{"id":10553,"date":"2014-11-21T00:00:00","date_gmt":"2014-11-21T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/a-deputacion-iniciou-a-contratacion-das-obras-nas-pallozas-do-piornedo-a-espera-dos-permisos-da-xunta-para-poder-inicialas\/"},"modified":"2023-09-18T12:23:16","modified_gmt":"2023-09-18T12:23:16","slug":"a-deputacion-iniciou-a-contratacion-das-obras-nas-pallozas-do-piornedo-a-espera-dos-permisos-da-xunta-para-poder-inicialas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-iniciou-a-contratacion-das-obras-nas-pallozas-do-piornedo-a-espera-dos-permisos-da-xunta-para-poder-inicialas\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n iniciou a contrataci\u00f3n das obras nas pallozas do Piornedo \u00e1 espera dos permisos da Xunta para poder inicialas"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: Diputaci\u00f3n Provincial de Lugo<\/p>\n<p>&#8211; A instituci\u00f3n rematou todos os tr\u00e1mites que son da s\u00faa responsabilidade para acometer as actuaci\u00f3ns, que financia nun 65,5% con 160.000 euros, mentres a Xunta achega o 34,5% con 100.000 euros a trav\u00e9s de fondos europeos.<\/p>\n<p>&#8211; O organismo financia con 510.700 euros a mellora da estrada provincial LU-P-0707, de Armesto por Tor\u00e9s \u00e1s Nogais, que fai de acceso dende Becerre\u00e1 e As Nogais \u00e1 A-6 e a Sarria e rexistra un gran volume de usuarios.<\/p>\n<p>A Xunta de Goberno aprobou este venres o inicio do proceso de contrataci\u00f3n das obras de rehabilitaci\u00f3n e impulso das Pallozas do Piornedo, \u00e1 espera dos permisos legais e imprescindibles que a Xunta ten que conceder para poder comezalas. As\u00ed o anunciou o voceiro socialista do Goberno provincial, Manuel Mart\u00ednez, quen destacou que a instituci\u00f3n d\u00e1 este paso horas despois da reuni\u00f3n da Comisi\u00f3n de Seguimento do convenio de colaboraci\u00f3n coa Xunta e logo de que o organismo provincial liquidara todos os tr\u00e1mites que son da s\u00faa responsabilidade para a posta en marcha das obras.<\/p>\n<p>Mart\u00ednez explicou que ditas actuaci\u00f3ns contan cun orzamento de 100.000 euros para a adquisici\u00f3n e instalaci\u00f3n de palla de centeno nos 730 metros cadrados das cubertas destas construci\u00f3ns declaradas Ben de Interese Cultural (BIC). Estes traballos complem\u00e9ntanse coas obras de dotaci\u00f3n de alumeado p\u00fablico, cuxo proxecto est\u00e1 a finalizar o Concello de Cervantes co departamento auton\u00f3mico de Patrimonio, dotadas de 74.000 euros, e coas de saneaneamento en Don\u00eds, orzamentadas en 30.00 0euros, e a prologaci\u00f3n deste servizo no Piornedo, por valor de 56.000 euros.<\/p>\n<p>A totalidade dos traballos de rehabilitaci\u00f3n das pallozas, xunto cos servizos de saneamento e alumeado, contan cun orzamento de 260.000 euros, financiados nun 65,5% pola Deputaci\u00f3n de Lugo e nun 34,5% pola Xunta de Galicia. O organismo provincial \u201cinviste 160.000 euros de fondos propios, mentres a Xunta achega unha subvenci\u00f3n de 100.000 euros, financiados nun 80% por fondos FEDER\u201d, destacou o voceiro.<\/p>\n<p>No mesmo senso, Mart\u00ednez subli\u00f1ou que \u201ca Deputaci\u00f3n, ademais de achegar un orzamento superior \u00e1 Xunta, tam\u00e9n se far\u00e1 cargo da redacci\u00f3n e execuci\u00f3n das obras ante o grave deterioro que sofren as pallozas logo de que o actual Goberno galego suprimise as axudas de 26.000 euros anuais para o seu mantemento. Todo isto, a pesares de ser a Xunta de Galicia a responsable legal da conservaci\u00f3n dos Bens de Interese Cultural, como son as pallozas do Piornedo\u201d.<\/p>\n<p>Melloras na rede provincial de estradas<\/p>\n<p>A Xunta de Goberno tam\u00e9n aprobou hoxe a contrataci\u00f3n das obras de mellora na estrada LU-P-0707, de Armesto por Tor\u00e9s \u00e1s Nogais, por valor de 510.700 euros. Tr\u00e1tanse dunhas actuaci\u00f3ns enmarcadas no Plan de Obras e Servizos (POS), financiadas na s\u00faa totalidade pola Deputaci\u00f3n, logo de que o Goberno central de Rajoy suprimise o financiamento estatal deste programa.<\/p>\n<p>As actuaci\u00f3ns que se levar\u00e1n a cabo nesta estrada, que fai de acceso dende Becerre\u00e1 e As Nogais \u00e1 A-6 e a Sarria e rexistra un gran volume de usuarios, consisten na mellora do trazado do firme, acondicionamento de curvas e incremento do ancho, pasando dos 4,30 metros aos 7,20. En total, acondicionaranse 5,5 quil\u00f3metros.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; A instituci&oacute;n rematou todos os tr&aacute;mites que son da s&uacute;a responsabilidade para acometer as actuaci&oacute;ns, que financia nun 65,5% con 160.000 euros, mentres a Xunta achega o 34,5% con 100.000 euros a trav&eacute;s de fondos europeos.<\/p>\n<p>&#8211; O organismo financia con 510.700 euros a mellora da estrada provincial LU-P-0707, de Armesto por Tor&eacute;s &aacute;s Nogais, que fai de acceso dende Becerre&aacute; e As Nogais &aacute; A-6 e a Sarria e rexistra un gran volume de usuarios.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10553","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10553","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10553"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10553\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10553"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10553"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10553"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}