deputación potencia o acceso a Internet no rural custeando a conexión vía satélite a 800 veciños, asociacións e PEMES

A Xunta de Goberno aprobou o programa Sateliz@te, que conta cun orzamento de 385.000 euros e está destinado a dotar de banda longa ás zonas de sombra da provincia, o que mellorará a calidade de vida e impulsará o desenvolvemento económico no rural

O organismo provincial outorgará a cada beneficiario unha axuda que cubrirá o 100% do custe da instalación da antena e o equipamento preciso para a conexión, ademais de garantir prezos vantaxosos para o mantemento do servizo, que deberá asumir o usuario

A Deputación investirá 47.000 euros, achegados ó 80% pola Unión Europea, en adaptar e dotar de recursos informativos e didácticos a unha palloza do Concello de Cervantes para convertela nun futuro no primeiro centro de interpretación da Reserva da Biosfera dos Ancares

Leer más

A Deputación potencia a economía e o turismo medioambiental coa sinalización das Reservas, que estará rematada este mes

Un centenar de sinais e paneis identificará estes territorios en 78 vías municipais, provinciais, autonómicas e estatais pertencentes a 29 Concellos

Xunto á sinalización, a Deputación impulsa Terras do Miño e os Ancares coa elaboración dun plan que marcará as liñas estratéxicas de desenvolvemento da zona e a creación de portais web didácticos

Leer más

A Deputación arranca un plan de actuación dotado con 1 millón de euros para impulsar as Reservas Terras do Miño e Os Ancares

Sonsoles López Izquierdo presentou as primeiras actividades dun proxecto financiado ó 70% polo Estado e que persegue difundir os recursos e valores das Reservas, e favorecer a xeración de oportunidades económicas relacionadas co medio ambiente e o rural O programa comeza cun ciclo de 5 xornadas, con acceso libre e gratuíto, que se desenvolverán neste mes de febreiro e abordarán cuestións como a reforma da PAC, o cooperativismo e a demografía ou a xestión de residuos As persoas interesadas en anotarse poden chamar ó número de teléfono 982-26-01-47 ou enviar un correo electrónico a lugo2@deputacionlugo.org

Leer más
This site is registered on wpml.org as a development site.