{"id":10603,"date":"2015-07-20T00:00:00","date_gmt":"2015-07-20T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/o-colexio-de-navia-o-mellor-embaixador-da-fala-da-montana\/"},"modified":"2023-09-18T12:20:46","modified_gmt":"2023-09-18T12:20:46","slug":"o-colexio-de-navia-o-mellor-embaixador-da-fala-da-montana","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/o-colexio-de-navia-o-mellor-embaixador-da-fala-da-montana\/","title":{"rendered":"O colexio de Navia: o mellor embaixador da fala da monta\u00f1a"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: La Voz de Galicia<\/p>\n<p>O libro e a aplicaci\u00f3n m\u00f3bil \u00abPalabras de noso\u00bb recolle l\u00e9xico patrimonial dos Ancares para po\u00f1er en valor a cultura propia e afondar na historia local.<\/p>\n<p><span lang=\"GL\">Non hai retos imposibles para o colexio CPI Pluriling\u00fce de Navia de Suarna. O \u00faltimo dos seus traballos as\u00ed o demostra. O alumnado, o profesorado e mesmo as familias, coordinados todos eles polo equipo de Dinamizaci\u00f3n da Lingua Galega do centro, acaba de po\u00f1er en marcha a aplicaci\u00f3n para Android Palabras de Noso e de publicar un libro, baixo o mesmo t\u00edtulo, de l\u00e9xico patrimonial da comarca dos Ancares.<\/span><\/p>\n<p>Tr\u00e1tase de d\u00faas ferramentas nas que recollen a riqueza l\u00e9xica do pa\u00eds, con palabras caracter\u00edsticas da monta\u00f1a, in\u00e9ditas ou en perigo de desaparecer. \u00bfPara que? \u00abPara que a xente moza da bisbarra valore o tesouro ling\u00fc\u00edstico que a\u00ednda conserva e que, deste xeito, siga a manter o cari\u00f1o que sente pola lingua milenaria dos seus devanceiros\u00bb e para po\u00f1er en valor \u00abo noso, e non hai nada que m\u00e1is nos pertenza que a lingua que a\u00ednda falamos moitos galegos, malia que a algu\u00e9n non lle guste\u00bb, explican desde o colexio. \u00c9 este un traballo que, ademais de utilizarse a modo de dicionario, serve tam\u00e9n para afondar na historia e cultura propias da zona.<\/p>\n<p><strong>Premio de Educaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>A aplicaci\u00f3n m\u00f3bil Palabras de noso valeulle a este centro de Navia o primeiro premio da Secretar\u00eda Xeral de Pol\u00edtica Ling\u00fc\u00edstica e da Direcci\u00f3n Xeral de Educaci\u00f3n, Formaci\u00f3n Profesional e Innovaci\u00f3n Educativa da Xunta de Galicia para a realizaci\u00f3n de proxectos de innovaci\u00f3n en dinamizaci\u00f3n ling\u00fc\u00edstica. Foron 2.000 euros de premio e con ese di\u00f1eiro publicaron un libro m\u00e1is completo.<\/p>\n<p>Agora o libro, que conta cunhas novecentas palabras, xa foi posto \u00e1 venda por 5 euros. Est\u00e1 a disposici\u00f3n dos interesados en Bar Suarna, Bar Recreo, Bar Xegunde, Bar Arao e churrasquer\u00eda Maribel, a\u00ednda que non se descartan ampliar os puntos de venda..<\/p>\n<p><strong>C\u00f3mo funciona a aplicaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>A aplicaci\u00f3n conta cun dicionario, ao que se pode acceder mediante o buscador para atopar unha palabra en concreto, ou mediante o \u00edndice alfab\u00e9tico. Para cada palabra aparece a definici\u00f3n, sin\u00f3nimos e frases de exemplo. Ademais, te\u00f1en un formulario para que quen o desexe poida propo\u00f1er m\u00e1is palabras. \u00abO 90% das palabras foron recollidas na monta\u00f1a, e son caracter\u00edsticas da zona de Ancares: Navia, Cervantes e A Fonsagrada\u00bb, explica un mestre do colexio.<\/p>\n<p>Algunhas desas palabras, a modo de exemplo, son recad\u00e9n, con s\u00faas acepci\u00f3ns (xugada que se pon detr\u00e1s do carro para frealo nunha baixada, \u00abComo hab\u00eda tanta pendente, houbo que po\u00f1er unha xugada de recad\u00e9n para frear o carro\u00bb; ou ir de recad\u00e9n, quedarse atr\u00e1s, demorar, \u00abVas de recad\u00e9n, apura o paso ou non chegamos hoxe ao souto\u00bb); ou farfallo, coa variante farfano, (cantidade pequena de neve que empeza a callar, \u00abMuito alertaron do temporal, e non caeu un farfallo de neve\u00bb).<\/p>\n<p><strong>Un traballo de varios anos<\/strong><\/p>\n<p>Foi no ano 2009 cando empezaron este traballo de recollida de l\u00e9xico, e mesmo crearon un grupo en Facebook para ir facendo p\u00fablicos estes achados. Os propios nenos encarg\u00e1ronse de ir recollendo, dos seus pais e av\u00f3s, palabras e expresi\u00f3ns caracter\u00edsticas da zona, co seu significado e unha frase a modo de exemplo do seu uso.<\/p>\n<p>Logo, os mestres no centro fixeron despois o traballo de pulir e organizar todo o material. Deste xeito, ademais de l\u00e9xico patrimonial, seleccionaron varios pr\u00e9stamos ling\u00fc\u00edsticos pola s\u00faa importancia, como castelanismos -pola influenza da proximidade co Bierzo ou Asturias, como fr\u00e9jole-, ou termos de procedencia catal\u00e1 ou francesa, debido \u00e1 masiva emigraci\u00f3n, como rondinar ou pubela.<\/p>\n<p>Neste sentido, desde o pr\u00f3logo do libro explican que \u00abas falas locais exteriorizan toda a potencia dun inconsciente colectivo moi dif\u00edcil de desenmara\u00f1ar (&#8230;) Son moitas veces a aut\u00e9ntica expresi\u00f3n da alma dun pobo. Non son xergas, tampouco se poden considerar vulgares, a\u00ednda que por veces non estean exentas de vulgarismos e aplicaci\u00f3ns indebidas da norma; son, sobre todo, falas familiares, populares, coloquiais e afectivas\u00bb.<\/p>\n<p>\u00abRecollemos palabras e expresi\u00f3ns que caracterizan a forma de falar das xentes da comarca dos Ancares lugueses, que son sinais de identidade que acompa\u00f1an as vidas de moitas persoas e que serven como referencia para situalas no mundo\u00bb<\/p>\n<p>\u00abAs falas locais exteriorizan toda a potencia dun inconsciente colectivo moi dif\u00edcil de desenmara\u00f1ar.\u00bb<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O libro e a aplicaci&oacute;n m&oacute;bil &laquo;Palabras de noso&raquo; recolle l&eacute;xico patrimonial dos Ancares para po&ntilde;er en valor a cultura propia e afondar na historia local.<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11380,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10603","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10603","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10603"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10603\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11380"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10603"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10603"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10603"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}