{"id":10906,"date":"2018-09-27T00:00:00","date_gmt":"2018-09-27T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/seis-expertos-analizan-as-posibilidades-de-aproveitamento-da-resina-nunha-xornada-de-balde\/"},"modified":"2023-09-18T12:09:29","modified_gmt":"2023-09-18T12:09:29","slug":"seis-expertos-analizan-as-posibilidades-de-aproveitamento-da-resina-nunha-xornada-de-balde","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/seis-expertos-analizan-as-posibilidades-de-aproveitamento-da-resina-nunha-xornada-de-balde\/","title":{"rendered":"Seis expertos analizan as posibilidades de aproveitamento da resina nunha xornada de balde"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: Deputaci\u00f3n de Lugo<\/p>\n<p><span style=\"font-size: 10pt;\">O Executivo Provincial xunto coas Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses, organizou unha xornada sobre a extracci\u00f3n de resina para dar a co\u00f1ecer, a trav\u00e9s da experiencia de expertos na materia, as posibilidades desta actividade econ\u00f3mica no rural lugu\u00e9s<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: 10pt;\">O Vicepresidente destacou que a produci\u00f3n de resina ten un grande potencial na provincia de Lugo e que sup\u00f3n unha posta en valor dos recursos da natureza<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: 10pt;\">O Vicepresidente da Deputaci\u00f3n, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo, inaugurou este xoves no Sal\u00f3n de Actos do Pazo de San Marcos, a xornada Posibilidades do aproveitamento resineiro, que reuniu a seis expertos na xesti\u00f3n forestal e a produci\u00f3n de resina. A xornada desenvolveuse en horario de ma\u00f1\u00e1 e tarde e congregou a medio centenar de persoas asistentes.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: 10pt;\">Fern\u00e1ndez Queipo sinalou que \u201cpara o Goberno da Deputaci\u00f3n \u00e9 unha satisfacci\u00f3n apoiar actos coma este, que po\u00f1en en valor os recursos da natureza e dan a co\u00f1ecer aproveitamentos forestais alternativos, que supo\u00f1en novas oportunidades de emprego no rural\u201d. E destacou que o sector resineiro ten un grande potencial en Lugo.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: 10pt;\">\u201cAdemais, tal e como explicar\u00e1n os expertos hoxe, a produci\u00f3n de resina trae beneficios m\u00e1is al\u00e1 da venda do produto \u00e1 industria transformadora\u201d, explicou Fern\u00e1ndez Queipo, \u201cxa que, ao mesmo tempo, permite manter\u00a0 o monte limpo e contribu\u00edr a evitar os incendios\u201d.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: 10pt;\">Programaci\u00f3n da xornada<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: 10pt;\">\u00a0A programaci\u00f3n iniciouse coa intervenci\u00f3n de Alejandro Rogero del R\u00edo, xerente de Rinc\u00f3n de la Vega, que explicou as diferentes normativas que afectan \u00e1 extracci\u00f3n de resina. A continuaci\u00f3n, Juan Carlos \u00c1lvarez Cabrero, da Asociaci\u00f3n Nacional para a Vertebraci\u00f3n e Defensa do Sector Resineiro, expuxo a situaci\u00f3n do sector en Espa\u00f1a o seu potencial como motor de desenvolvemento rural. E Gregorio Luis Cazurro, da Sociedad de Resinas Naturales, centrou a s\u00faa presentaci\u00f3n na adaptaci\u00f3n dos montes galegos \u00e1 resinaci\u00f3n. Finalmente, a sesi\u00f3n da ma\u00f1\u00e1 pechouse cunha mesa redonda.<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: 10pt;\">A xornada continuou \u00e1s 16.00 horas coa intervenci\u00f3n de Manuel Francisco Marey, da Universidade de Santiago de Compostela, que falou do futuro do sector forestal galego e da necesidade de novas alternativas. A continuaci\u00f3n participaron \u00c9rika Mart\u00ednez, de Letme Soluciones, e Manuel Guaita Fern\u00e1ndez, que falaron do aproveitamento resineiro como actividade para valorizar o sector forestal e o papel da madeira de con\u00edferas e o seu papel na econom\u00eda circular. Unha mesa redonda moderada por Fern\u00e1ndez Reija puxo o colof\u00f3n ao evento.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p><span style=\"font-size: 10pt;\">O Executivo Provincial xunto coas Reservas da Biosfera Terras do Mi&ntilde;o e Os Ancares Lucenses, organizou unha xornada sobre a extracci&oacute;n de resina para dar a co&ntilde;ecer, a trav&eacute;s da experiencia de expertos na materia, as posibilidades desta actividade econ&oacute;mica no rural lugu&eacute;s<\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: 10pt;\">O Vicepresidente destacou que a produci&oacute;n de resina ten un grande potencial na provincia de Lugo e que sup&oacute;n unha posta en valor dos recursos da natureza<\/span><\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11683,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10906","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10906","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10906"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10906\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11683"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10906"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10906"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10906"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}