{"id":10508,"date":"2014-07-03T00:00:00","date_gmt":"2014-07-03T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/xunta-de-galicia-e-deputacion-asinaran-un-convenio-de-260-000-euros-para-rehabilitar-as-pallozas-e-dotar-de-servizos-o-piornedo\/"},"modified":"2023-09-18T12:24:40","modified_gmt":"2023-09-18T12:24:40","slug":"xunta-de-galicia-e-deputacion-asinaran-un-convenio-de-260-000-euros-para-rehabilitar-as-pallozas-e-dotar-de-servizos-o-piornedo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/xunta-de-galicia-e-deputacion-asinaran-un-convenio-de-260-000-euros-para-rehabilitar-as-pallozas-e-dotar-de-servizos-o-piornedo\/","title":{"rendered":"Xunta de Galicia e Deputaci\u00f3n asinar\u00e1n un convenio de 260.000 euros para rehabilitar as pallozas e dotar de servizos \u00f3 Piornedo"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: Diputaci\u00f3n Provincial de Lugo<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8211; O acordo entre ambas administraci\u00f3ns impulsar\u00e1 un recurso tur\u00edstico de primeira orde na comunidade galega e mellorar\u00e1 a\u00a0calidade de vida dos veci\u00f1os da zona.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8211; O organismo provincial achegar\u00e1 160.000 euros do financiamento e Turismo de Galicia 100.000 euros para acometer uns\u00a0traballos que incl\u00faen o arranxo dos teitos das tradicionais construci\u00f3ns e a acometida de saneamento e alumeado p\u00fablico.<\/p>\n<p>Xunta de Galicia e Deputaci\u00f3n de Lugo asinar\u00e1n un convenio de colaboraci\u00f3n por valor de 260.000 euros co fin de rehabilitar os teitos\u00a0das pallozas do Piornedo e dotar de servizos b\u00e1sicos de saneamento e alumeado p\u00fablico a esta aldea do Concello de Cervantes.<\/p>\n<p>O organismo provincial achegar\u00e1 o 65,5% do financiamento, \u00e9 dicir 160.000 euros, e Turismo de Galicia, o 34,5% restante, o que sup\u00f3n\u00a0100.000 euros, para acometer uns traballos que impulsar\u00e1n un recurso tur\u00edstico de primeira orde na comunidade galega e mellorar\u00e1n a\u00a0calidade de vida dos veci\u00f1os.<\/p>\n<p>Este acordo prod\u00facese porque ambas administraci\u00f3ns coinciden na conveniencia e necesidade de xuntar esforzos para desenvolver\u00a0proxectos conxuntos no \u00e1mbito das s\u00faas competencias que impulsen e melloren o turismo de Galicia.<\/p>\n<p>A necesidade das actuaci\u00f3ns xurde porque, tal e como figura no convenio, as 17 pallozas existentes no Piornedo levan varios anos sen\u00a0mantemento e as virulentas inclemencias do tempo neste inverno produciron un importante deterioro en todas elas coa perda de parte\u00a0da palla e filtraci\u00f3ns de auga polos tabiques. Ademais, as tradicionais construci\u00f3ns son o medio de vida para a trintena de habitantes do\u00a0lugar.<\/p>\n<p>O acordo de colaboraci\u00f3n entre Xunta e Deputaci\u00f3n ten a s\u00faa ra\u00edz nun acordo tomado o 1 de abril deste ano polo Pleno provincial para\u00a0que o organismo lugu\u00e9s, a Xunta e o Concello de Cervantes colaborasen con car\u00e1cter de urxencia nunha soluci\u00f3n de alcance que\u00a0resolvese o problema do mantemento das pallozas, as\u00ed como a dotaci\u00f3n dos servizos de saneamento e iluminaci\u00f3n dos veci\u00f1os do\u00a0Piornedo.<\/p>\n<p>A zona da Serra de Ancares, e particularmente O Piornedo, foi declarada paraxe pintoresca en 1971. Ademais, desde os anos 90 te\u00f1en o\u00a0reco\u00f1ecemento de Ben de Interese Cultural (BIC), promovido por Turismo de Galicia.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">&#8211; O acordo entre ambas administraci&oacute;ns impulsar&aacute; un recurso tur&iacute;stico de primeira orde na comunidade galega e mellorar&aacute; a&nbsp;calidade de vida dos veci&ntilde;os da zona.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8211; O organismo provincial achegar&aacute; 160.000 euros do financiamento e Turismo de Galicia 100.000 euros para acometer uns&nbsp;traballos que incl&uacute;en o arranxo dos teitos das tradicionais construci&oacute;ns e a acometida de saneamento e alumeado p&uacute;blico.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10508","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10508","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10508"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10508\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10508"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10508"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10508"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}