{"id":10475,"date":"2012-02-02T00:00:00","date_gmt":"2012-02-02T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/a-deputacion-arranca-un-plan-de-actuacion-dotado-con-1-millon-de-euros-para-impulsar-as-reservas-terras-do-mino-e-os-ancares\/"},"modified":"2023-09-18T12:26:20","modified_gmt":"2023-09-18T12:26:20","slug":"a-deputacion-arranca-un-plan-de-actuacion-dotado-con-1-millon-de-euros-para-impulsar-as-reservas-terras-do-mino-e-os-ancares","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-arranca-un-plan-de-actuacion-dotado-con-1-millon-de-euros-para-impulsar-as-reservas-terras-do-mino-e-os-ancares\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n arranca un plan de actuaci\u00f3n dotado con 1 mill\u00f3n de euros para impulsar as Reservas Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares"},"content":{"rendered":"<p>Sonsoles L\u00f3pez Izquierdo presentou as primeiras actividades dun proxecto financiado \u00f3 70% polo Estado e que persegue difundir os recursos e valores das Reservas, e favorecer a xeraci\u00f3n de oportunidades econ\u00f3micas relacionadas co medio ambiente e o rural O programa comeza cun ciclo de 5 xornadas, con acceso libre e gratu\u00edto, que se desenvolver\u00e1n neste mes de febreiro e abordar\u00e1n cuesti\u00f3ns como a reforma da PAC, o cooperativismo e a demograf\u00eda ou a xesti\u00f3n de residuos As persoas interesadas en anotarse poden chamar \u00f3 n\u00famero de tel\u00e9fono 982-26-01-47 ou enviar un correo electr\u00f3nico a lugo2@deputacionlugo.org<\/p>\n<p>A Deputada de Medio Ambiente e Enerx\u00edas Renovables, Sonsoles L\u00f3pez Izquierdo, presentou este xoves en San Marcos as actividades coas que a Deputaci\u00f3n pon en marcha un plan de actuaci\u00f3n dotado con 1 mill\u00f3n de euros para garantir a conservaci\u00f3n e impulsar o desenvolvemento sostible das Reservas da Biosfera de Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses, espazos protexidos pola UNESCO dos que o organismo provincial \u00e9 o m\u00e1ximo responsable. O proxecto \u00e9 froito dun convenio asinado entre a instituci\u00f3n luguesa e o Ministerio de Medio Ambiente, segundo o que o departamento estatal achega o 70% do orzamento. L\u00f3pez Izquierdo explicou que os obxectivos fundamentais son, \u201cpor unha banda, difundir de xeito rigoroso e atractivo entre a cidadan\u00eda en xeral e entre os profesionais vinculados a todo o que ten que ver co medio ambiente, en particular, as caracter\u00edsticas e recursos das Reservas da Biosfera para garantir a s\u00faa conservaci\u00f3n e xesti\u00f3n sostible e, por outro lado, favorecer a xeraci\u00f3n de emprego e fixar poboaci\u00f3n impulsando novas actividades econ\u00f3micas relacionadas co medio ambiente e o rural\u201d. A Deputada ofreceu un dato que \u201cd\u00e1 boa idea do potencial laboral que ten o medio ambiente: O n\u00famero de postos de traballo relacionados con este \u00e1mbito medrou en Espa\u00f1a na \u00faltima d\u00e9cada nun 235%, superando a d\u00eda de hoxe \u00f3s 500.000 empregos -24.000 deles en Galicia-, e prevese ademais chegar \u00f3s 2,5 mill\u00f3ns no ano 2020 en todo o pa\u00eds. As opci\u00f3ns son numerosas: ademais da xesti\u00f3n de residuos e da auga, est\u00e1 o ecoturismo, enerx\u00edas renovables, protecci\u00f3n e mantemento de zonas naturais, servizos ambientais a empresas, I+D+i&#8230;\u201d As acci\u00f3n coas que a Deputaci\u00f3n arranca o convenio do Ministerio de Medio Ambiente son 5 xornadas formativas e de divulgaci\u00f3n medioambiental, con acceso libre e gratu\u00edto, que se desenvolver\u00e1n \u00f3 longo deste mes de febreiro e que \u201ctratar\u00e1n temas de completa actualidade e prioridade para a nosa provincia, como por exemplo: a reforma da PAC, o cooperativismo e a demograf\u00eda, o tratamento de augas residuais ou a xesti\u00f3n dos xurros das explotaci\u00f3ns gandeiras\u201d, resaltou L\u00f3pez Izquierdo. Datas e contidos A programaci\u00f3n das xornadas organizada polo organismo provincial \u00e9 a seguinte: 1. O Medio Ambiente e a Nova Pol\u00edtica Agraria Com\u00fan: Esta primeira xornada ter\u00e1 lugar o vindeiro xoves, 9 de febreiro, entre as 11:00 e as 14:30 horas, no Sal\u00f3n de Actos da Granxa Gayoso Castro, en Castro Ribeiras de Lea. Est\u00e1 dirixida principalmente \u00f3 sector agrogandeiro, a\u00ednda que poder\u00e1 participar calquera persoa interesada. O aforo m\u00e1ximo ser\u00e1 de 200 persoas. O eixo deste encontro ser\u00e1 a nova reforma da PAC de cara a 2014, que nestes momentos est\u00e1 en plena fase de debate no seo da Comisi\u00f3n Europea. \u201cSen d\u00fabida, esta \u00e9 a pol\u00edtica com\u00fan m\u00e1is importante, e as directrices que marca e os fondos orzamentarios que fixa te\u00f1en unha incidencia directa sobre a nosa provincia, dado o peso fundamental que ten a agricultura e a gander\u00eda no noso tecido socioecon\u00f3mico\u201d, argumentou a Deputada de Medio Ambiente. O conferenciante ser\u00e1 secretario do sindicato Uni\u00f3ns Agrarias en Lugo, Jos\u00e9 Rodr\u00edguez Blanco. No marco da mesma xornada, ter\u00e1 lugar tam\u00e9n unha conferencia sobre o tratamento de xurros e as subvenci\u00f3ns existentes neste \u00e1mbito, que ofrecer\u00e1 a empresa Novotec, unha das consultoras de medio ambiente m\u00e1is prestixiosas de Espa\u00f1a. Sonsoles L\u00f3pez sinalou que se decidiu tocar este tema \u201cporque a aplicaci\u00f3n dos residuos procedentes da actividade gandeira na agricultura de maneira descontrolada ten un impacto moi negativo no solo e nos acu\u00edferos, e hai que po\u00f1erlle fin\u201d. Finalmente, haber\u00e1 unha charla sobre o primeiro centro de recr\u00eda p\u00fablico en Espa\u00f1a, que est\u00e1 a levantar a Deputaci\u00f3n na Granxa Gayoso Castro, e unha visita guiada \u00e1s obras. O director da propia Granxa, Miguel \u00c1ngel Fern\u00e1ndez, e Elena Iglesias, a delegada en Lugo de Tragsa -a empresa que acomete as obras- acompa\u00f1ar\u00e1n \u00f3s participantes no percorrido para darlles as explicaci\u00f3ns e a informaci\u00f3n que requiran. 2. Xornada O Cooperativismo, unha F\u00f3rmula contra o Despoboamento e presentaci\u00f3n do libro Lugo Reacciona O d\u00eda 15 de febreiro, no Sal\u00f3n de Actos da Deputaci\u00f3n, celebraranse d\u00faas convocatorias estreitamente vinculadas: a xornada O Cooperativismo, unha f\u00f3rmula contra o despoboamento, que ter\u00e1 lugar entre as 16:30 e as 19:30 horas, e a presentaci\u00f3n do libro sobre demograf\u00eda Lugo Reacciona. Debate con propostas de futuro contra o despoboamento demogr\u00e1fico, prevista para \u00e1s 19:45 horas. \u201cAmbos actos est\u00e1n intimamente vinculados porque o tema que se tratar\u00e1 nas xornadas, o cooperativismo, \u00e9 unha das principais propostas que figura no libro Lugo Reacciona para frear a ca\u00edda libre da poboaci\u00f3n que est\u00e1 sufrindo a nosa provincia. Galicia \u00e9 tradicionalmente minifundista \u2013microfundista din alg\u00fans-, ata o \u00faltimo extremo. O que queremos \u00e9 que pase a ser cooperativista, xuntando recursos humanos e materiais para aforrar custes de produci\u00f3n e aumentalos beneficios\u201d, argumentou a Deputada. En \u00e1mbolos dous actos participar\u00e1n os mellores expertos na materia, os mesmos que fixeron no libro Lugo Reacciona unha rigorosa an\u00e1lise da situaci\u00f3n, das causas e das posibles sa\u00eddas. Entre eles est\u00e1n Xos\u00e9 Gabriel V\u00e1zquez Fern\u00e1ndez, o director das xornadas e doutor en Sociolox\u00eda; Jos\u00e9 Manuel Colmenero \u00c1lvarez, delegado en Lugo do Instituto Nacional de Estat\u00edstica; Andr\u00e9s Precedo Ledo, catedr\u00e1tico de Xeograf\u00eda Humana da Universidade de Santiago; e Melchor Fern\u00e1ndez, director do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC. 3. Xornada Formativa sobre a Depuraci\u00f3n de Augas Residuais Ter\u00e1 lugar o d\u00eda 16 de febreiro, entre as 10:00 e as 14:00 horas. Sonsoles L\u00f3pez sinalou que \u201cnestas xornadas invitamos a t\u00e9cnicos municipais relacionados coa campo do medio ambiente a co\u00f1ecer a Estaci\u00f3n Depuradora de Augas Residuais de Lugo, unha infraestrutura punteira e mod\u00e9lica a nivel galego, tanto pola obra civil realizada, como pola s\u00faa avanzada tecnolox\u00eda\u201d. De feito, este proxecto foi distinguido polos Premios San Telmo de 2011 por ser a mellor obra civil terminada nese ano na comunidade aut\u00f3noma. Os Premios San Telmo conv\u00f3caos o Colexio de Enxe\u00f1eiros de Cami\u00f1os, Canais e Portos de Galicia para premiar a integraci\u00f3n medioambiental das obras realizadas na comunidade e a s\u00faa influencia na mellora da calidade de vida dos galegos. O t\u00e9cnico de Medio Ambiente do Concello de Lugo, Miguel \u00c1ngel Negral, dirixir\u00e1 a visita \u00e1 EDAR, na que poder\u00e1n participar como m\u00e1ximo 25 persoas. As prazas cubriranse por orde de inscrici\u00f3n. 4. Xornadas L\u00fadico-Formativas sobre o Complexo H\u00famido Terra Ch\u00e1 para Escolares Ter\u00e1n lugar os s\u00e1bados d\u00eda 11 e 25 de febreiro, entre as 17:00 e as 19:30 horas, no Centro de Interpretaci\u00f3n Terras do Mi\u00f1o. Est\u00e1n dirixidas \u00f3s escolares que cursan Educaci\u00f3n Primaria na Terra Ch\u00e1 e consiste nunha actividade did\u00e1ctica na que se lles mostrar\u00e1 \u00f3s nenos de xeito divertido a importancia dos r\u00edos, e a s\u00faa fauna e flora. Para elo, traballar\u00e1n sobre un manual con coidados textos e debuxos que se lles entregar\u00e1 ese d\u00eda. Os pais e as nais dos rapaces poder\u00e1n participar nas actividades, que dirixir\u00e1n investigadores da Universidade de Santiago. Neste caso, as prazas tam\u00e9n son limitadas -haber\u00e1 25 por sesi\u00f3n- e cubriranse por rigoroso orde de inscrici\u00f3n. 5. Xornadas T\u00e9cnicas sobre as Reservas da Biosfera de Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Por \u00faltimo, estas xornadas sobre as Reservas ter\u00e1n lugar os d\u00edas 23 e 24 de febreiro en Madrid, na Universidade Polit\u00e9cnica. Segundo destacou a Deputada de Medio Ambiente, a decisi\u00f3n de levar este seminario \u00e1 capital espa\u00f1ola responde \u201ca un dos nosos obxectivos fundamentais: difundir e concienciar dos valores e recursos naturais do noso territorio \u00e1 cidadan\u00eda en xeral, pero en especial \u00f3s profesionais que, dun xeito ou outro, est\u00e1n vinculados co medio ambiente. Cremos que esta \u00e9 unha das f\u00f3rmulas para garantir a conservaci\u00f3n e o desenvolvemento sostible\u201d. Nestas xornadas haber\u00e1 estudantes e mozos titulados en enxe\u00f1er\u00edas, turismo, ciencias ambientais e biol\u00f3xicas, entre outras ramas, \u201ce falaremos das caracter\u00edsticas das Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares, pero tam\u00e9n do que facemos na Deputaci\u00f3n para impulsar estes territorios, desde o punto de vista da conservaci\u00f3n e do econ\u00f3mico, como pode ser a creaci\u00f3n das marcas de calidade Lug0Sabe e Lug02 para po\u00f1er en valor os nosos produtos aut\u00f3ctonos e os servizos de hospedaxe, ou a certificaci\u00f3n ambiental ISO 14001 implantada nas praias mari\u00f1anas, que abre unha nova v\u00eda de promoci\u00f3n da Costa\u201d, asegurou L\u00f3pez Izquierdo. Como informarse e inscribirse Todas aquelas persoas que estean interesadas en recibir informaci\u00f3n ou anotarse nesta serie de xornadas poden chamar \u00f3 n\u00famero de tel\u00e9fono 982-26-01-47, ou ben enviar un correo electr\u00f3nico \u00e1 direcci\u00f3n: lugo2@deputacionlugo.org O prazo permanecer\u00e1 aberto hasta esgotarse as prazas dispo\u00f1ibles. Outras actuaci\u00f3ns Outras das actuaci\u00f3ns previstas no convenio co Ministerio de Medio Ambiente consistir\u00e1n en potenciar rutas de interese nas Reservas Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares, impulsar os negocios da zona; desenvolver campa\u00f1as de informaci\u00f3n en colaboraci\u00f3n coas empresas para a posta en valor dos servizos existentes nas Reservas; sinalizar as Reservas segundo as directrices da Rede Espa\u00f1ola de Reservas da Biosfera; e crear p\u00e1xinas web con toda a informaci\u00f3n econ\u00f3mica, social e ambiental destes espazos protexidos. Este proxecto complementa as iniciativas que a Deputaci\u00f3n levar\u00e1 adiante no marco da segunda fase do plan Lug02, cuxo \u00e1mbito de cobertura esta vez ser\u00e1 toda a provincia. Dotado con 6,5 mill\u00f3ns de euros, est\u00e1 financiado \u00f3 70% pola UE.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Sonsoles L&oacute;pez Izquierdo presentou as primeiras actividades dun proxecto financiado &oacute; 70% polo Estado e que persegue difundir os recursos e valores das Reservas, e favorecer a xeraci&oacute;n de oportunidades econ&oacute;micas relacionadas co medio ambiente e o rural O programa comeza cun ciclo de 5 xornadas, con acceso libre e gratu&iacute;to, que se desenvolver&aacute;n neste mes de febreiro e abordar&aacute;n cuesti&oacute;ns como a reforma da PAC, o cooperativismo e a demograf&iacute;a ou a xesti&oacute;n de residuos As persoas interesadas en anotarse poden chamar &oacute; n&uacute;mero de tel&eacute;fono 982-26-01-47 ou enviar un correo electr&oacute;nico a lugo2@deputacionlugo.org<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10475","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10475","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10475"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10475\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10475"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10475"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10475"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}