{"id":10930,"date":"2018-12-29T00:00:00","date_gmt":"2018-12-29T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/409-persoas-participaron-nas-actividades-gratuitas-da-deputacion-na-reserva-da-biosfera-nos-ancares-lucenses\/"},"modified":"2023-09-18T12:09:15","modified_gmt":"2023-09-18T12:09:15","slug":"409-persoas-participaron-nas-actividades-gratuitas-da-deputacion-na-reserva-da-biosfera-nos-ancares-lucenses","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/409-persoas-participaron-nas-actividades-gratuitas-da-deputacion-na-reserva-da-biosfera-nos-ancares-lucenses\/","title":{"rendered":"409 persoas participaron nas actividades gratu\u00edtas da Deputaci\u00f3n na Reserva da Biosfera nos Ancares Lucenses"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: Deputaci\u00f3n de Lugo<\/p>\n<p>Durante o ano 2018, celebr\u00e1ronse 42 iniciativas coas que o Goberno procura p\u00f3r en valor este territorio e dinamizalo a nivel tur\u00edstico, econ\u00f3mico e social, nos tres Concellos que integran este ecosistema<\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez Queipo subli\u00f1ou que \u201csomos conscientes da importancia de promover acci\u00f3ns de sensibilizaci\u00f3n social en defensa da protecci\u00f3n do medio ambiente, como neste caso son os territorios de Cervantes, Navia de Suarna e Becerre\u00e1\u201d<\/p>\n<p>\u201cPretendemos resaltar o patrimonio etnogr\u00e1fico, cultural, patrimonial e medio ambiental do territorio integrado por estes tres Concellos de monta\u00f1a\u201d, destacou<\/p>\n<p>Un total de 409 persoas de todas as idades participaron nas actividades que a Deputaci\u00f3n de Lugo ofreceu de xeito totalmente gratu\u00edto para difundir e p\u00f3r en valor a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses nos Concellos de Cervantes, Navia de Suarna e Becerre\u00e1. As\u00ed o manifestou o Vicepresidente e Deputado de Medio Ambiente, no encontro dos membros do \u00f3rgano participativo deste espazo natural.<\/p>\n<p>Fern\u00e1ndez Queipo subli\u00f1ou que \u201cdende o Executivo Provincial, o noso obxectivo c\u00e9ntrase en dinamizar economicamente e turisticamente estes Concellos da Monta\u00f1a que pos\u00faen un enorme interese e moitas potencialidades. Pretendemos resaltar o patrimonio etnogr\u00e1fico, cultural, patrimonial e medio ambiental do territorio integrado por estes tres Concellos de monta\u00f1a\u201d.<\/p>\n<p>O Vicepresidente destacou que \u201ccon estas actividades durante o ano 2018, quixemos afondar sobre aspectos moi importantes no eido medioambiental da nosa provincia. Somos conscientes da importancia de promover acci\u00f3ns de sensibilizaci\u00f3n social en defensa da protecci\u00f3n do medio ambiente, como neste caso son as Reservas da Biosfera, que representan case o 55 por cento do territorio total da provincia, o que a converte nunha das maiores riquezas que temos todos os lucenses\u201d.<\/p>\n<p><strong>Proxectos<\/strong><br \/>\nO Executivo provincial coordinou a posta en marcha do proxecto A Gran Senda do Navia. A iniciativa foi impulsada por 7 Concellos lucenses (Negueira de Mu\u00f1iz, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Cervantes, Becerre\u00e1, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro) e outros 9 asturianos, para crear de forma conxunta unha ruta peonil e cicloturista de m\u00e1is de 360 quil\u00f3metros ao longo do curso do r\u00edo Navia. Con este proxecto, b\u00fascase contribu\u00edr ao desenvolvemento de catro comarcas pertencentes a d\u00faas comunidades aut\u00f3nomas, que suman unha poboaci\u00f3n de 33.000 habitantes.<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n impulsou, xunto coa USC, o proxecto de investigaci\u00f3n para o aproveitamento sustentable e a valorizaci\u00f3n da \u00c1rnica Montana L. no territorio das Reservas da Biosfera existentes na provincia. A iniciativa est\u00e1 orientada a afondar na an\u00e1lise da diversidade xen\u00e9tica desta planta, que presenta propiedades terap\u00e9uticas aca\u00eddas para a absorci\u00f3n de hematomas e como antiinflamatorio, e que est\u00e1 a experimentar unha crecente demanda por parte da industria farmac\u00e9utica.<\/p>\n<p>O organismo provincial participou no proxecto Di\u00e1logosRB.net, organizado dende a Rede Espa\u00f1ola de Reservas da Biosfera, xestionada polo Organismo Aut\u00f3nomo Parques Nacionales. O obxectivo desta iniciativa consiste na recollida de co\u00f1ecementos para a realizaci\u00f3n de boas pr\u00e1cticas en favor do desenvolvemento sostible.<\/p>\n<p>O Goberno da Deputaci\u00f3n impulsou o turismo cient\u00edfico nos Ancares-O Courel, na procura dun aproveitamento integral dos recursos da zona, e propuxo o desenvolvemento de f\u00f3rmulas tur\u00edsticas diferenci\u00e1is para este territorio da Monta\u00f1a Lucense. Por exemplo, a identificaci\u00f3n de puntos de interese tur\u00edstico-cient\u00edfico, ou unha oferta de actividades que permitiron o desfrute deste espazo natural.<\/p>\n<p>Neste Plan de Turismo dese\u00f1ado pola Deputaci\u00f3n, constatouse que a provincia disp\u00f3n dunha ampla gama de produtos estrat\u00e9xicos susceptibles de ser aproveitados como recursos tur\u00edsticos, entre os que sobresae o turismo de natureza no que se enmarca o turismo cient\u00edfico que se pretende implementar no territorio de Ancares-Courel. Este xeodestino est\u00e1 composto polos Concellos da Fonsagrada, As Nogais, Baleira, Becerre\u00e1, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Negueira de Mu\u00f1iz, O Incio, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piqu\u00edn, Triacastela e Samos.<\/p>\n<p><strong>Encontros<\/strong><br \/>\nO Executivo provincial recibiu \u00e1 organizaci\u00f3n peruana SAIPE e \u00e1 Fundaci\u00f3n Taller de Solidariedade de Lugo para co\u00f1ecer as caracter\u00edsticas do proxecto de xesti\u00f3n forestal sostible Life in Common Land e o estudo de planificaci\u00f3n urbana Life Lugo + Biodin\u00e1mico. A intenci\u00f3n destes colectivos era obter novas v\u00edas de co\u00f1ecemento e alternativas de aplicaci\u00f3n adaptadas aos medios con comunidades ind\u00edxenas na selva amaz\u00f3nica. As\u00ed mesmo, tam\u00e9n recibiu a representantes do proxecto Erasmus + 2018 &#8211; 2020 Let us Bring Europe Together for Heritage &#8211; Let&#8217;s BET for Heritage, para a difusi\u00f3n das Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses.<\/p>\n<p><strong>Publicaci\u00f3ns<\/strong><br \/>\nA Reserva da Biosfera participou na Gu\u00eda Tur\u00edstica de recursos naturais da Eurorrexi\u00f3n Eixo Atl\u00e1ntico, que distrib\u00fae o Eixo Atl\u00e1ntico en oficinas de turismo e lugares de paso de viaxeiros de toda Galicia e o Norte de Portugal. Tam\u00e9n colaborou no Cat\u00e1logo de Experiencias Demostrativas da Rede Espa\u00f1ola de Reservas da Biosfera editado polo Organismo Aut\u00f3nomo de Parques Nacionais (OAPN). Tam\u00e9n colaborou na 5\u00aa edici\u00f3n da Revista Micolucus, que incl\u00fae traballos das Reservas da Biosfera Terras do Mi\u00f1o e Os Ancares Lucenses.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Durante o ano 2018, celebr&aacute;ronse 42 iniciativas coas que o Goberno procura p&oacute;r en valor este territorio e dinamizalo a nivel tur&iacute;stico, econ&oacute;mico e social, nos tres Concellos que integran este ecosistema<\/p>\n<p> Fern&aacute;ndez Queipo subli&ntilde;ou que &ldquo;somos conscientes da importancia de promover acci&oacute;ns de sensibilizaci&oacute;n social en defensa da protecci&oacute;n do medio ambiente, como neste caso son os territorios de Cervantes, Navia de Suarna e Becerre&aacute;&rdquo;<\/p>\n<p> &ldquo;Pretendemos resaltar o patrimonio etnogr&aacute;fico, cultural, patrimonial e medio ambiental do territorio integrado por estes tres Concellos de monta&ntilde;a&rdquo;, destacou<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11707,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-10930","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10930","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=10930"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/10930\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11707"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=10930"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=10930"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=10930"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}