O Goberno da Deputación ofrece obradoiros para a hostalería da provincia, co fin de potenciar os recursos micolóxicos



Fuente: Deputación de Lugo

– O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde avanzou que dende o Executivo Provincial continuamos impulsando a Comarca dos Ancares con actividades que contribúen a dinamizar a e potenciar os recursos micolóxicos da provincia

– Esta actividade está dirixida aos profesionais da restauración que queren incorporar na cociña preparacións con cogomelos, e ao mesmo tempo para os que teñen interese en adquirir coñecementos básicos sobre a cociña con estes produtos naturais

– Os obradoiros consistiron en sesións prácticas impartidos polo cociñeiro Héctor López, con ampla experiencia na cociña dos cogomelos e a súa divulgación, e coa colaboración de Julian Alonso, técnico da USC e experto en micoloxía

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, asistiu este mércores ao curso-obradoiro de cogomelos que se celebra no C.P.I de Cervantes, e que financia o organismo provincial a través do convenio de colaboración da USC de 35.000 euros que o Goberno da Deputación realiza á Estación Científica do Courel. Os obradoiros consistiron en duas sesións prácticas impartidas polo cociñeiro Héctor López, con ampla experiencia na cociña dos cogomelos e a súa divulgación, así como coa colaboración de Julian Alonso, técnico da USC e experto en micoloxía.

 

Vidal Baamonde remarcou que “esta actividade está dirixida aos profesionais da restauración que queren incorporar na cociña preparacións con cogomelos, e ao mesmo tempo para os que teñen interese en adquirir coñecementos básicos sobre a cociña con estes produtos. Por iso dende o Executivo Provincial continuamos impulsando a Comarca dos Ancares con actividades coma esta, xa que contribúen a dinamizar e potenciar os recursos micolóxicos que hai na provincia, co obxectivo de poder empregalos para ampliar a oferta turística e económica lucense”.

 

O Deputado avanzou que “durante os últimos anos, ten aumentado moi notablemente o interese polo aproveitamento micolóxico, debido á súa importancia ecolóxica, nutricional, gastronómica e, ademais, lúdico turista. Con esta xornada os profesionais coñecen de primeira man as grandes receitas de cogomelos, así como a diversidade de especies coas que contamos na nosa provincia.”


This site is registered on wpml.org as a development site.