{"id":10825,"date":"2018-02-15T00:00:00","date_gmt":"2018-02-15T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/a-deputacion-ofrece-unha-nova-edicion-do-campus-de-emprendemento-pois-xerou-21-empresas-na-provincia\/"},"modified":"2023-09-18T12:14:04","modified_gmt":"2023-09-18T12:14:04","slug":"a-deputacion-ofrece-unha-nova-edicion-do-campus-de-emprendemento-pois-xerou-21-empresas-na-provincia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-ofrece-unha-nova-edicion-do-campus-de-emprendemento-pois-xerou-21-empresas-na-provincia\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n ofrece unha nova edici\u00f3n do Campus de Emprendemento pois xerou 21 empresas na provincia"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: Deputaci\u00f3n de Lugo<\/p>\n<p><strong>&#8211; Fern\u00e1ndez Queipo avanzou este xoves que outros 40 lucenses poder\u00e1n recibir asesoramento individualizado e formaci\u00f3n te\u00f3rica-pr\u00e1ctica para abrir os seus negocios <\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; Farano a trav\u00e9s das acci\u00f3ns que incl\u00fae o <em>V Campus de Emprendemento Sostible<\/em>. Ma\u00f1\u00e1 abre o prazo de inscrici\u00f3n en <\/strong><a href=\"http:\/\/www.deputacionlugo.gal\/\"><strong>www.deputacionlugo.gal<\/strong><\/a><strong> ata o 5 de marzo <\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; 80 estudantes de FP co\u00f1ecen as oportunidades de emprender coas sesi\u00f3ns que se levan aos IES San Rosendo de Mondo\u00f1edo, IES Trapero Pardo en Castro de Rei e CFEA Alta Monta\u00f1a, que son os 3 centros p\u00fablicos da provincia que ofrecen ensinanzas superiores sobre produci\u00f3n agropecuaria, xesti\u00f3n forestal e do medio ambiente<\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; A Deputaci\u00f3n tam\u00e9n sensibiliza a 46 alumnos de Secundaria sobre o emprendemento con clases no IES de Becerre\u00e1 e CEIP de Navia de Suarna. O Deputado e o Alcalde deste \u00faltimo Concello participaron hoxe nunha das sesi\u00f3ns<\/strong><\/p>\n<p>O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo, adiantou este xoves que o Goberno Provincial decidiu p\u00f3r en marcha a quinta edici\u00f3n do <em>Campus de Emprendemento Sostible<\/em> tendo en conta o \u00e9xito acadado coas anteriores convocatorias, pois motivaron a xeraci\u00f3n ata o momento (mentres se contin\u00faa co asesoramento para o desenvolvemento doutros proxectos empresariais) de 21 novas empresas na provincia e, polo tanto, de novos postos de traballo no conxunto do territorio lugu\u00e9s.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez Queipo explicou que a trav\u00e9s do Campus de Emprendemento Sostible o Executivo da Deputaci\u00f3n ofrece gratuitamente a todos os lucenses formaci\u00f3n, asesoramento individualizado e co\u00f1ecemento <em>in situ<\/em> sobre iniciativas empresariais exitosas, con visitas \u00e1s mesmas e encontros cos emprendedores, co obxectivo de po\u00f1er en marcha os seus propios establecementos en calquera dos 29 Concellos que integran as Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses. \u201cDeste xeito, tam\u00e9n contribu\u00edmos \u00e1 posta en valor destes espazos naturais, \u00e1 promoci\u00f3ns das s\u00faas oportunidades econ\u00f3micas e a facer fronte ao despoboamento demogr\u00e1fico\u201d, engadiu.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Solicitude, cursos e datas<\/strong><\/p>\n<p>O Deputado adiantou que ma\u00f1\u00e1 mesmo, 16 de febreiro, se abre o prazo de solicitude do Campus. Hai 40 prazas. Os interesados poden inscribirse ata o 5 de marzo no espazo que estar\u00e1 habilitado en <a href=\"http:\/\/www.deputacionlugo.gal\/\">www.deputacionlugo.gal<\/a>. Poder\u00e1n participar en calquera dos dous seguintes Campus, cuxas clases formativas se impartir\u00e1n no Centro de Interpretaci\u00f3n, situado no Paseo do R\u00edo Rato, na capital lucenses:<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><span style=\"text-decoration: underline;\">Campus de motivaci\u00f3n empresarial:<\/span> (20 prazas) abordaranse os elementos principais a ter en conta \u00e1 hora de abrir unha empresa, as oportunidades de negocio na provincias, os proxectos exitosos postos en marcha&#8230; As sesi\u00f3ns te\u00f3ricas ter\u00e1n lugar o 6, 7 e 8 de marzo en horario de 10:00 a 14:00 horas. Haber\u00e1 visitas a empresas o 9 de marzo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><span style=\"text-decoration: underline;\">Campus de maduraci\u00f3n empresarial<\/span>: (20 prazas) traballarase a maduraci\u00f3n da idea empresarial de cada un dos participantes, analizando, por exemplo, a s\u00faa viabilidade comercial, t\u00e9cnica e legal a trav\u00e9s da metodolox\u00eda Canvas, o enfoque medioambiental con exemplos pr\u00e1cticos ou a viabilidade econ\u00f3mico-financeira a 5 anos. As sesi\u00f3ns te\u00f3ricas desenvolveranse o 12, 13 e 14 de marzo en horario de 10:00 a 14:00 horas. Haber\u00e1 visitas a empresas o 15 de marzo.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>21 empresas xeradas<\/strong><\/p>\n<p>As catro anteriores edici\u00f3ns do Campus de Emprendemento Sostible supuxo polo de agora, pois contin\u00faa o asesoramento para a posta en marcha de m\u00e1is proxectos empresariais, dun total de 21 novas empresas na provincia. Estas son as seguintes: A horta da Sancoveiga; Esther Fern\u00e1ndez D\u00edaz; Nenea, medrar creando; Avogar; Bico de Grao; PK3 Ingenieros; Marmeladas Acea de Olga; WiseKid Summer Camp; Mel Casa Pr\u00edncipe; Explotaci\u00f3n Extensiva de Gando Vac\u00fan; Abad\u00eda; Bufarda Arquitectura; Esmorga Eventos; Galim\u00f3s: A nosa granxa de gali\u00f1as de M\u00f3s; M3 Aguas: ingenier\u00eda ambiental; Tu alicate, tenda online de ferramentas; Artesan\u00eda Calabazas Mago de Luz; Centro Shalom; Caser\u00edo Meiroi; Elexes, m\u00e1s que electricidad; Hotel Os Ancares.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Formaci\u00f3n para estudantes de FP e Secundaria<\/strong><\/p>\n<p>O <em>V Campus de Emprendemento Sostible <\/em>tam\u00e9n incl\u00fae formaci\u00f3n gratu\u00edta e <em>in situ<\/em> sobre as posibilidades de emprender aos estudantes dos 3 centros p\u00fablicos da provincia que ofrecen ensinanzas superiores sobre produci\u00f3n agropecuaria, xesti\u00f3n forestal e do medio ambiente. Tr\u00e1tanse do IES San Rosendo de Mondo\u00f1edo, IES Trapero Pardo en Castro de Rei e CFEA Alta Monta\u00f1a. Son 80 os alumnos que participan. As\u00ed mesmo, por primeira vez, tam\u00e9n se quixo levar esta formaci\u00f3n a outros 46 estudantes de Secundaria para sensibilizalos co emprendemento. Neste caso, levase aos IES de Becerre\u00e1 e aos CEIP de Navia de Suarna. Queipo Fern\u00e1ndez participou hoxe, xunto ao Alcalde de Navia de Suarna, Jos\u00e9 Fern\u00e1ndez, na clase formativa que se desenvolveu no centro escolar deste Concello.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p><strong>&#8211; Fern&aacute;ndez Queipo avanzou este xoves que outros 40 lucenses poder&aacute;n recibir asesoramento individualizado e formaci&oacute;n te&oacute;rica-pr&aacute;ctica para abrir os seus negocios <\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; Farano a trav&eacute;s das acci&oacute;ns que incl&uacute;e o <em>V Campus de Emprendemento Sostible<\/em>. Ma&ntilde;&aacute; abre o prazo de inscrici&oacute;n en <\/strong><a href=\"http:\/\/www.deputacionlugo.gal\/\"><strong>www.deputacionlugo.gal<\/strong><\/a><strong> ata o 5 de marzo <\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; 80 estudantes de FP co&ntilde;ecen as oportunidades de emprender coas sesi&oacute;ns que se levan aos IES San Rosendo de Mondo&ntilde;edo, IES Trapero Pardo en Castro de Rei e CFEA Alta Monta&ntilde;a, que son os 3 centros p&uacute;blicos da provincia que ofrecen ensinanzas superiores sobre produci&oacute;n agropecuaria, xesti&oacute;n forestal e do medio ambiente<\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; A Deputaci&oacute;n tam&eacute;n sensibiliza a 46 alumnos de Secundaria sobre o emprendemento con clases no IES de Becerre&aacute; e CEIP de Navia de Suarna. O Deputado e o Alcalde deste &uacute;ltimo Concello participaron hoxe nunha das sesi&oacute;ns<\/strong><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11602,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10825","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10825","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10825"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10825\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11602"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10825"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10825"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10825"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}