{"id":10555,"date":"2014-12-15T00:00:00","date_gmt":"2014-12-15T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/a-deputacion-impulsa-o-estudo-da-natureza-da-provincia-colaborando-coa-estacion-cientifica-do-courel\/"},"modified":"2023-09-18T12:22:40","modified_gmt":"2023-09-18T12:22:40","slug":"a-deputacion-impulsa-o-estudo-da-natureza-da-provincia-colaborando-coa-estacion-cientifica-do-courel","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-impulsa-o-estudo-da-natureza-da-provincia-colaborando-coa-estacion-cientifica-do-courel\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n impulsa o estudo da natureza da provincia colaborando coa Estaci\u00f3n Cient\u00edfica do Courel"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: Diputaci\u00f3n Provincial de Lugo<\/p>\n<p>&#8211; O organismo provincial fai unha achega de 34.000 euros para financiar parte das actividades formativas e de investigaci\u00f3n que a Universidade leva a cabo na Comarca lucense.<\/p>\n<p>&#8211; Lara M\u00e9ndez destacou que \u201ca trav\u00e9s desta achega pomos en valor a riqueza natural da provincia, concienciando aos lucenses da importancia de preservar e manter o medio\u00bb.<\/p>\n<p>-Esta colaboraci\u00f3n incl\u00faese dentro da aposta da Deputaci\u00f3n de establecer ao medio ambiente como o factor clave para xerar riqueza e fixar poboaci\u00f3n en toda a provincia.<\/p>\n<p>A Vicepresidenta Segunda, Lara M\u00e9ndez, acompa\u00f1ada do Vicerreitor de Desenvolvemento Cient\u00edfico e Tecnol\u00f3xico do Campus de Lugo, Andr\u00e9s Barreiro Lois, e o Director da Estaci\u00f3n Cient\u00edfica da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio Regueiro, visitou este luns as instalaci\u00f3ns do centro de investigaci\u00f3n da Monta\u00f1a lucense que pon en valor os recursos naturais da provincia. A Vicepresidenta informou que a trav\u00e9s desta colaboraci\u00f3n, que ascende aos 34.000 euros, gar\u00e1ntese \u201ca viabilidade e supervivencia dos proxectos da estaci\u00f3n\u201d.<\/p>\n<p>Lara M\u00e9ndez salientou durante a visita que \u201c a Estaci\u00f3n Cient\u00edfica do Courel pon en valor a riqueza natural da nosa provincia a trav\u00e9s de actividades l\u00fadico-did\u00e1cticas e de investigaci\u00f3n coas que se conciencia \u00e1s veci\u00f1as e veci\u00f1os sobre a importancia de preservar e manter o medio que nos rodea\u201d. M\u00e9ndez valorou tam\u00e9n que \u201ca de Lugo \u00e9 unha das provincias m\u00e1is comprometidas co sector medioambiental, para establecelo como un dos piares de crecemento econ\u00f3mico e demogr\u00e1fico da provincia\u201d.<\/p>\n<p>A Vicepresidenta reiterou que \u201ca Deputaci\u00f3n seguir\u00e1 colaborando coa Universidade, xa que consideramos \u00e1 educaci\u00f3n p\u00fablica e o I+D+i como os factores diferenciadores m\u00e1is importantes dunha sociedade\u201d. Do mesmo xeito a representante provincial lembrou que o organismo provincial \u00e9 unha das administraci\u00f3ns que m\u00e1is aposta no eido medioambiental e salientou que \u201cxestionamos 2 das Reservas da Biosfera que hai en Galicia, o que nos serve de aval para continuar apoiando a investigaci\u00f3n e o estudo do patrimonio natural\u201d.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, tanto o Vicerreitor da USC, como o Director da Estaci\u00f3n Cient\u00edfica do Courel, amosaron o seu agradecemento polo \u201cincondicional apoio do ente provincial neste tipo de proxectos\u201d e valoraron que \u201co compromiso co medio ambiente debe comezar dende as administraci\u00f3ns p\u00fablicas, que son as que deben impulsar e promover pol\u00edticas de apoio a este sector\u201d.<\/p>\n<p>O obxectivo da Deputaci\u00f3n \u00e9 continuar colaborando coa USC para converter \u00e1 Estaci\u00f3n Cient\u00edfica do Courel, creada hai 4 anos grazas \u00e1 Deputaci\u00f3n e Universidade, como o centro de referencia en investigaci\u00f3n e formaci\u00f3n no \u00e1mbito da natureza, facendo especial fincap\u00e9 no progreso econ\u00f3mico e social da comarca do Courel, pondo e valor e dinamizando o importante patrimonio medioambiental que hai nesta zona.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; O organismo provincial fai unha achega de 34.000 euros para financiar parte das actividades formativas e de investigaci&oacute;n que a Universidade leva a cabo na Comarca lucense.<\/p>\n<p>&#8211; Lara M&eacute;ndez destacou que &ldquo;a trav&eacute;s desta achega pomos en valor a riqueza natural da provincia, concienciando aos lucenses da importancia de preservar e manter o medio\u00bb.<\/p>\n<p>-Esta colaboraci&oacute;n incl&uacute;ese dentro da aposta da Deputaci&oacute;n de establecer ao medio ambiente como o factor clave para xerar riqueza e fixar poboaci&oacute;n en toda a provincia.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11332,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10555","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10555","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10555"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10555\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11332"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10555"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10555"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10555"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}