{"id":10543,"date":"2014-12-17T00:00:00","date_gmt":"2014-12-17T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/a-deputacion-de-lugo-lanza-os-17-primeiros-proxectos-grazas-aos-orzamentos-participativos\/"},"modified":"2023-09-18T12:22:38","modified_gmt":"2023-09-18T12:22:38","slug":"a-deputacion-de-lugo-lanza-os-17-primeiros-proxectos-grazas-aos-orzamentos-participativos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-de-lugo-lanza-os-17-primeiros-proxectos-grazas-aos-orzamentos-participativos\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n de Lugo lanza os 17 primeiros proxectos grazas aos Orzamentos Participativos"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: Diputaci\u00f3n Provincial de Lugo<\/p>\n<p>&#8211; G\u00f3mez Besteiro, acompa\u00f1ado do presidente, o vicepresidente e o voceiro da Federaci\u00f3n de Asociaci\u00f3ns de Veci\u00f1os de Lugo, e de medio cento de cidad\u00e1ns, anunciou que o organismo provincial cumprir\u00e1 co 90% das m\u00e1is de 150 petici\u00f3ns concretas que fixeron os lucenses.<\/p>\n<p>&#8211; Dedica 6 mill\u00f3ns para unha segunda edici\u00f3n do plan BEN EMPREGADO!, far\u00e1 estudos das alternativas a SOGAMA e das vantaxes da biomasa forestal, un plan de repoboaci\u00f3n con especies aut\u00f3ctonas e reforzar\u00e1 a promoci\u00f3n dos produtos da provincia.<\/p>\n<p>&#8211; Convocar\u00e1 en xaneiro axudas para a pesca de baixura, horticultura e sector vin\u00edcola e \u00a0 po\u00f1er\u00e1 en marcha un banco de casas rurais deshabitadas, ademais de ofrecer becas aos alumnos do Campus cos mellores expedientes.<\/p>\n<p>&#8211; \u201cHoxe \u00e9 un gran d\u00eda porque cristaliza unha vella aspiraci\u00f3n pola que os veci\u00f1os levabamos esperando 30 anos. Aqueles que dixeron que isto era fume e propaganda deben rectificar\u201d, subli\u00f1ou Jes\u00fas V\u00e1zquez.<\/p>\n<p>O Presidente da Deputaci\u00f3n, Jos\u00e9 Ram\u00f3n G\u00f3mez Besteiro, acompa\u00f1ado polo Presidente da Federaci\u00f3n de Asociaci\u00f3ns de Veci\u00f1os de Lugo, Jes\u00fas V\u00e1zquez, o vicepresidente e o voceiro do colectivo, Jos\u00e9 Manuel Carballo e Fernando Rois, respectivamente, as\u00ed como de medio cento de veci\u00f1os e dos deputados de Econom\u00eda, Pilar Garc\u00eda Porto, e Cooperaci\u00f3n cos Concellos, \u00c1lvaro Santos, presentou este m\u00e9rcores os primeiros 17 proxectos concretos que lanzar\u00e1 o organismo provincial froito das propostas que fixeron os veci\u00f1os para os Orzamentos Participativos do 2015, os primeiros dunha Deputaci\u00f3n en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p>G\u00f3mez Besteiro deu as grazas aos 55.000 lucenses que deron a s\u00faa opini\u00f3n neste proceso e avanzou que todos e cada un deles recibir\u00e1n nestes d\u00edas a resposta a s\u00faa proposta de maneira personalizada e argumentada. O Presidente adiantou que o vindeiro ano a Deputaci\u00f3n far\u00e1 tam\u00e9n orzamentos participativos.<\/p>\n<p>Unha vez \u201cestudadas todas as propostas e cando os t\u00e9cnicos avaliaron a s\u00faa viabilidade\u201d, o Presidente avanzou que a Deputaci\u00f3n \u201ccumprir\u00e1 co 90% das m\u00e1is de 150 petici\u00f3ns concretas que nos fixeron os veci\u00f1os\u201d.<\/p>\n<p><strong>En emprego<\/strong><\/p>\n<p>No 2015 a Deputaci\u00f3n dedica 6 mill\u00f3ns de euros para unha segunda edici\u00f3n do plan que v\u00e9n de po\u00f1er en marcha. Ser\u00e1 o BEN EMPREGADO! II.<\/p>\n<p><strong>En medio ambiente<\/strong><\/p>\n<p>No 2015 aumentan os investimentos un 43%, ata superar os 1,5 mill\u00f3ns de euros. A Deputaci\u00f3n far\u00e1 un estudo das alternativas a SOGAMA m\u00e1is ecol\u00f3xicas e econ\u00f3micas; un estudo das vantaxes da biomasa forestal da provincia, unha alternativa econ\u00f3mica que xera moitas expectativas entre os veci\u00f1os; e un plan de repoboaci\u00f3n con especies aut\u00f3ctonas. \u00a0Continuar\u00e1 co cinto verde do Rato e impulsar\u00e1 novas \u00e1reas de lecer e rutas, como unha Ruta dos Mu\u00ed\u00f1os en Foz.<\/p>\n<p>Coa Universidade<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n asinar\u00e1 un convenio coa USC para ofrecer becas aos alumnos cos mellores expedientes do Campus lucense, tanto na Deputaci\u00f3n, como noutros colectivos sen \u00e1nimo de lucro, e aproveitar as\u00ed o seu talento. O investimento ser\u00e1 duns 200.000 euros. O organismo duplica ademais os fondos para proxectos de investigaci\u00f3n, ata superar os 300.000 euros.<\/p>\n<p><strong>No medio rural<\/strong><\/p>\n<p>Ademais de volver a convocar axudas para a recuperaci\u00f3n de terras abandonadas, a Deputaci\u00f3n sacar\u00e1 en xaneiro unha li\u00f1a espec\u00edfica de subvenci\u00f3ns para impulsar a pesca de baixura, a horticultura e a produci\u00f3n de vi\u00f1o. Reforzar\u00e1 a promoci\u00f3n dos produtos aut\u00f3ctonos para abrirlles novos mercados a nivel nacional e internacional, e organizar\u00e1 cursos de prevenci\u00f3n de riscos laborais, sobre todo no rural.<\/p>\n<p><strong>En demograf\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Estudar\u00e1 a creaci\u00f3n con recursos propios dun banco de casas rurais deshabitadas para favorecer o asentamento de xente nova no campo.<\/p>\n<p><strong>En infraestruturas<\/strong><\/p>\n<p>Mellorar\u00e1 a estrada provincial A Fonsagrada-Navia; sinalizar\u00e1 a de Triacastela-Sarria; e arranxar\u00e1 o desnivel existente na LU-P-2704 \u00f3 seu paso por L\u00e1ncara. Acometer\u00e1 un embalsado e canalizaci\u00f3n de augas en Diomondi (O Savi\u00f1ao); e avanzar\u00e1 nas expropiaci\u00f3ns do acceso ao pol\u00edgono de Cu\u00ed\u00f1a, en Cervo.<\/p>\n<p>No Plan de Infraestruturas Veci\u00f1ais, dotado con 2,2 mill\u00f3ns de euros e que tam\u00e9n sair\u00e1 en xaneiro, incluir\u00e1 subvenci\u00f3ns para centros sociais e tra\u00eddas de auga, actuaci\u00f3ns moi solicitadas polos veci\u00f1os.<\/p>\n<p>Estas 17 actuaci\u00f3ns s\u00famanse \u00e1s 5 xa avanzadas nas estradas Mom\u00e1n-As Pontes e Friol-Parga ou na Fonsagrada coa construci\u00f3n dun campo de herba artificial. A Deputaci\u00f3n xa acometeu melloras tam\u00e9n na estrada de acceso \u00f3 Pazo de Tor e nun tramo da de Figueiras a Viloalle, en Mondo\u00f1edo.<\/p>\n<p><strong>Petici\u00f3ns \u00e1 Xunta: Servizos para o HULA<\/strong><\/p>\n<p>En canto \u00e1s demandas veci\u00f1ais que son competencia doutras administraci\u00f3ns, suman m\u00e1is de 50 e est\u00e1n dirixidas fundamentalmente \u00e1 Xunta e \u00f3 Goberno central, segundo informou o Presidente. \u201cTal e como nos comprometemos, far\u00e9mosllas chegar nestes d\u00edas, pois, a\u00ednda que non te\u00f1en orzamentos participativos como a Deputaci\u00f3n de Lugo, queremos que co\u00f1ezan e te\u00f1an en conta as necesidades e demandas dos lucenses\u201d, sinalou.<\/p>\n<p>A principal petici\u00f3n dos veci\u00f1os \u00e1 Xunta \u00e9 a dotaci\u00f3n de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodin\u00e1mica no Hospital de Lugo, un servizos que o presidente comprometeu hai xa case catro anos e a\u00ednda seguen pendentes.<\/p>\n<p>Os lucenses tam\u00e9n demandan ao Goberno galego novas residencias para a terceira idade en Mondo\u00f1edo, Becerre\u00e1 e en Lugo, comarca na que non se creou nin unha praza p\u00fablica dende o ano 1977. Tam\u00e9n lles preocupa moito a Lei de Montes; necesitan asesoramento e cren que non se adapta \u00e1 realidade de Galicia. Piden a recuperaci\u00f3n do vello Xeral, a promoci\u00f3n e mellora do Cami\u00f1o de Santiago, o impulso da VAC Costa Norte e Sarria-Monforte, a Rolda Leste ou o Plan Paradai, m\u00e1is medios para a prevenci\u00f3n de incendios, mellora da internet no rural ou o impulso dunha planta de biomasa.<\/p>\n<p>Outra das demandas m\u00e1is repetidas, ata nunha vintena de ocasi\u00f3ns, \u00e9 a mellora e dotaci\u00f3n de saneamentos. A\u00ednda que se trata dunha competencia da Xunta e dos Concellos, a Deputaci\u00f3n est\u00e1 disposta a colaborar economicamente con ambas administraci\u00f3ns para dotar ao rural deste servizo b\u00e1sico.<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n tam\u00e9n tende a man \u00e1 Xunta e aos Concellos para po\u00f1er en marcha unha entidade moi demandada: un ente provincial de turismo, no que estean presentes todas as administraci\u00f3ns.<\/p>\n<p><strong>Petici\u00f3ns ao Goberno central: infraestruturas<\/strong><\/p>\n<p>Reclaman sobre todo a axilizaci\u00f3n de infraestruturas como a autov\u00eda Lugo-Ourense, a estaci\u00f3n intermodal, o impulso \u00a0das li\u00f1as de tren, ou a mellora da sinalizaci\u00f3n dos concellos na autov\u00eda do Cant\u00e1brico.<\/p>\n<p><strong>A Deputaci\u00f3n fai realidade unha vella aspiraci\u00f3n veci\u00f1al<\/strong><\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, o presidente da federaci\u00f3n veci\u00f1al, Jes\u00fas V\u00e1zquez, asegurou que hoxe \u201c\u00e9 un gran d\u00eda porque cristaliza unha vella aspiraci\u00f3n do movemento veci\u00f1al pola que levabamos esperando 30 anos\u201d. \u201cHoubo t\u00edmidos intentos noutras administraci\u00f3ns, pero nunca un orzamento participativo pleno como fixo a Deputaci\u00f3n de Lugo\u201d, sinalou V\u00e1zquez, quen felicitou a G\u00f3mez Besteiro polos orzamentos participativos, \u201cunha iniciativa persoal do Presidente\u201d.<\/p>\n<p>Jes\u00fas V\u00e1zquez engadiu que, \u00e1 vista dos froitos dos orzamentos participativos, \u201caqueles que dixeron que se vend\u00eda fume e que eran propaganda, deben rectificar, igual que os que din que a sociedade de Lugo non participa e que cando se lle d\u00e1 a oportunidade de participar non o fai. Demostramos que non \u00e9 as\u00ed\u201d. \u201cNon queremos ser cidad\u00e1ns que votan cada 4 anos, sen\u00f3n uns axentes activos que aportan e participan. O futuro pasa pola \u00a0participaci\u00f3n, e aquel pol\u00edtico que non o vexa as\u00ed, pagarao nas elecci\u00f3ns\u201d, asegurou.<\/p>\n<p>O presidente da federaci\u00f3n veci\u00f1al instou neste senso a comezar antes coa elaboraci\u00f3n dos orzamentos \u201cpara que as reuni\u00f3ns non coincidan en pleno ver\u00e1n\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; G&oacute;mez Besteiro, acompa&ntilde;ado do presidente, o vicepresidente e o voceiro da Federaci&oacute;n de Asociaci&oacute;ns de Veci&ntilde;os de Lugo, e de medio cento de cidad&aacute;ns, anunciou que o organismo provincial cumprir&aacute; co 90% das m&aacute;is de 150 petici&oacute;ns concretas que fixeron os lucenses.<\/p>\n<p>&#8211; Dedica 6 mill&oacute;ns para unha segunda edici&oacute;n do plan BEN EMPREGADO!, far&aacute; estudos das alternativas a SOGAMA e das vantaxes da biomasa forestal, un plan de repoboaci&oacute;n con especies aut&oacute;ctonas e reforzar&aacute; a promoci&oacute;n dos produtos da provincia.<\/p>\n<p>&#8211; Convocar&aacute; en xaneiro axudas para a pesca de baixura, horticultura e sector vin&iacute;cola e &nbsp; po&ntilde;er&aacute; en marcha un banco de casas rurais deshabitadas, ademais de ofrecer becas aos alumnos do Campus cos mellores expedientes.<\/p>\n<p>&#8211; &ldquo;Hoxe &eacute; un gran d&iacute;a porque cristaliza unha vella aspiraci&oacute;n pola que os veci&ntilde;os levabamos esperando 30 anos. Aqueles que dixeron que isto era fume e propaganda deben rectificar&rdquo;, subli&ntilde;ou Jes&uacute;s V&aacute;zquez.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11320,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10543","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10543","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10543"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10543\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11320"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10543"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10543"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10543"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}