{"id":10914,"date":"2018-09-12T00:00:00","date_gmt":"2018-09-12T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/a-deputacion-promove-o-patrimonio-natural-e-historico-da-provincia-de-lugo-con-5-roteiros\/"},"modified":"2023-09-18T12:09:52","modified_gmt":"2023-09-18T12:09:52","slug":"a-deputacion-promove-o-patrimonio-natural-e-historico-da-provincia-de-lugo-con-5-roteiros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-promove-o-patrimonio-natural-e-historico-da-provincia-de-lugo-con-5-roteiros\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n promove o patrimonio natural e hist\u00f3rico da provincia de Lugo con 5 roteiros"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: Deputaci\u00f3n de Lugo<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase da iniciativa Rutas de Historia, posta en marcha polo portal Historia de Galicia, co patrocinio do Executivo e Abanca, e o apoio de entidades de defensa do patrimonio. As rutas ser\u00e1n por Xove, Sober, Monforte, A Pobra, A Fonsagrada e Becerre\u00e1, na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses<\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez Queipo subli\u00f1ou que \u201cestas rutas de sendeirismo son un bo reclamo para atraer turistas e dinamizar a econom\u00eda do rural lugu\u00e9s. Non en vano, na primeira edici\u00f3n dos roteiros que tivo lugar o ano pasado participaron preto de 500 persoas de toda Galicia, que comeron e pernoitaron nos establecementos lucenses\u201d<\/p>\n<p>As andainas comezar\u00e1n o 15 de setembro e rematar\u00e1n o 20 de outubro. Te\u00f1en unha duraci\u00f3n de entre catro e cinco horas e realizaranse durante as ma\u00f1\u00e1s do s\u00e1bado ou domingo. Inscrici\u00f3ns en www.rutasdehistoria.com ou www.rutasdehistoria.gal<\/p>\n<p>O Vicepresidente da Deputaci\u00f3n, Argelio Fern\u00e1ndez Queipo, presentou este m\u00e9rcores un ciclo de cinco roteiros que o Goberno da Deputaci\u00f3n organiza en colaboraci\u00f3n co diario dixital Historia de Galicia, para dar a co\u00f1ecer e po\u00f1er en valor o patrimonio natural e hist\u00f3rico da provincia de Lugo. No acto tam\u00e9n participaron Xurxo Salgado, Coordinador do portal web Historia de Galicia e do proxecto Rutas de Historia, e Manuel Miranda, Presidente de Mari\u00f1a Patrimonio.<\/p>\n<p>O Executivo Provincial achega 4.500 euros para po\u00f1er en marcha esta iniciativa, que pretende achegar \u00e1 cidadan\u00eda o patrimonio oculto que atesoura a provincia de Lugo, promovendo ao mesmo tempo o turismo activo e dinamizando a econom\u00eda do rural lugu\u00e9s. Esta colaboraci\u00f3n permitir\u00e1 desenvolver cinco rutas de sendeirismo durante os meses de setembro e outubro, que transcorreran polos concellos de Xove, Sober, Monforte, A Pobra do Broll\u00f3n, A Fonsagrada e Becerre\u00e1, na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses.<\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez Queipo subli\u00f1ou que \u201ca trav\u00e9s deste ciclo de roteiros pretendemos achegar a todos os lucenses a riqueza paisax\u00edstica e patrimonial coa que contamos na provincia, incidindo na importancia de conservar o medio ambiente. As\u00ed, a costa da Mari\u00f1a, a Serra dos Ancares, o Can\u00f3n do Sil, o Val de Lemos, e A Fonsagrada\u00a0 son alg\u00fans dos lugares onde ter\u00e1n lugar estas andainas, que abarcan varios per\u00edodos hist\u00f3ricos; desde o neol\u00edtico ata a \u00e9poca contempor\u00e1nea\u201d.<\/p>\n<p>O Vicepresidente engadiu que \u201cao mesmo tempo, estas rutas de sendeirismo son un bo reclamo para atraer turistas e dinamizar a econom\u00eda do rural lugu\u00e9s. Non en vano, na primeira edici\u00f3n dos roteiros que tivo lugar o ano pasado participaron preto de 500 persoas de toda Galicia, que comeron e pernoitaron nos establecementos lucenses\u201d.<\/p>\n<p>Neste senso, a organizaci\u00f3n do roteiro pacta con restaurantes locais un men\u00fa para os participantes que as\u00ed o desexen, ademais de facilitar aloxamentos nas vilas e concellos onde te\u00f1en lugar os roteiros. En 2017, m\u00e1is de 150 persoas obtaron polos men\u00fas pactados con restaurantes locais e case un cento de persoas pernoitou en hoteis ou casas rurais dos concellos onde comezaron os roteiros.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa parte, Xurxo Salgado subli\u00f1ou que \u201cnesta segunda edici\u00f3n, Rutas de Historia quere volver repetir esta exitosa experiencia. Este ano, o proxecto quere centrarse nas riquezas patrimoniais de Lugo, e, por iso, artellou cinco roteiros hist\u00f3ricos espec\u00edficos en distintos puntos desta provincia. Tal e como aconteceu o pasado ano, neste proxecto colaboran diversas entidades e asociaci\u00f3ns locais, o que incrementa a s\u00faa visibilidade\u201d.<\/p>\n<p>Na realizaci\u00f3n destas andainas, que est\u00e1n coordinadas polo portal www.historiadegalicia.gal e que contan co patrocinio da Deputaci\u00f3n e Abanca, colaboran representantes de importantes entidades de defensa do patrimonio como Mari\u00f1a Patrimonio, Patrimonio Galego, Sociedade Antropol\u00f3xica Galega (SAGA), Patrimonio dos Ancares, o Proxecto Arqueol\u00f3xico do Castro de San Lourenzo, o Colado do Vento ou o Colectivo Capit\u00e1n Gosende.<\/p>\n<p>As\u00ed, entre os gu\u00edas destas andainas estar\u00e1n Manuel Miranda, presidente de Mari\u00f1a Patrimonio; Miguel Losada, secretario da Sociedade Antropol\u00f3xica Galega (SAGA);\u00a0 Manuel Gago, director de Cultura Galega e investigador; Elixio Vieites, investigador e membro de Patrimonio Galego; Xabier Moure, presidente de Patrimonio dos Ancares (membro do \u00d3rgano de Participaci\u00f3n da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses); Paula V\u00e1zquez Verao, do Colado do Vento ou Xurxo Ay\u00e1n e Xos\u00e9 Gago do Proxecto Arqueol\u00f3xico do Castro de San Lourenzo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tr&aacute;tase da iniciativa Rutas de Historia, posta en marcha polo portal Historia de Galicia, co patrocinio do Executivo e Abanca, e o apoio de entidades de defensa do patrimonio. As rutas ser&aacute;n por Xove, Sober, Monforte, A Pobra, A Fonsagrada e Becerre&aacute;, na Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses<\/p>\n<p>Fern&aacute;ndez Queipo subli&ntilde;ou que &ldquo;estas rutas de sendeirismo son un bo reclamo para atraer turistas e dinamizar a econom&iacute;a do rural lugu&eacute;s. Non en vano, na primeira edici&oacute;n dos roteiros que tivo lugar o ano pasado participaron preto de 500 persoas de toda Galicia, que comeron e pernoitaron nos establecementos lucenses&rdquo;<\/p>\n<p>As andainas comezar&aacute;n o 15 de setembro e rematar&aacute;n o 20 de outubro. Te&ntilde;en unha duraci&oacute;n de entre catro e cinco horas e realizaranse durante as ma&ntilde;&aacute;s do s&aacute;bado ou domingo. Inscrici&oacute;ns en www.rutasdehistoria.com ou www.rutasdehistoria.gal<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11691,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10914","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10914","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10914"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10914\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11691"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10914"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10914"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10914"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}