{"id":10480,"date":"2013-05-03T00:00:00","date_gmt":"2013-05-03T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/a-deputacion-potencia-o-acceso-a-internet-no-rural-custeando-a-conexion-via-satelite-a-800-vecinos-asociacions-e-pemes\/"},"modified":"2023-09-18T12:25:58","modified_gmt":"2023-09-18T12:25:58","slug":"a-deputacion-potencia-o-acceso-a-internet-no-rural-custeando-a-conexion-via-satelite-a-800-vecinos-asociacions-e-pemes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-potencia-o-acceso-a-internet-no-rural-custeando-a-conexion-via-satelite-a-800-vecinos-asociacions-e-pemes\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n potencia o acceso a Internet no rural custeando a conexi\u00f3n v\u00eda sat\u00e9lite a 800 veci\u00f1os, asociaci\u00f3ns e PEMES"},"content":{"rendered":"<p>A Xunta de Goberno aprobou o programa Sateliz@te, que conta cun orzamento de 385.000 euros e est\u00e1 destinado a dotar de banda longa \u00e1s zonas de sombra da provincia, o que mellorar\u00e1 a calidade de vida e impulsar\u00e1 o desenvolvemento econ\u00f3mico no rural<\/p>\n<p>O organismo provincial outorgar\u00e1 a cada beneficiario unha axuda que cubrir\u00e1 o 100% do custe da instalaci\u00f3n da antena e o equipamento preciso para a conexi\u00f3n, ademais de garantir prezos vantaxosos para o mantemento do servizo, que deber\u00e1 asumir o usuario<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n investir\u00e1 47.000 euros, achegados \u00f3 80% pola Uni\u00f3n Europea, en adaptar e dotar de recursos informativos e did\u00e1cticos a unha palloza do Concello de Cervantes para convertela nun futuro no primeiro centro de interpretaci\u00f3n da Reserva da Biosfera dos Ancares<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n de Lugo d\u00e1 un paso m\u00e1is no seu esforzo por xeneralizar o uso das novas tecnolox\u00edas na provincia co dobre obxectivo de mellorar a calidade de vida dos veci\u00f1os e impulsar o desenvolvemento econ\u00f3mico para crear emprego e fixar poboaci\u00f3n. Deste xeito, pon en marcha o programa Sateliz@ate, unha nova li\u00f1a de axudas encami\u00f1ada a potenciar o acceso a Internet na zona rural, a trav\u00e9s do que o organismo lugu\u00e9s custear\u00e1 a conexi\u00f3n v\u00eda sat\u00e9lite a uns 800 veci\u00f1os, asociaci\u00f3ns sen \u00e1nimo de lucro e PEMES. As\u00ed o anunciou este venres o voceiro provincial socialista, Manuel Mart\u00ednez, quen explicou que o proxecto, aprobado hoxe na Xunta de Goberno, conta con 385.000 euros de orzamento e financiar\u00e1 a dotaci\u00f3n de banda longa a zonas de sombra da provincia, \u201caquelas onde non existe a posibilidade de contar con outro tipo de cobertura\u201d.<\/p>\n<p>Cada beneficiario do programa Sateliz@te recibir\u00e1 unha axuda que cubrir\u00e1 o 100% do custe da antena, a s\u00faa instalaci\u00f3n e os equipamentos precisos para a conexi\u00f3n, como pode ser un router. A cont\u00eda m\u00e1xima de cada subvenci\u00f3n ser\u00e1 de 500 euros. O usuario deber\u00e1 asumir despois o mantemento do servizo, a\u00ednda que a Deputaci\u00f3n garantir\u00e1 tarifas vantaxosas, pois pactar\u00e1 o subministro con varias operadoras de telecomunicaci\u00f3ns. A velocidade de Internet da que dispo\u00f1er\u00e1n ser\u00e1 dun m\u00ednimo de 2 Mb, mentres que o m\u00e1ximo depender\u00e1 do tipo de contrato que o usuario formalice coas empresas colaboradoras coas que contar\u00e1 a instituci\u00f3n luguesa, a\u00ednda que poder\u00eda chegar \u00f3s 12 Mb.<\/p>\n<p>Os destinatarios das axudas poden ser particulares, asociaci\u00f3ns sen \u00e1nimo de lucro, ou ben pequenas e medianas empresas, que residan ou desenvolvan a s\u00faa actividade na zona rural da provincia, \u00e9 dicir, todo o territorio lucense, a excepci\u00f3n do per\u00edmetro urbano definido como tal no Plan Xeral de Ordenaci\u00f3n Municipal (PXOM) de Lugo, e que non dispo\u00f1an de cobertura de banda longa de polo menos 2 megas mediante outra tecnolox\u00eda.<\/p>\n<p>Dado que o orzamento total do plan de acceso a Internet rural Sateliz@te \u00e9 de 385.000 euros e que a cont\u00eda de cada subvenci\u00f3n non superar\u00e1 os 500 euros, os beneficiarios poder\u00e1n ser un m\u00ednimo de 770 particulares ou entidades.<\/p>\n<p>Unha vez aprobado hoxe na Xunta de Goberno a execuci\u00f3n do programa, as\u00ed como as bases e modelos que rexer\u00e1n o procedemento de concesi\u00f3n de subvenci\u00f3ns, a Deputaci\u00f3n iniciar\u00e1 o proceso para seleccionar \u00e1s empresas colaboradoras. Estima que o prazo de solicitude das axudas se abrir\u00e1 a principios de xullo, a\u00ednda que informar\u00e1 puntualmente da data exacta en canto estea fixada.<\/p>\n<p>\u201cPaliamos o d\u00e9ficit de infraestruturas tecnol\u00f3xicas\u201d<\/p>\n<p>Con esta iniciativa, a Deputaci\u00f3n contrib\u00fae \u201ca paliar o d\u00e9ficit de infraestruturas tecnol\u00f3xicas \u00f3 que historicamente se veu sometida esta provincia, que, de feito, \u00e9, de entre as catro galegas, a que peores datos amosa en cobertura de banda longa\u201d, asegurou Mart\u00ednez, subli\u00f1ando \u00f3 mesmo tempo as \u201cimportantes actuaci\u00f3ns\u201d que veu desenvolvendo a instituci\u00f3n luguesa nos 6 \u00faltimos anos para corrixir esta situaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Lembrou, neste senso, proxectos emblem\u00e1ticos, como o Innova-TE, financiado pola Uni\u00f3n Europea e do se est\u00e1 a desenvolver unha segunda fase dotada con 15 mill\u00f3ns de euros de orzamento; o Parnet-TIC, un plan tam\u00e9n financiado pola UE que xa rematou, encami\u00f1ado a potenciar os uso das TIC no medio rural; e o Centro de Innovaci\u00f3n Social In Lugo, tam\u00e9n dirixido a difundir as vantaxes da utilizaci\u00f3n das novas tecnolox\u00edas para a vida persoal e profesional.<\/p>\n<p>De feito, tal e como destacou o voceiro socialista, potenciar o uso das novas tecnolox\u00edas \u00e9 unha das apostas estrat\u00e9xicas da acci\u00f3n de Goberno da Deputaci\u00f3n porque \u201cmelloran a calidade de vida e o benestar dos cidad\u00e1ns; garanten un desenvolvemento equilibrado do territorio; e fortalecen o tecido empresarial, xa que aumentan a competitividade e produtividade das empresas, ademais de facilitar o seu funcionamento e axilizar a s\u00faa posta en marcha\u201d. O acceso \u00e1s TIC \u00e9 particularmente importante nas zonas rurais, pois evita o illamento e favorece a posta en marcha e funcionamento de novas iniciativas empresariais, que contrib\u00faen a fixar poboaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Novo impulso \u00e1 Reserva dos Ancares<\/p>\n<p>A Xunta de Goberno aprobou tam\u00e9n na sesi\u00f3n de hoxe un convenio de colaboraci\u00f3n co Concello de Cervantes para adaptar e dotar de todo tipo de recursos informativos e did\u00e1cticos a unha palloza desta localidade da Monta\u00f1a, situada en San Rom\u00e1n, co obxectivo de convertela nun futuro no primeiro centro de interpretaci\u00f3n da Reserva da Biosfera dos Ancares, o que supo\u00f1er\u00e1 \u201cun novo impulso \u00f3 desenvolvemento socioecon\u00f3mico deste territorio de gran valor ambiental\u201d, indicou Manuel Mart\u00ednez.<\/p>\n<p>O investimento previsto nas obras de adecuaci\u00f3n e dotaci\u00f3n de recursos ser\u00e1 de 46.800 euros, financiados nun 80% pola Uni\u00f3n Europea a trav\u00e9s do programa Lug02. As actuaci\u00f3ns desenvolveranse nun prazo de 6 meses, contados a partir da sinatura do convenio, en virtude do que o Concello cede a palloza e a Deputaci\u00f3n oc\u00fapase da adaptaci\u00f3n e dotaci\u00f3n de contidos. Unha vez conclu\u00eddos os traballos, a entidade local farase cargo do seu mantemento.<\/p>\n<p>O voceiro provincial socialista lembrou que a Deputaci\u00f3n est\u00e1 a traballar na elaboraci\u00f3n nunha p\u00e1xina web did\u00e1ctica sobre a Reserva dos Ancares, polo que os seus recursos multimedia poder\u00e1n ser utilizados para dar contido \u00f3 centro de interpretaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Esta futura aula, engadiu, cumprir\u00e1 dous obxectivos fundamentais: por un lado, difundir entre todo tipo de p\u00fablico -nenos e maiores, profesores, estudantes, cient\u00edficos ou particulares- a riqueza natural, cultural, etnogr\u00e1fica e patrimonial da Reserva dos Ancares para impulsar a s\u00faa posta en valor e conservaci\u00f3n, as\u00ed como xerar riqueza na provincia aproveitando os recursos naturais; e por outro lado, a Deputaci\u00f3n segue a po\u00f1er os piares necesarios para garantir o mantemento da declaraci\u00f3n da Reserva por parte da UNESCO.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Xunta de Goberno aprobou o programa Sateliz@te, que conta cun orzamento de 385.000 euros e est&aacute; destinado a dotar de banda longa &aacute;s zonas de sombra da provincia, o que mellorar&aacute; a calidade de vida e impulsar&aacute; o desenvolvemento econ&oacute;mico no rural<\/p>\n<p>O organismo provincial outorgar&aacute; a cada beneficiario unha axuda que cubrir&aacute; o 100% do custe da instalaci&oacute;n da antena e o equipamento preciso para a conexi&oacute;n, ademais de garantir prezos vantaxosos para o mantemento do servizo, que deber&aacute; asumir o usuario<\/p>\n<p>A Deputaci&oacute;n investir&aacute; 47.000 euros, achegados &oacute; 80% pola Uni&oacute;n Europea, en adaptar e dotar de recursos informativos e did&aacute;cticos a unha palloza do Concello de Cervantes para convertela nun futuro no primeiro centro de interpretaci&oacute;n da Reserva da Biosfera dos Ancares<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11257,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10480","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10480","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10480"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10480\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11257"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10480"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10480"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10480"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}