{"id":10484,"date":"2013-07-29T00:00:00","date_gmt":"2013-07-29T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/aprobado-un-plan-de-accion-de-2-millons-de-euros-para-o-desenvolvemento-da-reserva-dos-ancares-lucenses\/"},"modified":"2023-09-18T12:25:43","modified_gmt":"2023-09-18T12:25:43","slug":"aprobado-un-plan-de-accion-de-2-millons-de-euros-para-o-desenvolvemento-da-reserva-dos-ancares-lucenses","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/aprobado-un-plan-de-accion-de-2-millons-de-euros-para-o-desenvolvemento-da-reserva-dos-ancares-lucenses\/","title":{"rendered":"Aprobado un Plan de Acci\u00f3n de 2 mill\u00f3ns de euros para o desenvolvemento da Reserva dos Ancares lucenses"},"content":{"rendered":"<p>O Plan conta con 7 li\u00f1as de acci\u00f3n para os vindeiros 10 anos que potenciar\u00e1n factores clave para o desenvolvemento e mellora da calidade de vida nestes territorios<\/p>\n<p>G\u00f3mez Besteiro presidiu unha reuni\u00f3n na que se ampliou a participaci\u00f3n cidad\u00e1 nos \u00f3rganos de xesti\u00f3n coa incorporaci\u00f3n de 4 novas asociaci\u00f3ns \u00f3 \u00d3rgano de participaci\u00f3n<\/p>\n<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n de Lugo, Jos\u00e9 Ram\u00f3n G\u00f3mez Besteiro, presidiu hoxe as reuni\u00f3ns dos \u00d3rganos de xesti\u00f3n da Reserva da Biosfera dos Ancares lucenses, que tiveron lugar en San Rom\u00e1n de Cervantes, nas que tam\u00e9n estiveron presentes os representantes das propias Administraci\u00f3ns locais e organizaci\u00f3ns sociais e profesionais, agrarias, de montes, turismo rural, ecoloxistas ou de defensa do patrimonio, coa excepci\u00f3n do representante do Goberno central. Os puntos destacados da orde do d\u00eda foron a aprobaci\u00f3n inicial do Plan de Acci\u00f3n desta Reserva, as\u00ed coma a admisi\u00f3n de novas solicitudes de asociaci\u00f3ns para a s\u00faa inclusi\u00f3n no \u00d3rgano de participaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A instituci\u00f3n provincial luguesa comezou o pasado ano a traballar na creaci\u00f3n do borrador de Plan de Acci\u00f3n que hoxe se levou a esta e que foi aprobado por unanimidade. Dotado cun orzamento de 2 mill\u00f3ns de euros para desenvolver unha serie de medidas concretas nos vindeiros 10 anos, este Plan conta con sete li\u00f1as xerais de acci\u00f3n, encami\u00f1adas \u00e1 potenciaci\u00f3n daqueles aspectos que se te\u00f1en revelado coma oportunidades de desenvolvemento para estes territorios reservados: a conservaci\u00f3n das tradici\u00f3ns, a potenciaci\u00f3n da produci\u00f3n e comercializaci\u00f3n dos produtos aut\u00f3ctonos de calidade, o turismo de monta\u00f1a e a biodiversidade do territorio e o seu estudo.<\/p>\n<p>Por outra banda, este Plan establece unha serie de indicadores concretos para realizar un exhaustivo seguimento do seu cumprimento.<\/p>\n<p><strong>Resultado dun traballo conxunto<\/strong><\/p>\n<p>Este Plan \u00e9 o resultado da conxunci\u00f3n de d\u00faas li\u00f1as de traballo. Por unha banda, unha li\u00f1a de car\u00e1cter m\u00e1is pr\u00e1ctico, consistente na realizaci\u00f3n, durante o ano 2012, dunha serie de entrevistas cos alcaldes dos tres Concellos da reserva \u2013Becerre\u00e1, Cervantes e Navia de Suarna-, na s\u00faa calidade de m\u00e1ximos co\u00f1ecedores do territorio; \u00f3s t\u00e9cnicos dos \u00f3rganos reitores; e \u00f3s representantes dos grupos pol\u00edticos e de asociaci\u00f3ns e organizaci\u00f3ns sociais e profesionais agrarias, de montes, de turismo rural, ecoloxistas e de defensa do patrimonio, entre outras. Deste xeito, grazas \u00e1 implicaci\u00f3n do organismo lugu\u00e9s, tanto as administraci\u00f3ns coma a cidadan\u00eda te\u00f1en voz na toma de decisi\u00f3ns sobre as acci\u00f3ns que se leven a cabo nun futuro nestes espazos naturais.<\/p>\n<p>A segunda li\u00f1a de traballo, de car\u00e1cter m\u00e1is te\u00f3rico, foi a levada a cabo por persoal t\u00e9cnico que desenvolveu este Plan de Acci\u00f3n en base \u00f3s datos manexados. Esta segunda fase de traballo retrasouse m\u00e1is do previsto inicialmente pola tardanza da Xunta de Galicia en aprobar a ampliaci\u00f3n da Rede Natura 2000, paso necesario para facer o desenvolvemento e aprobaci\u00f3n conxunta, tanto do plan de acci\u00f3n coma da zonificaci\u00f3n da Reserva, temas intimamente ligados. Polo momento, e malia que o Goberno auton\u00f3mico segue sen dar resposta a esta aprobaci\u00f3n da Rede Natura 2000, que vertebra as zonas n\u00facleo da Reserva, o \u00d3rgano Reitor decidiu seguir adiante co plan de acci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Ampliaci\u00f3n da participaci\u00f3n cidad\u00e1<\/strong><\/p>\n<p>Outro dos puntos tratados na orde do d\u00eda desta asemblea foi a aprobaci\u00f3n da inclusi\u00f3n de catro novas asociaci\u00f3ns no \u00d3rgano de Participaci\u00f3n da Reserva. Este \u00f3rgano \u00e9 o encargado de propo\u00f1er ideas sobre a conservaci\u00f3n e desenvolvemento socioecon\u00f3mico do territorio das Reservas, as\u00ed como suxerir actuaci\u00f3ns que revirtan na mellora da calidade de vida dos veci\u00f1os e do seu entorno.<\/p>\n<p>Ata o momento, este \u00d3rgano contaba coa participaci\u00f3n da Asociaci\u00f3n Rurancares, a Sociedade Galega de Historia Natural e o Sindicato Labrego Galego, agrupaci\u00f3ns que ti\u00f1an presentado as s\u00faas candidaturas dentro do prazo establecido durante a reuni\u00f3n do \u00d3rgano de Participaci\u00f3n celebrada o 28 de outubro de 2011. As novas asociaci\u00f3ns -a Asociaci\u00f3n para a Defensa Ecol\u00f3xica de Galicia (ADEGA); a Asociaci\u00f3n Galega de Custodia do Territorio; a Sociedade Micol\u00f3xica Lucus e a Asociaci\u00f3n para o Desenvolvemento Rural Ancares-Courel (GDR 5)-, presentaron as s\u00faas candidaturas logo de rematado o prazo, malia o que o \u00d3rgano Reitor, competente para definir a composici\u00f3n do \u00d3rgano de participaci\u00f3n, decidiu aprobar a s\u00faa incorporaci\u00f3n inmediata.<\/p>\n<p>O vindeiro m\u00e9rcores ter\u00e1 lugar a asemblea correspondente dos \u00d3rganos de xesti\u00f3n da Reserva de Terras do Mi\u00f1o.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Plan conta con 7 li&ntilde;as de acci&oacute;n para os vindeiros 10 anos que potenciar&aacute;n factores clave para o desenvolvemento e mellora da calidade de vida nestes territorios<\/p>\n<p>G&oacute;mez Besteiro presidiu unha reuni&oacute;n na que se ampliou a participaci&oacute;n cidad&aacute; nos &oacute;rganos de xesti&oacute;n coa incorporaci&oacute;n de 4 novas asociaci&oacute;ns &oacute; &Oacute;rgano de participaci&oacute;n<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11261,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10484","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10484","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10484"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10484\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11261"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10484"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10484"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10484"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}