{"id":10476,"date":"2013-01-10T00:00:00","date_gmt":"2013-01-10T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/a-deputacion-potencia-a-economia-e-o-turismo-medioambiental-coa-sinalizacion-das-reservas-que-estara-rematada-este-mes\/"},"modified":"2023-09-18T12:26:17","modified_gmt":"2023-09-18T12:26:17","slug":"a-deputacion-potencia-a-economia-e-o-turismo-medioambiental-coa-sinalizacion-das-reservas-que-estara-rematada-este-mes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-potencia-a-economia-e-o-turismo-medioambiental-coa-sinalizacion-das-reservas-que-estara-rematada-este-mes\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n potencia a econom\u00eda e o turismo medioambiental coa sinalizaci\u00f3n das Reservas, que estar\u00e1 rematada este mes"},"content":{"rendered":"<p>Un centenar de sinais e paneis identificar\u00e1 estes territorios en 78 v\u00edas municipais, provinciais, auton\u00f3micas e estatais pertencentes a 29 Concellos<\/p>\n<p>Xunto \u00e1 sinalizaci\u00f3n, a Deputaci\u00f3n impulsa Terras do Mi\u00f1o e os Ancares coa elaboraci\u00f3n dun plan que marcar\u00e1 as li\u00f1as estrat\u00e9xicas de desenvolvemento da zona e a creaci\u00f3n de portais web did\u00e1cticos<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n de Lugo dota de sinalizaci\u00f3n \u00f3s espazos das Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares, un proxecto que estar\u00e1 completado neste mes de xaneiro, e co que o organismo provincial pon en valor estes territorios e potencia a econom\u00eda e o turismo medioambiental na provincia. Un centenar de sinais e paneis \u2013en concreto, 91- identificar\u00e1 as Reservas en 78 v\u00edas pertencentes a 29 Concellos, todos que os que forman parte destes espazos reco\u00f1ecidos pola UNESCO. Desas estradas, 13 son municipais; 57 provinciais; 3 auton\u00f3micas e 5 estatais.<\/p>\n<p>A sinalizaci\u00f3n das Reservas conta con un orzamento de preto de 102.000 euros, financiados nun 66% polo Ministerio de Medio Ambiente, de xeito que o departamento estatal achega 67.300 euros e a Deputaci\u00f3n, 34.700.<\/p>\n<p>Os indicadores sit\u00faanse en puntos xeogr\u00e1ficos estrat\u00e9xicos, como \u00e1 entrada \u00e1 provincia polas autov\u00edas do Noroeste e do Cant\u00e1brico; nas intersecci\u00f3n das principais estradas que discorren pola zona; e \u00e1 entrada e \u00e1 sa\u00edda de cada un dos municipios que integran as Reservas, que son, no caso de Terras do Mi\u00f1o: Ourol, O Valadouro, Muras, Alfoz, Mondo\u00f1edo, Abad\u00edn, Xermade, Vilalba, A Pastoriza, Riotorto, Guitiriz, Cospeito, Meira, Begonte, R\u00e1bade, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Pol, Lugo, Friol, Castroverde, Gunt\u00edn, O Corgo, Baralla, O P\u00e1ramo e L\u00e1ncara; e no caso dos Ancares Lucenses: Navia de Suarna, Cervantes e Becerre\u00e1. As restantes, sobre todo paneis informativos e descriptivos, col\u00f3canse nos lugares de maior riqueza natural como pode ser, por exemplo, o Complexo H\u00famido da Terra Ch\u00e1.<\/p>\n<p>Ningunha restrici\u00f3n<\/p>\n<p>A colocaci\u00f3n destas sinais, ou a propia declaraci\u00f3n das Reservas da Biosfera, non leva consigo ningunha restrici\u00f3n da actividade agropecuaria, forestal ou tur\u00edstica da zona. Polo contrario, sup\u00f3n un valioso reco\u00f1ecemento a nivel internacional \u00f3 alto valor paisax\u00edstico, ambiental e etnogr\u00e1fico destes territorios e sup\u00f3n unha oportunidade para o seu desenvolvemento socioecon\u00f3mico.<\/p>\n<p>M\u00e1is acci\u00f3ns estrat\u00e9xicas<\/p>\n<p>Ademais da sinalizaci\u00f3n das Reservas da Biosfera, a Deputaci\u00f3n de Lugo ten en marcha na actualidade outras tres actuaci\u00f3ns estrat\u00e9xicas co obxectivo de impulsar o desenvolvemento sostible destes territorios e garantir a continuidade das declaraci\u00f3ns da UNESCO ante a revisi\u00f3n que este organismo internacional far\u00e1 neste ano 2013. Tr\u00e1tase das seguintes iniciativas:<\/p>\n<p>O organismo provincial, en colaboraci\u00f3n cos colectivos sociais e profesionais que forman parte dos \u00f3rganos de xesti\u00f3n das Reservas, est\u00e1 a elaborar o denominado Plan de Acci\u00f3n, un instrumento que marcar\u00e1 as li\u00f1as estrat\u00e9xicas de conservaci\u00f3n e desenvolvemento destes espazos nos pr\u00f3ximos 10 anos.<\/p>\n<p>Est\u00e1 catalogando, en colaboraci\u00f3n coa Universidade de Santiago, o territorio das Reservas en funci\u00f3n das s\u00faas caracter\u00edsticas ambientais.<\/p>\n<p>E adxudicar\u00e1 nunhas semanas os traballos para a creaci\u00f3n de portais web did\u00e1cticos para difundir a riqueza natural, cultural e etnogr\u00e1fica de Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares entre todo tipo de p\u00fablico: nenos, maiores, profesores, estudantes, cient\u00edficos ou particulares.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un centenar de sinais e paneis identificar&aacute; estes territorios en 78 v&iacute;as municipais, provinciais, auton&oacute;micas e estatais pertencentes a 29 Concellos<\/p>\n<p>Xunto &aacute; sinalizaci&oacute;n, a Deputaci&oacute;n impulsa Terras do Mi&ntilde;o e os Ancares coa elaboraci&oacute;n dun plan que marcar&aacute; as li&ntilde;as estrat&eacute;xicas de desenvolvemento da zona e a creaci&oacute;n de portais web did&aacute;cticos<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11253,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10476","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10476","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10476"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10476\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11253"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10476"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10476"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10476"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}