{"id":11009,"date":"2019-03-01T00:00:00","date_gmt":"2019-03-01T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/as-montanas-dos-ancares-e-o-courel-reciben-o-distintivo-observer-grazas-a-iniciativa-da-deputacion\/"},"modified":"2023-09-18T12:06:38","modified_gmt":"2023-09-18T12:06:38","slug":"as-montanas-dos-ancares-e-o-courel-reciben-o-distintivo-observer-grazas-a-iniciativa-da-deputacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/as-montanas-dos-ancares-e-o-courel-reciben-o-distintivo-observer-grazas-a-iniciativa-da-deputacion\/","title":{"rendered":"As monta\u00f1as dos Ancares e O Courel reciben o distintivo Observer, grazas \u00e1 iniciativa da Deputaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: Deputaci\u00f3n de Lugo<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">&#8211; O enclave v\u00e9n de recibir a certificaci\u00f3n Espazo Observer Turismo Cient\u00edfico que avala o potencial do territorio como reserva cient\u00edfica. Tr\u00e1tase dun proxecto iniciado polo organismo provincial en agosto de 2018, cunha achega de 70.000 euros<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">&#8211; Vidal Baamonde subli\u00f1ou que \u201c\u00e9 un espazo \u00fanico no que xa se vi\u00f1an desenvolvendo actividades cient\u00edficas, non s\u00f3 de car\u00e1cter tur\u00edstico, sen\u00f3n tam\u00e9n de investigaci\u00f3n\u201d<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">&#8211; O distintivo permitir\u00e1 desenvolver unha estratexia na que se contemplan preto de 10 acci\u00f3ns a desenvolver ata agosto de 2019, para impulsar o uso de recursos naturais e culturais para facer divulgaci\u00f3n cient\u00edfica<\/p>\n<p style=\"box-sizing: inherit; margin-top: 0px; margin-bottom: 1rem; color: rgba(0, 0, 0, 0.8); font-family: Roboto, sans-serif; font-size: 16.2px; text-align: justify; outline: none !important;\">O Executivo Provincial recibiu este venres, da man do Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o documento de auditor\u00eda e m\u00e1is o distintivo que acredita \u00e1s monta\u00f1as dos Ancares e O Courel como Espazo Observer Turismo Cient\u00edfico, e que outorga a este territorio a categor\u00eda de reserva cient\u00edfica. No acto participaron a responsable deste sistema de certificaci\u00f3n, Maite Vence Fern\u00e1ndez, e o t\u00e9cnico encargado da avaliaci\u00f3n e redacci\u00f3n do informe, Xabier V\u00e1zquez Pumari\u00f1o.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: inherit; margin-top: 0px; margin-bottom: 1rem; color: rgba(0, 0, 0, 0.8); font-family: Roboto, sans-serif; font-size: 16.2px; text-align: justify; outline: none !important;\">O proxecto, emprendido por iniciativa da Deputaci\u00f3n en agosto de 2018 cunha achega de 70.000 euros, remata as\u00ed a s\u00faa primeira fase, dando paso, de agora en diante, \u00e1 realizaci\u00f3n de acci\u00f3ns concretas sobre o terreo, destinadas a promocionar turisticamente o territorio como reserva cient\u00edfica, para crear un turismo de calidade. Este proxecto abrangue aos 16 Concellos integrados no territorio: Navia de Suarna, Cervantes, Becerre\u00e1, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, A Pobra do Broll\u00f3n, Quiroga, Ribas de Sil, Baleira, Ribeira de Piqu\u00edn, A Fonsagrada e Negueira de Mu\u00f1iz. En total, o territorio cobre 102.635 hect\u00e1reas entre Os Ancares e O Courel na que ser\u00e1 a maior zona de estudo cient\u00edfico de Galicia.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: inherit; margin-top: 0px; margin-bottom: 1rem; color: rgba(0, 0, 0, 0.8); font-family: Roboto, sans-serif; font-size: 16.2px; text-align: justify; outline: none !important;\">Vidal Baamonde subli\u00f1ou que \u201c\u00e9 unha satisfacci\u00f3n conseguir que o territorio Ancares-Courel logre este distintivo e que se valoren positivamente as s\u00faas caracter\u00edsticas excepcionais e a s\u00faa riqueza natural. Este \u00e9 un espazo \u00fanico no que xa se ve\u00f1en desenvolvendo actividades cient\u00edficas, non s\u00f3 de car\u00e1cter tur\u00edstico sen\u00f3n tam\u00e9n de investigaci\u00f3n. O Turismo Cient\u00edfico conf\u00f3rmase como un modelo que permite crear conexi\u00f3ns sostibles entre o turismo, a conservaci\u00f3n da biodiversidade e a ciencia en espazos protexidos como son as monta\u00f1as de Ancares e O Courel. Ao mesmo tempo, este tipo de turismo vencellado \u00e1 Ciencia sup\u00f3n un motor de desenvolvemento econ\u00f3mico cun importante efecto multipli\u00accador para os Concellos que integran o territorio\u201d.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: inherit; margin-top: 0px; margin-bottom: 1rem; color: rgba(0, 0, 0, 0.8); font-family: Roboto, sans-serif; font-size: 16.2px; text-align: justify; outline: none !important;\">\u201cA zona dos Ancares e O Courel xa conta con outros selos de protecci\u00f3n, como son a Reserva da Biosfera, no primeiro caso, e a Rede Natura 2000, en ambas as d\u00faas demarcaci\u00f3ns. O Courel tam\u00e9n opta este ano ao reco\u00f1ecemento de Xeoparque Mundial da Unesco, polo que queda claramente de manifesto o interese pola protecci\u00f3n dos valores naturais desta zona. Unha aposta que reforzamos dende o Executivo Provincial para converter este paraxe nun enclave destacado para atraer cada vez a un maior n\u00famero de visitantes\u201d, destacou.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: inherit; margin-top: 0px; margin-bottom: 1rem; color: rgba(0, 0, 0, 0.8); font-family: Roboto, sans-serif; font-size: 16.2px; text-align: justify; outline: none !important;\">O Deputado de Turismo explicou que \u201cpara a implantaci\u00f3n do Turismo Cient\u00edfico c\u00f3mpren determinadas acci\u00f3ns coordi\u00acnadas e ordenadas no tempo que precisan continuidade. Igualmente, a coordinaci\u00f3n entre os diferentes actores presentes no territorio, \u00e9 fundamental\u201d.<br style=\"box-sizing: inherit; outline: none !important;\" \/>Vidal Baamonde anvanzou que \u201centre as acci\u00f3ns iniciais, a m\u00e1is importante \u00e9 dotar ao destino dunha denominaci\u00f3n com\u00fan en paralelo coa creaci\u00f3n dun \u00f3rgano de coordinaci\u00f3n cun xestor ou responsable do mesmo. A partir de a\u00ed desenvolveranse distintas li\u00f1as de traballo que ser\u00e1 o que marque o inicio da estratexia de Turismo Cient\u00edfico para as Monta\u00f1as de Ancares e O Courel\u201d.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: inherit; margin-top: 0px; margin-bottom: 1rem; color: rgba(0, 0, 0, 0.8); font-family: Roboto, sans-serif; font-size: 16.2px; text-align: justify; outline: none !important;\">\u201cDeben ser tecidas redes de traballo entre os diferentes axentes, tanto a Deputaci\u00f3n como os Concellos, a USC\/Estaci\u00f3n Cient\u00edfica do Courel e Xeoparque, como empresas, asociaci\u00f3ns e outras entidades que poidan traballar no territorio neste campo de actuaci\u00f3n\u201d, salientou.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: inherit; margin-top: 0px; margin-bottom: 1rem; color: rgba(0, 0, 0, 0.8); font-family: Roboto, sans-serif; font-size: 16.2px; text-align: justify; outline: none !important;\">A Deputaci\u00f3n encabezou esta iniciativa en agosto de 2018, enmarcada dentro do Plan Estrat\u00e9xico de Turismo, que busca que a monta\u00f1a lucense conte cun proxecto tur\u00edstico pioneiro, acorde co potencial dos seus moitos recursos naturais.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: inherit; margin-top: 0px; margin-bottom: 1rem; color: rgba(0, 0, 0, 0.8); font-family: Roboto, sans-serif; font-size: 16.2px; text-align: justify; outline: none !important;\"><span style=\"box-sizing: inherit; outline: none !important; font-weight: bolder;\">O distintivo Observer<\/span><br style=\"box-sizing: inherit; outline: none !important;\" \/>O sistema de certificaci\u00f3n Observer creouse coa finalidade de fomentar e mellorar a calidade das acci\u00f3ns relacionadas co Turismo Cient\u00edfico sostible e de calidade. Permitir\u00e1 unificar ciencia, divulgaci\u00f3n cient\u00edfica e turismo nun s\u00f3 distintivo para as monta\u00f1as dos Ancares e O Courel. As\u00ed mesmo, o selo contempla o turismo cient\u00edfico como unha modalidade moderna de turismo que garante a sustentabilidade e a participaci\u00f3n, e facilita o acceso a todos os sectores da poboaci\u00f3n, incluso aqueles con ne\u00accesidades especiais ou de grupos minoritarios.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: inherit; margin-top: 0px; margin-bottom: 1rem; color: rgba(0, 0, 0, 0.8); font-family: Roboto, sans-serif; font-size: 16.2px; text-align: justify; outline: none !important;\">Tras superar o proceso de revisi\u00f3n e avaliaci\u00f3n do potencial da zona, o territorio poder\u00e1 desenvolver a creaci\u00f3n dun ecosistema integrado de turismo cient\u00edfico Ancares-Courel, que buscar\u00e1 agora crear as estruturas necesarias para un turismo de calidade, avalado pola certificaci\u00f3n Observer. En Galicia, s\u00f3 o Parque das Illas Atl\u00e1nticas pos\u00fae este distintivo.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: inherit; margin-top: 0px; margin-bottom: 1rem; color: rgba(0, 0, 0, 0.8); font-family: Roboto, sans-serif; font-size: 16.2px; text-align: justify; outline: none !important;\">O Goberno Provincial pretende con este proxecto dar o pulo inicial a un turismo innovador, nunha rexi\u00f3n que conta cun dos maiores espazos naturais de Galicia e m\u00faltiples zonas de protecci\u00f3n do medio natural. Entre elas, a Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerre\u00e1; as zonas especiais de conservaci\u00f3n (ZEC) Ancares-Courel; Zona Especial de Protecci\u00f3n para as Aves dos Ancares (ZEPA), ambas pertencentes \u00e1 Rede Natura 2000; Reserva Nacional de Caza; zona de Especial Protecci\u00f3n do oso pardo; e a declaraci\u00f3n como Paraxe Pintoresco da Serra dos Ancares en Cervantes.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: inherit; margin-top: 0px; margin-bottom: 1rem; color: rgba(0, 0, 0, 0.8); font-family: Roboto, sans-serif; font-size: 16.2px; text-align: justify; outline: none !important;\"><span style=\"box-sizing: inherit; outline: none !important; font-weight: bolder;\">2\u00aa Fase<\/span><br style=\"box-sizing: inherit; outline: none !important;\" \/>Unha vez acadado o distintivo do territorio Ancares-Courel como destino de turismo cient\u00edfico Observer, desenvolverase unha estratexia na que se contemplan preto de 10 acci\u00f3ns a realizar ata o mes de agosto para impulsar o uso de recursos naturais e culturais cos que facer divulgaci\u00f3n cient\u00edfica, co fin de promover o desenvolvemento de actividades tur\u00edsticas, did\u00e1cticas e l\u00fadicas vencelladas \u00e1 ciencia en calquera das s\u00faas disciplinas.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: inherit; margin-top: 0px; margin-bottom: 1rem; color: rgba(0, 0, 0, 0.8); font-family: Roboto, sans-serif; font-size: 16.2px; text-align: justify; outline: none !important;\">Entre estas actuaci\u00f3ns estar\u00eda a creaci\u00f3n dun grupo de traballo no que a Deputaci\u00f3n contar\u00e1 coa participaci\u00f3n da USC, os Concellos integrados na zona e outros axentes claves do territorio que te\u00f1an competencias en materia de divulgaci\u00f3n ou xesti\u00f3n dos recursos naturais. A segunda fase tam\u00e9n contempla a creaci\u00f3n dunha p\u00e1xina web, o dese\u00f1o dun cat\u00e1logo divulgativo de bens de interese cient\u00edfico deste espazo, as\u00ed como cinco itinerarios tem\u00e1ticos ligados ao turismo cient\u00edfico e a creaci\u00f3n dunha APP.<\/p>\n<p style=\"box-sizing: inherit; margin-top: 0px; margin-bottom: 1rem; color: rgba(0, 0, 0, 0.8); font-family: Roboto, sans-serif; font-size: 16.2px; text-align: justify; outline: none !important;\">Ademais, desenvolverase unha programaci\u00f3n anual de turismo cient\u00edfico, un seminario para empresas do sector sobre o mesmo e un seminario de formaci\u00f3n para gu\u00edas e informadores tur\u00edsticos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p class=\"MsoNormal\">&#8211; O enclave v&eacute;n de recibir a certificaci&oacute;n Espazo Observer Turismo Cient&iacute;fico que avala o potencial do territorio como reserva cient&iacute;fica. Tr&aacute;tase dun proxecto iniciado polo organismo provincial en agosto de 2018, cunha achega de 70.000 euros<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">&#8211; Vidal Baamonde subli&ntilde;ou que &ldquo;&eacute; un espazo &uacute;nico no que xa se vi&ntilde;an desenvolvendo actividades cient&iacute;ficas, non s&oacute; de car&aacute;cter tur&iacute;stico, sen&oacute;n tam&eacute;n de investigaci&oacute;n&rdquo;<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\">&#8211; O distintivo permitir&aacute; desenvolver unha estratexia na que se contemplan preto de 10 acci&oacute;ns a desenvolver ata agosto de 2019, para impulsar o uso de recursos naturais e culturais para facer divulgaci&oacute;n cient&iacute;fica<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11786,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-11009","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11009","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11009"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11009\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11786"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11009"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11009"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11009"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}