{"id":11065,"date":"2019-07-08T00:00:00","date_gmt":"2019-07-08T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/os-ancares-no-cordal-da-transhumancia\/"},"modified":"2023-09-18T12:03:59","modified_gmt":"2023-09-18T12:03:59","slug":"os-ancares-no-cordal-da-transhumancia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/os-ancares-no-cordal-da-transhumancia\/","title":{"rendered":"Os Ancares no cordal da transhumancia"},"content":{"rendered":"<p>Fuente: Deputaci\u00f3n de Lugo<\/p>\n<p>O desprazamento estacional dos animais \u00e9, nos Ancares, tan antigo como os cami\u00f1os. Hoxe mant\u00e9\u00f1eno 18 gander\u00edas de Cervantes. Os \u00faltimos en percorrer a vintena de quil\u00f3metros na busca dos mellores prados de altura leoneses foron os de Moreira<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">ANTONIO G\u00d3MEZ lembra percorrer por primeira vez con cinco anos a trintena de quil\u00f3metros que separan a s\u00faa aldea de Moreira, en Cervantes, da leonesa Campo del Agua, no Bierzo. Na serra veci\u00f1a, Novoneyra escrib\u00eda sobre un cami\u00f1ante que atravesaba terras \u00abtan s\u00faas que \u00f3 velas\/ xa non sabe si olla ou nembra\u00bb. Ese home que non sabe se olla ou lembra poder\u00eda ser To\u00f1o. Sesenta anos de idas e voltas prend\u00e9ronlle cada paso na memoria.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">A memoria, por\u00e9n, non \u00e9 s\u00f3 s\u00faa. A transhumancia \u00e9, nos Ancares, da mesma idade dos cami\u00f1os. Da mesma idade, incluso, que as palabras que dan nome \u00e1s cousas. A ladeira de A Mallada ou o lugar da Cabana dos Extreme\u00f1os, \u00e1 nosa volta, dan noci\u00f3n dunha tradici\u00f3n de pastores e animais de distintos lugares da Pen\u00ednsula en movemento at\u00e9 estes cami\u00f1os de cumes.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">A mesma orixe da palabra transhumancia xunta \u00abtrans\u00bb -ou \u00abm\u00e1is al\u00e1\u00bb- e \u00abhumus\u00bb -ou \u00abterra\u00bb-. As terras m\u00e1is al\u00e1. M\u00e1is al\u00e1, neste caso, do cordal que debuxan o Mustallar, Penalonga, Punta de Lanza, Corno Maldito, Tres Bispos e Pena Rubia, ese \u00abgran boi deitado\u00bb que Novoneyra v\u00eda na fisionom\u00eda dos tesos. Quix\u00e9ronse semellantes o lombo e o cordal.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">D\u00cdAS LONGOS. O d\u00eda da transhumancia \u00e9 o que m\u00e1is cedo comeza para Antonio G\u00f3mez, que nesta ocasi\u00f3n acompa\u00f1a a outros tres veci\u00f1os de Moreira: Hip\u00f3lito Gonz\u00e1lez, Antonio del Pueblo e Juan Gonz\u00e1lez. \u00c1s cinco da madrugada xa estaban xuntando \u00e1s s\u00faas vacas. Non a todas. Quedan as que est\u00e1n a piques de parir ou xa pariron; as que, en definitiva, son m\u00e1is vulnerables para pasar o ver\u00e1n sen estabular nos prados de altura de Campo del Agua.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">Eles son os \u00faltimos gandeiros en acometer esta viaxe no \u00fanico lugar de Galicia onde a\u00ednda se mant\u00e9n o desprazamento estacional dos animais. As campa\u00f1as veterinarias de saneamento retrasaron a s\u00faa sa\u00edda; os outros 14 gandeiros do municipio que mante\u00f1en esta tradici\u00f3n xa reuniron do outro lado do cordal ancar\u00e9s 150 animais, que visitar\u00e1n semanalmente, por quendas, at\u00e9 a volta. A demora ten as s\u00faas vantaxes: uces, xestas, piornos, carqueixas, e ata a m\u00e1is esquiva xanz\u00e1. Todo o monte semella alfombrado para engalanar o paso das s\u00faas 43 vacas.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">O d\u00eda que comeza m\u00e1is cedo \u00e9 tam\u00e9n o que m\u00e1is tarde termina. \u00abOnte deixamos as vacas \u00e1s oito da tarde aqu\u00ed\u00bb, comenta Hip\u00f3lito en Campo Redondo, a poucos quil\u00f3metros de Piornedo, onde eles pasaron a primeira noite. Pero a\u00ednda queda unha xornada m\u00e1is, a m\u00e1is dura, a de entornar o Corno Maldito, a 1.800 metros. Sen embargo, o gando non agardou por eles. \u00abAs vacas aqu\u00ed co\u00f1ecen moito\u00bb, di. Atopar\u00e9molas m\u00e1is adiante, cruzada a Veiga Cimeira, entre Penalonga e Agulleiro, pasada a pena Churmela, no Meix\u00f3n.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">Al\u00ed, o encontro dos pastores cos animais transforma o silencio nunha sinfon\u00eda de chocas e os bast\u00f3ns, ata agora fieis \u00e1 terra, demostran a s\u00faa pericia no ar. Os pastores s\u00edrvense deles, da voz e do seu ir e vir entre as vacas para conducilas, para estreitar a s\u00faa presenza espallada na bra\u00f1a no cami\u00f1o polo que comezar\u00e1 a subida m\u00e1is dura.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">A Juan f\u00e1ltanlle tres. Antonio suxire dar marcha atr\u00e1s para atopalas, pero el est\u00e1 confiado. \u00abEstas xa vi\u00f1eron m\u00e1is veces, sonche expertas no cami\u00f1o\u00bb, indica, e o tempo d\u00e1lle a raz\u00f3n.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">Os 17 quil\u00f3metros de Piornedo a Campo del Agua multipl\u00edcanse para os pastores, nese cerciorarse de que o gando vai con eles. Aos ollos inexpertos semella imposible levar ese control, sobre todo nas zonas arbustivas. Pero saben os pastores que levan todos os animais, como sabe unha familia que leva todos os seus membros.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">En Cervantes, as gandar\u00edas precisan deste desprazamento ante a falta de superficie de pastos, unha carencia que se agudizou nos anos 60 coas plantaci\u00f3ns descontroladas de pi\u00f1eiros \u00abdos que agora ningu\u00e9n quere a madeira\u00bb, comenta Antonio del Pueblo. El \u00e9 o m\u00e1is novo de todos, e esta \u00e9 a s\u00faa segunda transhumancia, en contraste con aquel neni\u00f1o que aos seus cinco anos xa estaba afeito ao \u00abcam\u00edn\u00bb. \u00abAgora os nenos xa non se moven as\u00ed\u00bb, pensa To\u00f1o. \u00abAgora xa s\u00f3 temos un neno na aldea\u00bb, di Juan.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">TRADICI\u00d3N SEN FRONTEIRA. Ese cordal que \u00e9 facci\u00f3n nos seus rostros e fronteira entre Lugo e Le\u00f3n non quere ser un l\u00edmite. Os 18 gandeiros que contin\u00faan atraves\u00e1ndoo pertencen \u00e1 cooperativa A Carqueixa, que busca novas v\u00edas para a comercializaci\u00f3n. O cooperativismo, neles, ten ra\u00edces fondas. Pasado o Corno Maldito, na Boca do Campo, Juan recorda unha palabra que xa ningu\u00e9n atopar\u00e1 no diccionario, \u00abviceira\u00bb. \u00abOs veci\u00f1os traiamos aqu\u00ed o gando, e faciamos quendas en funci\u00f3n do n\u00famero de animais que ti\u00f1amos. Iso \u00e9 \u00abfacer viceira\u00bb\u00bb, explica, como mostra dese traballo comunal.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">Pero, quen seguir\u00e1 facendo viceira, ou levando as vacas a Campo del Agua dende Moreira e Piornedo? Quen seguir\u00e1 pronunciando o nome que aqu\u00ed te\u00f1en todas as cousas para que a terra non quede durmida? Hoxe semella acordar co son das chocas. Cada raba\u00f1o ten o seu son, e os de Moreira llo deben, en parte, a Juan. Da s\u00faa adolescencia cortando le\u00f1a en Navarra trouxo unhas chocas de son m\u00e1is grave. \u00abSorprend\u00edame ver que al\u00ed cada ovella levase unha. Pero se as ovellas cargaban con iso&#8230; non o \u00edan facer as nosas vacas!\u00bb, exclama.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">O son das chocas conc\u00e9ntrase nas campas, e esp\u00e1llase xa en As Charcas. \u00abPor aqu\u00ed xa \u00e9 m\u00e1is dif\u00edcil levar as vacas, xa queren quedar\u00bb, di Antonio del Pueblo. A\u00ednda non chegamos a Campo del Agua, pero si ao territorio que elas percorrer\u00e1n, cando o calor aperte na zona m\u00e1is baixa; un dos territorios m\u00e1is biodiversos de Europa grazas \u00e1 presi\u00f3n que no chan exerce a gandar\u00eda extensiva.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">Os raba\u00f1os pasar\u00e1n varios meses nestas 700 hect\u00e1reas leonesas que os gandeiros alugan por dez anos a unha comunidade de montes, e coas trabas dunha burocracia non afeita a cruzar fronteiras que, na cultura, non son tal.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">Iso si, pola noite, as 200 vacas cervantegas rep\u00e1rtense por raba\u00f1os. \u00abSon coma n\u00f3s, que cando iamos \u00e1s festas os dunha aldea sempre nos retirabamos xuntos\u00bb, di Juan, xa na comida onde todos comparten os embutidos de cada casa, feitos polas s\u00faas mulleres, noras e irm\u00e1s.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">O humus que cont\u00e9n a orixe da palabra \u00abtranshumancia\u00bb \u00e9 iso, ese pouso de pasos, cami\u00f1os, merendas, nomes e chocas que laboriosamente deron forma a unha terra e tam\u00e9n a un horizonte, agora na busca dunha permanencia, m\u00e1is al\u00e1 do cordal.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">A Carqueixa: O sabor dos Ancares<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">A cooperativa A Carqueixa, \u00e1 que pertencen a vintena de gandeiros transhumantes dos Ancares e outros 180 que tam\u00e9n practican a gandar\u00eda extensiva, habilitou hai un mes e medio a web O sabor dos Ancares para comercializar a carne do seu gando. \u00abDende ent\u00f3n recibimos 500 pedidos de toda Galicia, e tam\u00e9n de Catalu\u00f1a, onde os gandeiros env\u00edan partes dos seus xatos para a familia e os amigos\u00bb, indica Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, o xerente.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">A cesta da compra<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">A biodiversidade do territorio, a xesti\u00f3n forestal, a cultura agrogandeira tradicional, os cami\u00f1os e os seus nomes, os prezos xustos para os gandeiros, a fixaci\u00f3n da poboaci\u00f3n nuns Ancares que perderon de media o 30% dos habitantes nos \u00faltimos 15 anos&#8230; A Carqueixa defende que todas estas cuesti\u00f3ns est\u00e1n presentes ao facer un pedido, pensado para o consumo mensual de carne de d\u00faas a catro persoas.<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">Paisaxe<\/p>\n<p class=\"MsoNormal\" style=\"text-align: justify;\">Para que as persoas co\u00f1ezan ese v\u00ednculo, entre a responsabilidade como consumidores e o coidado do territorio, os socios de A Carqueixa est\u00e1n dispostos a recibir os visitantes que desexen co\u00f1ecer in situ as paisaxes dos Ancares, pu\u00eddas grazas \u00e1 relaci\u00f3n entre os gandeiros e os seus animais.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O desprazamento estacional dos animais &eacute;, nos Ancares, tan antigo como os cami&ntilde;os. Hoxe mant&eacute;&ntilde;eno 18 gander&iacute;as de Cervantes. Os &uacute;ltimos en percorrer a vintena de quil&oacute;metros na busca dos mellores prados de altura leoneses foron os de Moreira<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11842,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-11065","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sin-categorizar"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11065","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11065"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11065\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11842"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11065"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11065"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/osancareslucenses.deputacionlugo.org\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11065"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}