{"id":10639,"date":"2016-05-25T00:00:00","date_gmt":"2016-05-25T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/deputacion-concello-e-craega-celebran-en-lugo-esta-fin-de-semana-a-feira-ecoloxica-agora-verde\/"},"modified":"2023-09-18T12:19:34","modified_gmt":"2023-09-18T12:19:34","slug":"deputacion-concello-e-craega-celebran-en-lugo-esta-fin-de-semana-a-feira-ecoloxica-agora-verde","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/deputacion-concello-e-craega-celebran-en-lugo-esta-fin-de-semana-a-feira-ecoloxica-agora-verde\/","title":{"rendered":"Deputaci\u00f3n, Concello e CRAEGA celebran en Lugo esta fin de semana a feira ecol\u00f3xica \u201c\u00c1gora Verde\u201d"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: Deputaci\u00f3n de Lugo<\/p>\n<p>&#8211; A Praza Maior da capital luguesa acoller\u00e1 os produtos de 27 profesionais dende este venres e ata o domingo &#8211; Monforte de Lemos os d\u00edas 19, 20 e 21 de agosto; e Lourenz\u00e1 o 30 de setembro, 1 e 2 de outubro, ser\u00e1n os seguintes destinos da feira ecol\u00f3xica<\/p>\n<p>A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles L\u00f3pez Izquierdo, a Alcaldesa de Lugo, Lara M\u00e9ndez, e o Presidente de CRAEGA(Consello Regulador da Agricultura Ecol\u00f3xica de Galicia), Jos\u00e9 Antonio Fern\u00e1ndez \u00c1lvarez, presentaron este m\u00e9rcores a feira ecol\u00f3xica \u201c\u00c1gora Verde\u201d, que acoller\u00e1 a Praza Maior da capital lucense dende este venres e ata o domingo.<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n colabora co CRAEGA na celebraci\u00f3n destas iniciativas na provincia, pois, ademais da desta fin de semana en Lugo, tam\u00e9n as levar\u00e1n a Monforte de Lemos o 19, 20 e 21 de agosto; e a Lourenz\u00e1 o 30 de setembro, 1 e 2 de outubro.<\/p>\n<p>L\u00f3pez Izquierdo destacou a aposta da Deputaci\u00f3n pola agricultura ecol\u00f3xica como unha oportunidade econ\u00f3mica para a provincia, pois en Lugo conc\u00e9ntranse m\u00e1is da metade das 20.000 hect\u00e1reas que hai en produci\u00f3n en toda Galicia. Segundo datos oficiais sobre este sector na Comunidade e no \u00faltimo ano, o volume de ventas de produtos aumentou en preto dun 7%, xerando un volume de negocio de 33,3 mill\u00f3ns de euros; e o n\u00famero de operados incrementouse nun 13%, acadando os 721.<\/p>\n<p>Nas feiras ecol\u00f3xicas a Deputaci\u00f3n divulgar\u00e1 informaci\u00f3n sobre as Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses, nas que nos seus planes de acci\u00f3n se promove a agricultura ecol\u00f3xica na estratexia de desenvolvemento sostible do territorio.<\/p>\n<p>Neste senso tam\u00e9n incidiu a Alcaldesa, quen valorou a evoluci\u00f3n tan positiva da produci\u00f3n ecol\u00f3xica en Galicia, que lle atribu\u00edu ao \u201cgran traballo\u201d que desenvolve CRAEGA. Lara M\u00e9ndez tam\u00e9n se mostrou satisfeita porque Lugo acolla a posta de largo do proxecto \u00c1gora Verde, pois para o Concello esta feira sup\u00f3n un elemento dinamizador m\u00e1is da cidade, cun importante retorno econ\u00f3mico e social para a cidade.\u00a0Ademais, a rexedora avogou polo sector da agricultura ecol\u00f3xica como unha oportunidade econ\u00f3mica e de emprego<\/p>\n<p>Feiras en Lugo, Monforte e Lourenz\u00e1<\/p>\n<p>\u201c\u00c1gora Verde\u201d ter\u00e1 lugar en Lugo os vindeiros d\u00edas 27, 28 e 29 de maio. O horario ser\u00e1 de 17:30 horas \u00e1s 21:00 horas o venres; 10:30-14:00\/17:30-21:00 horas o s\u00e1bado; e de 10:30 a 14:00 horas o domingo.<\/p>\n<p>Participar\u00e1n 27 profesionais: Adega, Teixeiro Lemos, Alicornio, Organic, Lucuors, Amorodo, Apega, Avega, Bubela, Caf\u00e9s Candelas, Landea en Mi\u00f1o, Casa Anxel, Casa de Villarullo, Caurelor, Celtaverde, Cerveixas Pardao, Condado Padaranta, Daiki, Daveiga, Despensa do av\u00f3 Francisco, Ingapan, Pecado de outono, Ribela, Souto da Trabe, Sovoral, Terra de Baronceli e Vegalsa.<\/p>\n<p>En Monforte de Lemos, a cita ser\u00e1 dende 19, 20 e 21 de agosto. En Lourenz\u00e1 ser\u00e1 o 30 de setembro, 1 e 2 de outubro.Promoci\u00f3n, talleres, encontros, degustaci\u00f3ns Nas tres feiras, haber\u00e1 actos de promoci\u00f3n dos produtos, talleres, presentaci\u00f3ns, debates, encontros en torno a agricultura ecol\u00f3xica e o seu futuro en Galicia; showcooking, degustaci\u00f3ns ou demostraci\u00f3ns.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; A Praza Maior da capital luguesa acoller&aacute; os produtos de 27 profesionais dende este venres e ata o domingo &#8211; Monforte de Lemos os d&iacute;as 19, 20 e 21 de agosto; e Lourenz&aacute; o 30 de setembro, 1 e 2 de outubro, ser&aacute;n os seguintes destinos da feira ecol&oacute;xica<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11416,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10639","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10639","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10639"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10639\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11416"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10639"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10639"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10639"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}