{"id":10805,"date":"2018-01-28T00:00:00","date_gmt":"2018-01-28T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/deputacion-principado-de-asturias-e-16-concellos-unense-para-xerar-a-gran-senda-do-navia\/"},"modified":"2023-09-18T12:15:05","modified_gmt":"2023-09-18T12:15:05","slug":"deputacion-principado-de-asturias-e-16-concellos-unense-para-xerar-a-gran-senda-do-navia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/deputacion-principado-de-asturias-e-16-concellos-unense-para-xerar-a-gran-senda-do-navia\/","title":{"rendered":"Deputaci\u00f3n, Principado de Asturias e 16 Concellos \u00fanense para xerar a Gran Senda do Navia"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: Deputaci\u00f3n de Lugo<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">&#8211; O Deputado de Medio Ambiente informou sobre a presentaci\u00f3n do anteproxecto que Deputaci\u00f3n, Principado de Asturias e 16 Concellos elaboraron e xa presentaron en Madrid a representantes do Ministerio de Medio Ambiente<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">&#8211; Implica unha ruta peonil e cicloturista en 428 Km, seguindo o curso do R\u00edo Navia por 7 Concellos de Lugo e 9 de Asturias, e conectando cos Cami\u00f1os Franc\u00e9s, Primitivo, Norte, co Cami\u00f1o Natural da Cordillera Cant\u00e1brica ou co Sendeiro da Cornisa Atl\u00e1ntica<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">&#8211; \u201c\u00c9 unha iniciativa que busca xerar riqueza a trav\u00e9s do medio ambiente e do turismo, po\u00f1endo en valor o sen fin de cursos naturais, patrimoniais, culturais ou etnogr\u00e1ficos cos que contamos nestes 16 Concellos, gravemente afectados polo despoboamento\u201d<\/p>\n<p>&#8211; B\u00fascase a colaboraci\u00f3n do Goberno Central a trav\u00e9s do Ministerio de Medio Ambiente, como administraci\u00f3n coas competencias plenas na materia, cun financiamento de 4,2 mill\u00f3ns a trav\u00e9s do programa estatal Cami\u00f1os Naturais<\/p>\n<p style=\"box-sizing: border-box;\">O Deputado de Cooperaci\u00f3n cos Concellos e Medio Ambiente, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo, informou sobre o anteproxecto que Deputaci\u00f3n de Lugo, Principado de Asturias e 16 Concellos galegos e asturianos presentaron ao Goberno Central, concretamente a responsables do Ministerio de Medio Ambiente nunha reuni\u00f3n que mantiveron en Madrid cos mesmos, para a xeraci\u00f3n da Gran Senda do Navia.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: border-box;\">Tr\u00e1tase dun grande espazo natural de 428 quil\u00f3metros, seguindo o curso do R\u00edo Navia e discorrendo por 7 Concellos de Lugo (Negueira de Mu\u00f1iz, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Cervantes, Becerre\u00e1, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro) e 9 de Asturias (Allande, Boal, Coa\u00f1a, Grandas, Ibias, Illano, Navia, Pesoz e Villay\u00f3n).<\/p>\n<p style=\"box-sizing: border-box;\">O anteproxecto presentado implica a dotaci\u00f3n dunha senda peonil e cicloturista nesta grande zona natural, que conta con importantes recursos patrimoniais, culturais, etnogr\u00e1ficos&#8230; ademais de conectar cos Cami\u00f1os Franc\u00e9s, Primitivo e Norte, as\u00ed como co Cami\u00f1o Natural da Cordillera Cant\u00e1brica ou co Sendeiro da Cornisa Atl\u00e1ntica.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: border-box;\">Fern\u00e1ndez Queipo destacou que \u201ccon este iniciativa, Deputaci\u00f3n, Principado de Asturias e Concellos, sumamos esforzos para xerar riqueza a trav\u00e9s do turismo e do medio ambiente, aproveitando e po\u00f1endo en valor o sen fin de recursos \u00fanicos cos que conta nesta fermosa e ampla zona. \u00c9 unha oportunidade \u00fanica para facer fronte ao despoboamento demogr\u00e1fico que sufrimos e dinamizar a econom\u00eda local\u201d.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: border-box;\">O Deputado, tam\u00e9n Alcalde da Fonsagrada, explicou que \u201cpresentamos este anteproxecto ao Goberno Central na busca da s\u00faa colaboraci\u00f3n, como administraci\u00f3n coas competencia na materia. Queremos concorrer \u00e1s axudas do programa estatal\u00a0<em style=\"box-sizing: border-box;\">Cami\u00f1os Naturais,\u00a0<\/em>tendo en conta que para o seu desenvolvemento \u00e9 preciso acadar un financiamento duns 4,2 mill\u00f3ns de euros. Necesitamos uns 10.000 euros por quil\u00f3metro para levar a cabo tarefas de sinalizaci\u00f3n, desbroce, acondicionamento de \u00e1reas de descanso, melloras no firme das estradas, en canalizaci\u00f3ns, tra\u00eddas de auga ou en saneamentos, ou reconstru\u00edr infraestruturas existentes, entre outros traballos\u201d.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: border-box;\"><strong style=\"box-sizing: border-box;\">Posta en valor de recursos \u00fanicos no rural<\/strong><\/p>\n<p style=\"box-sizing: border-box;\">Os Gobernos de Deputaci\u00f3n, Principado de Asturias e dos 16 citados Concellos decidiron po\u00f1er en marcha esta iniciativa pola oportunidade econ\u00f3mica \u00fanica que sup\u00f3n, nunha firme aposta conxunta polo medio ambiente e o turismo. A senda establecer\u00eda unha tripla conexi\u00f3n coas rutas de peregrinaci\u00f3n a Santiago, concretamente cos Cami\u00f1os Franc\u00e9s, Primitivo e Norte, as\u00ed como co\u00a0<em style=\"box-sizing: border-box;\">Cami\u00f1o natural da Cordillera Cant\u00e1brica<\/em>\u00a0e co\u00a0<em style=\"box-sizing: border-box;\">Sendeiro da Cornisa Atl\u00e1ntica.<\/em>\u00a0Ademais, supor\u00eda a posta en valor de atractivos etnogr\u00e1ficos, patrimoniais ou naturais de ditos 16 Concellos. Por exemplo: en\u00a0<strong style=\"box-sizing: border-box;\"><span style=\"box-sizing: border-box; text-decoration: underline;\">Negueira de Mu\u00f1iz<\/span><\/strong>, do encoro de Salime, determinado como Zona de Especial Conservaci\u00f3n Negueira-Rede Natura 2000, da \u00e1rea recreativa da Virxe da Veiga, da aldea de Ernes ou da Feira do vi\u00f1o. Na\u00a0<strong style=\"box-sizing: border-box;\"><span style=\"box-sizing: border-box; text-decoration: underline;\">Fonsagrada<\/span><\/strong>, da seimeira de Vilagocende e das de Queiroxo (ruta); do castro de Casta\u00f1oso, fortaleza da Pobra de Bur\u00f3n, Cami\u00f1o Primitivo, dolmen ou dos restos do antigo hospital de peregrinos de Montouto. En\u00a0<strong style=\"box-sizing: border-box;\"><span style=\"box-sizing: border-box; text-decoration: underline;\">Navia de Suarna<\/span><\/strong>, da fortaleza medieval e ponte medieval sobre o r\u00edo Navia, \u00e1rea recreativa do Navia, cabanas de pan do Zarco, porto Ancares. En\u00a0<strong style=\"box-sizing: border-box;\"><span style=\"box-sizing: border-box; text-decoration: underline;\">Cervantes<\/span><\/strong>; do castro de Santa Mar\u00eda, castelo de Doiras, fortaleza de Quind\u00f3s, aldea de Piornedo, igrexa de Don\u00eds, rutas como a de Tres Bispos e a do pico Mustallar. En\u00a0<strong style=\"box-sizing: border-box;\"><span style=\"box-sizing: border-box; text-decoration: underline;\">Becerre\u00e1,<\/span><\/strong>\u00a0ponte de Gat\u00edn, pertencente \u00e1 v\u00eda romana XIX, o Mosteiro de Santa Mar\u00eda de Penamaior, a ruta Quint\u00e1- R\u00edo Donsal, a ponte de Cruzul, a Zona de Especial Conservaci\u00f3n Cruzul-Ag\u00fceira ou os bosque dos Grobos. Nas\u00a0<strong style=\"box-sizing: border-box;\"><span style=\"box-sizing: border-box; text-decoration: underline;\">Nogais<\/span><\/strong>, as Torre de Doncos e de Tor\u00e9s, igrexa de San Andr\u00e9s, pazo de Doncos, rutas de sendeirismo varias e Zona de Especial Conservaci\u00f3n Cruzul-Ag\u00fceira, inclu\u00edda na Rede Natura 2000). En\u00a0<strong style=\"box-sizing: border-box;\"><span style=\"box-sizing: border-box; text-decoration: underline;\">Pedrafita do Cebreiro,<\/span><\/strong>\u00a0Cami\u00f1o Franc\u00e9s, a aldea do Cebreiro, ou o monumento ao peregrino no alto de San Roque.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: border-box;\"><strong style=\"box-sizing: border-box;\">Caracter\u00edsticas do anteproxecto<\/strong><\/p>\n<p style=\"box-sizing: border-box;\">O anteproxecto implica o dese\u00f1o dunha ruta que aproveita os cami\u00f1os tradicionais existentes e enlaza con diferentes recursos tur\u00edsticos de car\u00e1cter patrimonial, natural, arquitect\u00f3nico e etnogr\u00e1fico; buscando en todos os casos os m\u00ednimos custos de construci\u00f3n e mantemento. Ademais, a Gran Senda do Navia busca atravesar o maior n\u00famero de aldeas posible, sempre preto do canle do r\u00edo Navia, cos menores desniveis posibles e conectando lugares de interese ou singulares. Por exemplo, poderanse crear sendas \u00e1s d\u00faas marxes do r\u00edo e incluso realizar enlaces entre ambas as d\u00faas marxes a trav\u00e9s da construci\u00f3n de pasarelas, pontes ou presas.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: border-box;\">Entre as intervenci\u00f3ns m\u00e1is urxentes \u00e1 realizar no territorio destacan a instalaci\u00f3n de sinalizaci\u00f3n horizontal e vertical; desbroces, mellora das \u00e1reas de descanso, canalizaci\u00f3ns, tra\u00eddas de auga e saneamentos; mellora do firme de estradas ou reconstruci\u00f3n de infraestruturas xa existentes, entre outros.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p class=\"MsoNormal\">&#8211; O Deputado de Medio Ambiente informou sobre a presentaci&oacute;n do anteproxecto que Deputaci&oacute;n, Principado de Asturias e 16 Concellos elaboraron e xa presentaron en Madrid a representantes do Ministerio de Medio Ambiente<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">&#8211; Implica unha ruta peonil e cicloturista en 428 Km, seguindo o curso do R&iacute;o Navia por 7 Concellos de Lugo e 9 de Asturias, e conectando cos Cami&ntilde;os Franc&eacute;s, Primitivo, Norte, co Cami&ntilde;o Natural da Cordillera Cant&aacute;brica ou co Sendeiro da Cornisa Atl&aacute;ntica<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">&#8211; &ldquo;&Eacute; unha iniciativa que busca xerar riqueza a trav&eacute;s do medio ambiente e do turismo, po&ntilde;endo en valor o sen fin de cursos naturais, patrimoniais, culturais ou etnogr&aacute;ficos cos que contamos nestes 16 Concellos, gravemente afectados polo despoboamento&rdquo;<\/p>\n<p>&#8211; B&uacute;scase a colaboraci&oacute;n do Goberno Central a trav&eacute;s do Ministerio de Medio Ambiente, como administraci&oacute;n coas competencias plenas na materia, cun financiamento de 4,2 mill&oacute;ns a trav&eacute;s do programa estatal Cami&ntilde;os Naturais<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11582,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10805","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10805","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10805"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10805\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11582"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10805"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10805"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10805"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}