{"id":11061,"date":"2019-07-08T00:00:00","date_gmt":"2019-07-08T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/a-deputacion-organiza-a-primeira-xornada-de-turismo-cientifico-en-ancares-e-o-courel\/"},"modified":"2023-09-18T12:03:57","modified_gmt":"2023-09-18T12:03:57","slug":"a-deputacion-organiza-a-primeira-xornada-de-turismo-cientifico-en-ancares-e-o-courel","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/a-deputacion-organiza-a-primeira-xornada-de-turismo-cientifico-en-ancares-e-o-courel\/","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n organiza a primeira xornada de turismo cient\u00edfico en Ancares e O Courel"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: Deputaci\u00f3n de Lugo<\/p>\n<p>Neste encontro, promovido polo Goberno Provincial, profesionais de diferentes \u00e1reas da ciencia expuxeron a s\u00faa visi\u00f3n para impulsar os Ancares e O Courel como un destino de turismo cient\u00edfico<\/p>\n<p>Vidal Baamonde subli\u00f1ou que \u201cesta xornada constit\u00fae un bo espazo para o intercambio de co\u00f1ecemento entre profesionais do sector tur\u00edstico sobre a riqueza cient\u00edfica destas Monta\u00f1as lucenses e os seus recursos bot\u00e1nicos, zool\u00f3xicos ou xeol\u00f3xicos\u201d<\/p>\n<p>O Deputado de Turismo en funci\u00f3ns, Eduardo Vidal Baamonde, participou na I Xornada de Turismo Cient\u00edfico nas Monta\u00f1as dos Ancares e do Courel que tivo lugar, este s\u00e1bado, na Estaci\u00f3n Cient\u00edfica de Seoane. Unhas 30 persoas asistiron a este encontro promovido polo Goberno Provincial no que profesionais de diferentes \u00e1reas abordaron a s\u00faa visi\u00f3n para impulsar un turismo diferente nestes espazos naturais da provincia.<\/p>\n<p>Vidal Baamonde subli\u00f1ou que \u201cna Deputaci\u00f3n continuamos promovendo iniciativas para fomentar un turismo sostible nas Monta\u00f1as de Ancares e Courel e crear un destino tur\u00edstico diferenciado na provincia vinculado \u00e1 ciencia. Esta xornada constit\u00fae un bo espazo para o intercambio de co\u00f1ecemento entre profesionais do sector tur\u00edstico sobre a riqueza cient\u00edfica destas Monta\u00f1as lucenses e os seus recursos bot\u00e1nicos, zool\u00f3xicos ou xeol\u00f3xicos\u201d.<\/p>\n<p>Na I Xornada de Turismo Cient\u00edfico participaron como po\u00f1entes Maite Vence Fern\u00e1ndez de ObserverScienceTourism.com que afondou en como a ciencia cidad\u00e1 constit\u00fae un xeito diferente para practicar outro tipo de turismo, o cient\u00edfico. O Enxe\u00f1eiro de Montes e Investigador da USC, Gaspar Bern\u00e1rdez Villegas, expuxo os recursos bot\u00e1nicos deste espazo natural, entre eles, as \u00e1rbores senlleiras do Courel. O Veterinario e Investigador cient\u00edfico da USC, Juli\u00e1n Alonso explicou a importancia da micolox\u00eda como recurso tur\u00edstico e un membro da Asociaci\u00f3n Galega de Custodia do Territorio, \u00d3scar Rivas L\u00f3pez, abordou a recuperaci\u00f3n do oso pardo nas monta\u00f1as do Courel e Ancares. Pola s\u00faa banda, o Director da Estaci\u00f3n Cient\u00edfica do Courel (USC), Antonio Regueiro destacou o papel que xoga a Estaci\u00f3n Cient\u00edfica no modelo de Turismo Cient\u00edfico Ancares-Courel.<\/p>\n<p>Co obxectivo de dinamizar esta contorna local con proxectos empresariais vinculados ao Turismo Cient\u00edfico, na sesi\u00f3n da tarde tivo lugar un obradoiro sobre creatividade e modelos de negocio dirixido especialmente a empresas tur\u00edsticas interesadas en desenvolver a s\u00faa actividade nas monta\u00f1as de Ancares e Courel, tales como; axencias de viaxe, hoteis, empresas de actividades, restaurantes e profesionais do sector. Nel present\u00e1ronse ferramentas para a creaci\u00f3n de modelos de negocio asociados \u00e1 dinamizaci\u00f3n do rural con exemplos de boas pr\u00e1cticas.<\/p>\n<p><strong>Novos proxectos para impulsar o Turismo Cient\u00edfico<\/strong><\/p>\n<p>A riqueza xeol\u00f3xica desta zona Sur da provincia queda patente pola s\u00faa variedade de xeoformas, fauna, flora, e restos do desenvolvemento humano como castros e miner\u00eda. Destacan os paisaxes xeol\u00f3xicos no que sobresae o pregamento xeol\u00f3xico da Campodola. As Monta\u00f1as dos Courel foron recentemente declaradas Xeoparque Mundial pola Unesco convert\u00e9ndose no primeiro do Noroeste de Espa\u00f1a e pasando a formar parte dunha rede de parques xeol\u00f3xicos e \u00e1reas naturais protexidas composta por 141 \u00e1reas en todo o mundo. Ademais, grazas ao impulso dun proxecto do Goberno Provincial tam\u00e9n recibiron recentemente a certificaci\u00f3n Espazo Observer Turismo Cient\u00edfico.<\/p>\n<p>Con este distintivo o Executivo provincial en funci\u00f3ns est\u00e1 a desenvolver unha estratexia con preto de 10 li\u00f1as de acci\u00f3ns para impulsar estes recursos naturais e facer divulgaci\u00f3n cient\u00edfica. Entre os novos proxectos para impulsar un turismo vinculado \u00e1 ciencia nas Monta\u00f1as dos Ancares e Courel est\u00e1n unha nova Gu\u00eda de Turismo Cient\u00edfico en formato dixital cunha selecci\u00f3n de 50 puntos de interese nas Monta\u00f1as de Ancares e Courel que permitir\u00e1 aos visitantes percorrer e co\u00f1ecer os recursos cient\u00edficos, naturais, culturais m\u00e1is relevantes deste territorio publicarase, proximamente. Tam\u00e9n se crear\u00e1n 5 itinerarios tem\u00e1ticos diferentes sobre Xeolox\u00eda, Bot\u00e1nica, Ecolox\u00eda, Zoolox\u00eda e Arqueolox\u00eda que estar\u00e1n sinalados no terreo con paneis explicativos e cunha sinalizaci\u00f3n con c\u00f3digos QR e NFC (Tecnolox\u00eda sen f\u00edos de curto alcance) que permitir\u00e1 aos visitantes obter informaci\u00f3n a trav\u00e9s do m\u00f3bil. Toda esta informaci\u00f3n estar\u00e1 dispo\u00f1ible nunha web e poder\u00e1 descargarse de forma sinxela a trav\u00e9s dunha APP. Ademais, estes roteiros integraranse nun proxecto de Ciencia cidad\u00e1 que ser\u00e1n tam\u00e9n publicados noutras d\u00faas plataformas especializadas en achegar a ciencia, biodiversidade e os espazos naturais \u00e1 cidadan\u00eda como biodiversidade.eu<\/p>\n<p>Este tipo de turismo vencellado \u00e1 ciencia sup\u00f3n un motor de desenvolvemento econ\u00f3mico cun importante efecto multiplicador para os concellos que integran o territorio. A Deputaci\u00f3n organizou hai uns meses formaci\u00f3n espec\u00edfica e gratu\u00edta para capacitar a 23 profesionais como Gu\u00edas Observer de Turismo Cient\u00edfico. Tam\u00e9n puxo en marcha un exitoso programa de actividades para todos os p\u00fablicos de visitas guiadas que esgotou as prazas en menos de 24 horas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Neste encontro, promovido polo Goberno Provincial, profesionais de diferentes &aacute;reas da ciencia expuxeron a s&uacute;a visi&oacute;n para impulsar os Ancares e O Courel como un destino de turismo cient&iacute;fico<\/p>\n<p> Vidal Baamonde subli&ntilde;ou que &ldquo;esta xornada constit&uacute;e un bo espazo para o intercambio de co&ntilde;ecemento entre profesionais do sector tur&iacute;stico sobre a riqueza cient&iacute;fica destas Monta&ntilde;as lucenses e os seus recursos bot&aacute;nicos, zool&oacute;xicos ou xeol&oacute;xicos&rdquo;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11838,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-11061","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11061","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11061"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11061\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11838"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11061"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11061"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11061"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}