{"id":10902,"date":"2018-10-04T00:00:00","date_gmt":"2018-10-04T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/case-20-mozos-da-eso-de-navia-visitan-empresas-lucenses-de-exito-no-rural-para-fomentar-o-emprendemento\/"},"modified":"2023-09-18T12:09:28","modified_gmt":"2023-09-18T12:09:28","slug":"case-20-mozos-da-eso-de-navia-visitan-empresas-lucenses-de-exito-no-rural-para-fomentar-o-emprendemento","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/case-20-mozos-da-eso-de-navia-visitan-empresas-lucenses-de-exito-no-rural-para-fomentar-o-emprendemento\/","title":{"rendered":"Case 20 mozos da ESO de Navia visitan empresas lucenses de \u00e9xito no rural para fomentar o emprendemento"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: Deputaci\u00f3n de Lugo<\/p>\n<p>Son alumnos do IES de Navia de Suarna que participan no Campus de Emprendemento Sostible da Deputaci\u00f3n. Fix\u00e9rono acompa\u00f1ados polo Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo<\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez Queipo: \u201cdefendemos vivir no rural e do rural e traballamos para conseguir xerar novas oportunidades de negocio, aproveitando os recursos de xeito sostible. \u00c9 por iso polo que ofrecemos este plan con formaci\u00f3n e asesoramento que completamos con visitas, na que os mozos co\u00f1ecen empresas de \u00e9xito no rural\u201d<\/p>\n<p>O Campus de Emprendemento Sostible \u00e9 unha iniciativa formativa e de asesoramento que puxo en marcha a Deputaci\u00f3n de Lugo co fin de buscar novas oportunidades no rural e no que se formaron xa case 500 persoas de todas as idades<\/p>\n<p>Un total de 19 mozos da ESO do IES de Navia de Suarna visitaron este xoves empresas lucenses de \u00e9xito no rural para fomentar e impulsar o emprendemento na provincia. Fix\u00e9rono acompa\u00f1ados polo Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo, e ao abeiro do Campus de Emprendemento Sostible da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses, unha pioneira iniciativa da Deputaci\u00f3n de Lugo, coa que alumnos da provincia reciben formaci\u00f3n e asesoramento gratu\u00edto para crear as s\u00faas empresas, aproveitando os recursos de xeito sustentable.<\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez Queipo explicou que \u201cdende o Goberno da Deputaci\u00f3n defendemos vivir no rural e do rural, por iso traballamos cada d\u00eda para conseguir xerar novas oportunidades de negocio, aproveitando os recursos dos que dispomos de xeito sostible. \u00c9 por iso polo que ofrecemos este plan, enfocado neste caso aos mozos, aos que ofrecemos formaci\u00f3n, asesoramento individualizado e co\u00f1ecemento sobre iniciativas empresariais e modelos de negocio de \u00e9xito na provincia de Lugo. Pero ademais, completamos esta formaci\u00f3n con visitas in situ como a de hoxe, na que os mozos co\u00f1ecen distintas empresas que dan bo exemplo de que o rural lucense ten moitas potencialidades\u201d.<\/p>\n<p><strong>Visitando modelos de \u00e9xito<\/strong><br \/>\nFern\u00e1ndez Queipo, xunto aos estudantes, comezaron a xornada visitando Vida de Aldea, unha explotaci\u00f3n gandeira, principalmente l\u00e1ctea, de Outeiro de Rei, que traballa nun proxecto de impulso ao medio rural e de implicaci\u00f3n directa do consumidor cos produtos agrogandeiros para tentar eliminar intermediarios con motivo da baixa do prezo do leite. De seguido, continuaron a xornada visitando o obradoiro de Idoia Cuesta, unha reco\u00f1ecida artes\u00e1n afincada en Lugo de cester\u00eda e t\u00e9xtil, que traballa e colabora con marcas a nivel internacional tan prestixiosas como Loewe ou Sara Coleman&#8230; Cuesta explicou que o seu modelo de negocio bas\u00e9ase na xeraci\u00f3n de pezas contempor\u00e1neas e fusi\u00f3n t\u00e9xtil, a trav\u00e9s da combinaci\u00f3n de materiais org\u00e1nicos recuperando e aproveitando t\u00e9cnicas totalmente artesanais. A dese\u00f1adora afondou tam\u00e9n no feito de que a natureza e \u00e1 paisaxe que a rodea no seu d\u00eda a d\u00eda os bosques, o r\u00edo Mi\u00f1o, os cultivos, as terras, as cego\u00f1as e os seus ni\u00f1os son unha das s\u00faas principais fontes de inspiraci\u00f3n, que a impulsan a realizar pezas sustentables. Para finalizar, os alumnos foron ao obradoiro Xaneco, un taller que comezou a s\u00faa actividade de construci\u00f3n de instrumentos musicais de que respondesen \u00e1s necesidade dos profesionais do sector. O xerente explicou que emprega t\u00e9cnicas cl\u00e1sicas de creaci\u00f3n, baseadas en amplos estudos, con outras innovadoras que buscan adaptar o instrumento a cada m\u00fasico. Son todos instrumentos de percusi\u00f3n tradicional e zanfonas<\/p>\n<p><strong>Preto de 500 participantes e 21 empresas creadas<\/strong><br \/>\nO Campus de Emprendemento Sostible \u00e9 unha iniciativa formativa e de asesoramento que puxo en marcha a Deputaci\u00f3n de Lugo co fin de buscar novas oportunidades no rural. Deste xeito, dende a s\u00faa posta en marcha, foron case 500 as persoas de todas as idades que recibiron esta formaci\u00f3n de xeito totalmente gratu\u00edto, que produciron a creaci\u00f3n de 21 novas empresas na provincia.<\/p>\n<p><strong>Campus de maduraci\u00f3n da idea empresarial<\/strong><br \/>\nA Deputaci\u00f3n ofrecer\u00e1 durante o vindeiro ano Campus de Maduraci\u00f3n da Idea Empresarial, inclu\u00eddo no Campus de Emprendemento Sostible, dirixido a persoas que xa te\u00f1en avanzada a s\u00faa idea de negocio. \u00c9 un campus de asesoramento sobre viabilidade comercial, t\u00e9cnica, legal, medioambiental ou econ\u00f3mica-financeira para que poidan, finalmente, p\u00f3r en marcha os seus negocios.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Son alumnos do IES de Navia de Suarna que participan no Campus de Emprendemento Sostible da Deputaci&oacute;n. Fix&eacute;rono acompa&ntilde;ados polo Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fern&aacute;ndez Queipo<\/p>\n<p> Fern&aacute;ndez Queipo: &ldquo;defendemos vivir no rural e do rural e traballamos para conseguir xerar novas oportunidades de negocio, aproveitando os recursos de xeito sostible. &Eacute; por iso polo que ofrecemos este plan con formaci&oacute;n e asesoramento que completamos con visitas, na que os mozos co&ntilde;ecen empresas de &eacute;xito no rural&rdquo;<\/p>\n<p>O Campus de Emprendemento Sostible &eacute; unha iniciativa formativa e de asesoramento que puxo en marcha a Deputaci&oacute;n de Lugo co fin de buscar novas oportunidades no rural e no que se formaron xa case 500 persoas de todas as idades<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11679,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10902","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10902","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10902"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10902\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11679"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10902"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10902"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10902"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}