{"id":10691,"date":"2016-10-30T00:00:00","date_gmt":"2016-10-30T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/o-pasamento-alen-dos-ancares\/"},"modified":"2023-09-18T12:18:40","modified_gmt":"2023-09-18T12:18:40","slug":"o-pasamento-alen-dos-ancares","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/o-pasamento-alen-dos-ancares\/","title":{"rendered":"O pasamento al\u00e9n dos Ancares"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: El Progreso &#8211; Pilar Cheda<\/p>\n<h3 style=\"box-sizing: border-box; margin: 0px 0px 30px; padding: 0px; border: 0px; font-variant-numeric: inherit; font-weight: normal; font-stretch: inherit; font-size: 1.3em; line-height: 1.5em; font-family: Georgia; vertical-align: baseline;\">Por que non se varre de noite? Que ocultan os cruces de cami\u00f1os? Por que se lles fala aos defuntos? Existen os aparecidos, as \u00e1nimas, as visi\u00f3ns? A cultura da morte condiciona inconscientemente os h\u00e1bitos de vida e as monta\u00f1as de Lugo atesouran ritos e crenzas que axudan a manter unha boa relaci\u00f3n co al\u00e9n<\/h3>\n<p style=\"box-sizing: border-box; margin: 0px 0px 5px; padding: 0px; border: 0px; font-variant-numeric: inherit; font-stretch: inherit; font-size: 1.3em; line-height: 1.5em; font-family: Georgia; vertical-align: baseline; color: #555555;\">A cultura da morte \u00e9 dogma para os galegos e nos Ancares roza a categor\u00eda de lei. As sociedades rurais conservan ritos e costumes que as monta\u00f1as custodiaron ao longo dos s\u00e9culos, un tesouro compartido entre vivos e mortos.<br style=\"box-sizing: border-box;\" \/><br style=\"box-sizing: border-box;\" \/>En Galicia non hai mortos, sen\u00f3n defuntos, e esta distinci\u00f3n conleva un trato diferenciado. O defunto \u00e9 unha persoa mentres est\u00e1 exposto e o velorio \u00e9 un tr\u00e1mite para que pase a outra vida. Non se lles di adeus, sen\u00f3n que se asume que a partir dese momento o trato con eles ser\u00e1 diferente.<br style=\"box-sizing: border-box;\" \/><br style=\"box-sizing: border-box;\" \/>A persoa que morre perde o corpo, pero a s\u00faa alma cobra presenza na vida dos achegados. Nos Ancares cons\u00e9rvanse tradici\u00f3ns marcadas polo respecto aos defuntos e, a\u00ednda que moitos ritos se perderon, alg\u00fans integr\u00e1ronse na vida coti\u00e1. Xabier Moure, do colectivo Patrimonio dos Ancares, documentou centos deles.<br style=\"box-sizing: border-box;\" \/><br style=\"box-sizing: border-box;\" \/>Daquela que non hab\u00eda tanatorios, toda a parroquia se implicaba cando morr\u00eda un veci\u00f1o. Hab\u00eda que axudar a familia e o defunto. O primeiro era preparar o corpo e avisar da morte. Onde non chegaba o son das camp\u00e1s (que nalg\u00fans lugares, como en Becerre\u00e1, tocaban diferente se morr\u00eda un home ou se era unha muller), algu\u00e9n ti\u00f1a que ir porta por porta, con sol ou con neve.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: border-box; margin: 0px 0px 5px; padding: 0px; border: 0px; font-variant-numeric: inherit; font-stretch: inherit; font-size: 1.3em; line-height: 1.5em; font-family: Georgia; vertical-align: baseline; color: #555555;\">Ao defunto fal\u00e1baselle para que se deixase vestir mellor. Pech\u00e1baselle a boca para que non chamase por outro e os ollos para que non pousase a mirada en ningu\u00e9n, pois esa persoa ter\u00eda que seguilo no cami\u00f1o do Al\u00e9n.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: border-box; margin: 0px 0px 5px; padding: 0px; border: 0px; font-variant-numeric: inherit; font-stretch: inherit; font-size: 1.3em; line-height: 1.5em; font-family: Georgia; vertical-align: baseline; color: #555555;\"><br style=\"box-sizing: border-box;\" \/>Nos Ancares coloc\u00e1base unha fouce sobre o corpo, para protexelo do demo, e se non hab\u00eda un espazo mellor na casa, o defunto situ\u00e1base na lareira ou no h\u00f3rreo. Os veci\u00f1os acud\u00edan con comida, acompa\u00f1aban a familia e axudaban a levar o cadaleito no enterro.<br style=\"box-sizing: border-box;\" \/><br style=\"box-sizing: border-box;\" \/>En Navia e Cervantes, os achegados fac\u00edan o rito do abell\u00f3n. Rodeaban o corpo collidos das mans e daban voltas en corro emitindo un zumbido como o do insecto para espantar os malos esp\u00edritos. Se algu\u00e9n se soltaba antes de rematar, morr\u00eda axi\u00f1a.<br style=\"box-sizing: border-box;\" \/><br style=\"box-sizing: border-box;\" \/>\u00c1 hora do enterro, os nenos sac\u00e1banse da casa e o gando pech\u00e1base na corte, para que a sombra do defunto non lles fixese mal.<br style=\"box-sizing: border-box;\" \/><br style=\"box-sizing: border-box;\" \/>Os ritos no traslado ata o cemiterio son tantos coma lugares hai nos Ancares, pero hai unha constante: os cruces de cami\u00f1os. Son lugares enigm\u00e1ticos, cargados de lendas e paso habitual da Santa Compa\u00f1a. Por eles transita o ben e o mal e ao longo da historia foron escenario de ritos de fecundidade, sanaci\u00f3n ou purificaci\u00f3n, pero tam\u00e9n para convocar o demo. Nos cruces enterr\u00e1banse os nenos non bautizados e adultos que a Igrexa non quer\u00eda nos cemiterios.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: border-box; margin: 0px 0px 5px; padding: 0px; border: 0px; font-variant-numeric: inherit; font-stretch: inherit; font-size: 1.3em; line-height: 1.5em; font-family: Georgia; vertical-align: baseline; color: #555555;\">\n<p style=\"box-sizing: border-box; margin: 0px 0px 5px; padding: 0px; border: 0px; font-variant-numeric: inherit; font-stretch: inherit; font-size: 1.3em; line-height: 1.5em; font-family: Georgia; vertical-align: baseline; color: #555555;\">Nestes cruces paraban habitualmente os enterros: en Murias (Navia) un home levaba un banco para pousar o cadaleito mentres lle rezaban; en Vilavexe (As Nogais) cambiaba de sentido o cadaleito; cerca de Moreira (Cervantes) crav\u00e1base unha cruz na terra por cada morto. En Rao (Navia) e nun lugar entre Don\u00eds e Robledo (Cervantes), as cruces crav\u00e1banse en carballos.<br style=\"box-sizing: border-box;\" \/><br style=\"box-sizing: border-box;\" \/>A despedida dos seres queridos \u00e9 relativa. Cons\u00e9rvase o h\u00e1bito de falar con eles, cada un cos seus. Os vivos van ao cemiterio pedir consello ou contar novidades.<br style=\"box-sizing: border-box;\" \/><br style=\"box-sizing: border-box;\" \/>Os defuntos devolven as visitas \u00e1s veces. A menos benvida \u00e9 a Santa Compa\u00f1a, porque anuncia a morte, pero os aparecidos soen ser amables. Nos Ancares abundan as historias de persoas que aparecen de repente nos cami\u00f1os cando algu\u00e9n necesita orientaci\u00f3n, no medio da neve cando a ventisca cega ou para advertir dalg\u00fan perigo.<br style=\"box-sizing: border-box;\" \/><br style=\"box-sizing: border-box;\" \/>Na noite de defuntos, as presenzas son esperadas. En Robledo de Rao (Navia) os aparecidos x\u00fantanse na fonte, e en Robledo de Son cons\u00e9rvase a tradici\u00f3n de po\u00f1er un prato na cea para o defunto. En toda a comarca, por cada casta\u00f1a que se come ese d\u00eda l\u00edbrase unha alma do purgatorio.<br style=\"box-sizing: border-box;\" \/><br style=\"box-sizing: border-box;\" \/>Na noite de defuntos, as chemineas dos Ancares fumean ata o amencer porque se deixa un pau aceso toda a noite para que as \u00e1nimas se quenten. Pero este non \u00e9 o \u00fanico d\u00eda que se achegan. Poden vir calquera outro, por iso non se pode varrer de noite, para evitar expulsalas sen querer cando intentan achegarse ao lume.<br style=\"box-sizing: border-box;\" \/><br style=\"box-sizing: border-box;\" \/>Os veci\u00f1os dos Ancares tam\u00e9n co\u00f1ecen a \u00c1nima Soila. Cada un ten a s\u00faa e \u00e9 quen esperta a quen debe madrugar. Chega con rezar un Nosopai a v\u00e9spera. Tam\u00e9n hai quen di que non debe rez\u00e1rselle porque \u00e9 o demo.<br style=\"box-sizing: border-box;\" \/><br style=\"box-sizing: border-box;\" \/><strong style=\"box-sizing: border-box; margin: 0px; padding: 0px; border: 0px; font-style: inherit; font-variant: inherit; font-stretch: inherit; font-size: inherit; line-height: inherit; font-family: inherit; vertical-align: baseline;\">AVISOS.<\/strong>\u00a0Nos Ancares hai persoas \u00e1s que se lles atrib\u00fae a virtude de predecir acontencementos. Os responsadores anuncian o bo e o malo (a\u00ednda viven alg\u00fans en Becerre\u00e1 e As Nogais) e en Pedrafita hab\u00eda vedoiros que prev\u00edan desgrazas (bautizados con auga empregada nun enterro ou por un cura cunha estola que usou para tal fin).<br style=\"box-sizing: border-box;\" \/><br style=\"box-sizing: border-box;\" \/>Son moitos os sinais que anuncian a morte. Hai quen escoita un redobre de tambor ou unha curuxa. Tam\u00e9n \u00e9 mal sinal cando dous corvos cami\u00f1an \u00e1 par pola fonte do Cando, cando unha pega se pousa nunha vent\u00e1 de Viladicinte, cando a campa\u00ed\u00f1a da capela de Corneantes toca soa ou cando unha lousa do tellado repetica contra outra en Robledo de Son. En Vilarello de Don\u00eds \u00e9 o Renubeiro quen augura o pasamento e en Navia, O Busgoso ou O Choco, que vive no monte. En fronte est\u00e1n as saludadoras, nacidas en s\u00e1bado e que combaten os malos esp\u00edritos.<br style=\"box-sizing: border-box;\" \/><br style=\"box-sizing: border-box;\" \/>E toda crenza require festa. En Becerre\u00e1 hai As \u00c1nimas e As Candeas, nacidas dos ritos de iluminaci\u00f3n, fecundidade e protecci\u00f3n.<br style=\"box-sizing: border-box;\" \/><br style=\"box-sizing: border-box;\" \/>Os Ancares preservaron unha herdanza ameazada pola modernidade, unha cultura da morte que debera ser eterna.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<h3 style=\"box-sizing: border-box; margin: 0px 0px 30px; padding: 0px; border: 0px; font-variant-numeric: inherit; font-weight: normal; font-stretch: inherit; font-size: 1.3em; line-height: 1.5em; font-family: Georgia; vertical-align: baseline;\">Por que non se varre de noite? Que ocultan os cruces de cami&ntilde;os? Por que se lles fala aos defuntos? Existen os aparecidos, as &aacute;nimas, as visi&oacute;ns? A cultura da morte condiciona inconscientemente os h&aacute;bitos de vida e as monta&ntilde;as de Lugo atesouran ritos e crenzas que axudan a manter unha boa relaci&oacute;n co al&eacute;n<\/h3>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11468,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10691","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10691","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10691"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10691\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11468"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10691"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10691"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10691"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}