409 persoas participaron nas actividades gratuítas da Deputación na Reserva da Biosfera nos Ancares Lucenses
Durante o ano 2018, celebráronse 42 iniciativas coas que o Goberno procura pór en valor este territorio e dinamizalo a nivel turístico, económico e social, nos tres Concellos que integran este ecosistema
Fernández Queipo subliñou que “somos conscientes da importancia de promover accións de sensibilización social en defensa da protección do medio ambiente, como neste caso son os territorios de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá”
“Pretendemos resaltar o patrimonio etnográfico, cultural, patrimonial e medio ambiental do territorio integrado por estes tres Concellos de montaña”, destacou
Preto de 500 persoas poderán participar en 2019 nas actividades gratuítas da Deputación na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses
Así o avanzou o Vicepresidente que explicou que son un total de 24 actividades que inclúen cursos de cociña, obradoiros de micoloxía, campamentos para nenos ou estudo do medio natural
O Goberno da Deputación busca contribuír á conservación da contorna medioambiental e poñer en valor os recursos da zona e a gastronomía deste espazo natural, que abrangue os Concellos de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá
Os Ancares lucenses foron declarados Reserva da Biosfera pola UNESCO en 2006. A súa superficie é de 53.664 hectáreas, concentra unha gran riqueza de bens culturais, entre os que figuran dolmens, castros, petróglifos e edificacións históricas
A Deputación abre o prazo para presentar iniciativas que potencien a Vía Romana XIX, nos Ancares
Os membros do órgano participativo da Reserva da Biosfera-Ancares Lucenses teñen ata o 31 de xaneiro para enviar as súas propostas
A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, subliñou que “dado o interese que ten esta Vía Romana dende un punto de vista cultural e turístico, e dentro das posibilidades orzamentarias do ano 2019, propúxose abrir un prazo para a presentación de iniciativas que promovan a súa posta en valor”
A Deputación inicia o 1º proxecto de turismo científico dos Ancares-Courel
O Deputado de Turismo, xunto ao Vicepresidente, presentou esta iniciativa do Plan Estratéxico de Turismo aos 17 Concellos implicados, expertos da USC, representantes de colectivos veciñais e empresas da zona. Todos participarán no mesmo
Desenvolverase nun espazo de 102.635 hectáreas, no que ata finais de ano se definirán todos os recursos turístico-científicos e logo se concretarán as actividades específicas que ofrecer a cidadáns en xeral e profesionais de distintos sectores
Case 20 mozos da ESO de Navia visitan empresas lucenses de éxito no rural para fomentar o emprendemento
Son alumnos do IES de Navia de Suarna que participan no Campus de Emprendemento Sostible da Deputación. Fixérono acompañados polo Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo
Fernández Queipo: “defendemos vivir no rural e do rural e traballamos para conseguir xerar novas oportunidades de negocio, aproveitando os recursos de xeito sostible. É por iso polo que ofrecemos este plan con formación e asesoramento que completamos con visitas, na que os mozos coñecen empresas de éxito no rural”
O Campus de Emprendemento Sostible é unha iniciativa formativa e de asesoramento que puxo en marcha a Deputación de Lugo co fin de buscar novas oportunidades no rural e no que se formaron xa case 500 persoas de todas as idades
Seis expertos analizan as posibilidades de aproveitamento da resina nunha xornada de balde
O Executivo Provincial xunto coas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, organizou unha xornada sobre a extracción de resina para dar a coñecer, a través da experiencia de expertos na materia, as posibilidades desta actividade económica no rural lugués
O Vicepresidente destacou que a produción de resina ten un grande potencial na provincia de Lugo e que supón unha posta en valor dos recursos da natureza
A Deputación pon en valor a Vía Romana XIX colaborando cunha ruta BTT que terá lugar o sábado
O Executivo Provincial colabora coa Asociación Bike Stop Lugo na organización desta cita, para o que levou a cabo traballos de desbroce en Lugo, O Corgo e Becerreá, nas Reservas da Biosfera de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses
Rivera Capón subliñou que “esta iniciativa serve para dar a coñecer e poñer en valor o noso patrimonio histórico e natural. Trátase dun itinerario bimilenario que durante a época romana comunicaba as cidades fundadas polo Emperador Augusto en Gallaecia”
A cita dará comezo o sábado, con saída ás 9:00 horas dende O Comeal, en Cervantes, e finalizará en torno ás 19:00 horas coa chegada á capital luguesa. En total participarán 30 persoas, que percorrerán os 99 quilómetros deste itinerario romano que conecta a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses coa de Terras do Miño
A Deputación promove o patrimonio natural e histórico da provincia de Lugo con 5 roteiros
Trátase da iniciativa Rutas de Historia, posta en marcha polo portal Historia de Galicia, co patrocinio do Executivo e Abanca, e o apoio de entidades de defensa do patrimonio. As rutas serán por Xove, Sober, Monforte, A Pobra, A Fonsagrada e Becerreá, na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses
Fernández Queipo subliñou que “estas rutas de sendeirismo son un bo reclamo para atraer turistas e dinamizar a economía do rural lugués. Non en vano, na primeira edición dos roteiros que tivo lugar o ano pasado participaron preto de 500 persoas de toda Galicia, que comeron e pernoitaron nos establecementos lucenses”
As andainas comezarán o 15 de setembro e rematarán o 20 de outubro. Teñen unha duración de entre catro e cinco horas e realizaranse durante as mañás do sábado ou domingo. Inscricións en www.rutasdehistoria.com ou www.rutasdehistoria.gal
Últimas 5 prazas para participar de balde no campamento de verán de Navia de Suarna organizado pola Deputación
- Esta iniciativa, destinada a rapazas e rapaces de entre 5 e 12 anos, enmárcase nas actividades medio ambientais e gratuítas que o Executivo organiza na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, correspondentes ao terceiro trimestre do ano
- O campamento celebrarase dende o luns 20 ao venres 24 de agosto de 10:00 a 14:00 horas na Escola de Barcia
- Os interesados poden apuntarse a través da páxina web www.deputacionlugo.gal, cubrindo o pertinente formulario habilitado; a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org; ou ben no teléfono 982 227 813
O Goberno da Deputación promove o VII Encontro de Artesanía de San Román de Cervantes
- García Porto , Gómez Tadín e Calvete Carrera inauguraron a sétima edición deste evento cultural que se celebra no Polideportivo Municipal da localidade
- A Deputada sinalou que “o Executivo colabora con este evento, e faino, para contribuír a dinamizar a economía local e a produción artesanal, así como para contribuír á promoción turística deste Concello da Montaña Lucense”
- A programación inclúe demostracións de oficios tradicionais, como a forxa ou a malla, concursos de pintura e fotografía, billarda e taller musical. Os visitantes poderán degustar produtos típicos da Montaña como mel, embutidos, ou pan